Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta B. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta B. Mostrar todas las entradas

08 febrero 2026

HONORINDA BASALO PIDAL

(Recreación da maxe do pobo de Vilavella nos anos 1949, onde vivía Honorinda. Creada por IA).

Era a nai de Severina, Balbina e Joaquina e a muller de Manuel Domínguez. Tamén colaborou no auxilio dos homes fuxidos na zona de A Mezquita, entre eles o alcumado "El Objetivo", Antonio López Núñez.

Honorinda naceu en A Mezquita en 1891, tiña 58 anos cando a detiveron  o tres de decembro de 1949. Estaba casada con Manuel Domínguez e vivían no pobo de Vila Vella.

Entrou na prisión de Ourense o 3 de decembro de 1949 e o 29 de marzo de 1950 foi sometida a un Consello de Guerra onde se confirmou a condena. Mais consegue o indulto polo que foi posta en liberdade o 29 de maio de 1950 coa obriga de indicar cal sería o seu paradeiro e indicou que residiría no pobo de Vila Vella, en A Mezquita, o que indicaba que seguiría estando vixiada como as súas fillas pois, ademais, o seu home seguíu no cárcere xa que foi condenado a tres anos.

(Fonte: A.H.P.Ou. Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1949 a 1951, 1.3.2.9.2.2.1.2.Libro 2245. p. 183).

De novo as mulleres actúan como escudos de xentes que combatían o fascismo arriscando a súa liberdade e a súa propia vida. Milleiros de mulleres das que non se adoita falar pero que teñen nome propio. Mulleres que despois vivirían baixo a sospeita, o que viña a ser unha vida de resistencia silenciosa e risco diario, hipotecada polo temor.

(A.H.P.Ou. Expediente persoal do recluso Antonio Manuel Domínguez, 1.3.2.9.2.2.1.1. Libro 24045/039)

(Elaboración propia a partir do expediente. A.H.P. Ou. Expediente persoal da reclusa Honorinda Basalo Pidal, 1.3.2.9.2.2.1.1. Libro 23971/035).

11 diciembre 2024

DE INSTITUTO XERAL E TÉCNICO DE OURENSE A INSTITUTO FEMININO

Un dos centros de referencia educativa en Ourense foi, sen dúbida ningunha, o Instituto ourensán. Unha vez inaugurado en 1896 serviu de acollemento de diverso alumnado, maiormente masculino, e pouco a pouco feminino para sacar adiante aos bachilleres. Malia o seu escaso espazo tivo que ser sé doutras institucións como a Normal de Mestres e Mestras así como Escola de Artes e Oficios e Biblioeca Provincial. Mais, se durante a República se observa un aumento de matrícula feminina no Bacharelato, co franquismo as taxas minguan pois non estaba ben visto que a muller quixera cursar estudos secundarios cando o seu destino ía ser a familia.

A concepción dos estudos de bacharelato no franquismo podemos resumilos do seguinte xeito. O sistema educativo franquista comezou a ser operativo en plena guerra civil e concebiu, xa desde 1938, un bacharelato que retrocedeu aos valores imperiais de España de aí que a Historia fose o eixe vertebreador do currículo e constaba de sete cursos. Despois, en 1949 creouse un Bacharelato Laboral coa intencionalidade de formar ao alumnado nas cuestións técnicas e para o mundo profesional. Estas ensinanzas non se daban nos Institutos de ensinanza Media, senón en centros específicos. En 1951 houbo outra reforma no Bacharelato Universitario para ofrecer unha formación máis científica. Comprendía seis anos, catro comúns e elementais e dous cursos divididos en dúas ramas (letras e ciencias) que era o Bacharelato Superior. A partir dos anos sesenta hai un interese por modernizar a ensinanza e introdúcense algúns cambios como a unificación do Bacharelato laboral co Bacharelato Elemental.

A ensinanza secundaria nos anos corenta estaba en mans das Ordes Relixiosas e no caso das mulleres tamén, eran as Ordes femininas as que preparaban ás mulleres nestes estudos. Pero, como dicía, o franquismo consideraba que estes estudos non eran apropiados para as mulleres. Pilar Primo de Rivera dicía:

La mujer tiene obligación de saber todo lo que podríamos llamar la parte femenina de la vida; la ciencia doméstica es quizá su bachillerato. Un arquitecto no puede ser bueno si no dibuja bien; un ingeniero, sin el conocimiento de las matemáticas, sería un fracaso; lo mismo sucede con las mujeres: su base fundamental es la casa; guisar, planchar, zurcir, etc. son otros tantos los problemas, que en un momento dado, deberá resolver, por lo tanto, debe capacitarse para ellos. (1)

Nos anos cincuenta as mulleres estaban obrigadas a estudar nas Escolas do Fogar (Unha institución que xa se creara en 1911 e funcionaba para preparación das mulleres nas ensinanzas sen descoidar a súa condición feminina) na que se formaba ás mozas nos asuntos domésticos, moralidade, ximnasia... e, en certa medida, controlado pola Sección Feminina. Mais, paulatinamente, a muller vaise incorporando cada vez máis ao mundo laboral e iso determinou a creación en 1957 do Bacharelato Laboral Feminino que as preparaba para unha serie de traballos. 

(Fonte: La Región, 28 de xullo de 1955, p. 4)

A prensa local ourensá facía eco da noticia sobre a creación dos distintos bacharelatos:

(Fonte: La Región, 7 de setembro de 1955, p. 4)
(Fonte: La Región, 27 de maio de 1959, p. 5.)
Nunha entrevista realizada ao Ministro de Educación, Joaquín Ruíz Gimenez, manifestou que o bacharelato feminino concebíase como unha institución que ía ofrecer unha cultura xeral que comprendera idiomas modernos, ensinanza do fogar, e tamén prácticas de oficina para aquelas que non ían continuar unha carreira. Logo habería un bacharelato máis humanístico no que se lle ía dar importancia ás linguas clásicas e modernas, para quen "sienta especial vocación por los estudios de letras". Manifestou que estes estudos implantaríanse naqueles centros que o soliciten.

No discorrer da súa longa vida acabamos vendo ao Instituto convertido en Instituto feminino en 1966. Nun principio pretendíase facer un novo piso no edificio, falábase, dun terceiro piso, pero despois considerouse que o Instituto feminino ía construírse no que se denominou Cidade Escolar (e da que dou conta na miña publicación da Escola Normal de Mestras de Ourense).

Este era, en principio, o obxectivo do Ministerio, tal como deixou indicado o Goberandor Civil cando se inaugurou o centro 12 de Outubro precisamente o 12 de outubro de 1957.

(Fonte: La Región, 13 de outubro de 1957, p. 1)
No curso inaugural 1960-61 o que era entón director do Instituto, Julio Francisco Ogando Vázquez, indicou que o Instituto debía dispor dunha terceira planta e que: "Es más, mirando un poco el futuro inmediato, debe ir pensando en la creación del Instituto Femenino ya que el censo escolar de Orense es mayor que el de las otras tres capitales gallegas que poseen dos centros" (2).

O aumento da matrícula feminina era un feito incuestionable. Os anos sesenta supuxeron un punto de inflexión en varios aspectos da vida española aínda que sen deixar de vivir baixo unha ditadura. Pero si foron cambios na mentalidade da sociedade e na economía pois o fenómeno do turismo foi unha realidade no país. Así como a chegada das remesas dos emigrantes facilitou que as familias puideran ter maior capacidade adquisitiva. E en cuestión de mentalidade, os mozos e mozas, comezaban a coñecer a modernidade malia que aínda a ditadura era unha lousa no pobo. 

As mozas galegas e, como non, ourensás, quixeron adaptarse a unha nova realidade e animábanse a matricularse nos estudos de bacharelato xa que lles ía abrir un futuro profesional. 

Pero o proxecto da Cidade Escolar ía bastante lento e aínda no ano 1964 non se avanzara demasiado e, por tal motivo, solicitábase "programar las obras a mayor ritmo" e achacaban isto á falta de recursos.(3)

No 1963 inaugurouse o Instituto Feminino de Vigo; no ano 1965 o de Ferrol pero o de Ourense ía con máis retraso. 

Con todo isto non estou a favor da existencia de centros segregados por sexo senón que estou falando dunha realidade durante o franquismo que consideraba que a educación tiña que ser diferente para os dous sexos. O que si poño en valor é o crecente número de alumnado feminino que comeza a producirse en todas as provincias galegas o que pon de manifesto que as mozas teñen ansias de abrirse camiño a pesar de que a ditadura non concibía a emancipación das mulleres. En efecto, o mundo laboral estaba vetado ás mulleres cando casaban e se traballaban debían contar coa autorización dos seus homes, unha autorización que se eliminaría en 1976 pero que durante todo o franquismo se mantivo.

Pois ben, finalmente, non se edifica o insituto feminino na Cidade Escolar senón que se decide que o Instituto Xeral e Técnico de Ourense pase a ser de matrícula unicamente de mulleres. Entón, será no ano 1966 cando se inaugura o curso escolar no Instituto Feminino. O cambio veu establecido porque na Ponte comezou a deseñarse un novo centro de bacharelato na Rúa Marín, ao carón da Cidade Escolar, e sería, polo tanto, destinado a Instituto Masculino. 
(Fonte: Instituto Maculino. La Región, 18 de outubro de 1966, p. 5.)
(Fonte: Instituto masculino. La Región, 26 de xaneiro de 1967, p. 6.)
No instituto feminino impartíanse clases diúrnas e nocturnas o que permitía que houbese unha maior oferta de matrícula e puideran realizar estes estudos un maior número de Ourensás.
(Fonte: La Región, 1966 outubro 22, p. 8)
Neste curso o director, Ogando Vázquez, pronunciou un discurso inaugural no que manifestou que a existencia do Instituto Feminino era proba de madurez da muller ourensá no terreo educacional. 
As inauguracións dos cursos académicos tiñan unha grande categoría polo seu carácter cultural. Adoitaban falar profesores e profesoras dando conferencias de interese sumo e ao longo do curso tamén se organizaban Cursos de extensión cultural:
(Fonte: La Región, 17 de decembro de 1967, p. 8)
O Instituto Feminino vai ir adquirindo unha notoriedade celebrándose nel numerosos eventos culturais e charlas sobre materias diversas, matemáticas, latín, física, literatura...ao marxe das clases. O paraninfo ofrecía un escenario idóneo e adoitaba estar concorrido.

A medida que pasaban os anos a matrícula ía aumentando, de feito, non era raro que desde a direccións e indicase que non había máis prazas e tan só ofertaban algúns cursos (algúns no nocturno) onde aínda podían inscribirse.

En dito centro, a partir do ano 1966, impartían clases profesoras interesantes, a maior parte delas, proviñan de fóra de Galicia, e tiñan o título de catedráticas, entre elas Patrocinio Armesto de Ciencias, Agapita Serrano de Latín, Teresa Delgado Piñar de Latín, Ana Torrás de Ciencias Naturais, Enma Saenz Amor de Ciencias, Teresa Martín Flórez de Ciencias; Pilar Domínguez Abad, de Matemáticas; Esperanza Carnero Dopico de Xeografía e Historia; Julia Sánchez Martín, de grego; María Jesús Méndez Gutiérrez, adxunta de Matemáticas; Rosa Moreno Torres de Matemátiacs; María José Vide Ocampo de Inglés; Libia Méndez Francisco auxiliar de Educación Física;  Carmen Castro Rodríguez profesora de F.E. Nacional;  Araceli Ancochea Rodán, axudante de Idiomas. Nas ensinanzas da Escola do Fogar impartían clases: Ángeles Fuster López de Música; Aurora Martínez Vidal, de Educación física; Carmen Moura Sanz, profesora de corte; Rosario Rodríguez Lameira, profesora de Corte; María Teresa Vázquez López, profesora de Traballos Manuais; María del Carmen Vázquez Prasta, profesora de Traballos Manuais...

Por Orde do Ministerio de Educación fíxose un reparto do profesorado entre os Institutos masculino e feminino:
(Fonte: Boletín Oficial do Estado. Autoridades y personal. 15 de abril de 1966, nº 90, p. 4478)

Cando chegou a democracia, tanto o centro masculino e feminino de bacharelato, desapareceron  converténdose ambos os dous en centros mixtos.

Non é dúbida ningunha que o Réxime mantivo un intenso adoutrinamento sobre as mulleres pois focalizou nelas o rol do mantemento do patriarcado. Non obstante, estamos seguras que moitas delas souberon transformar esas ensinanzas en pro de ir cambiando a situación conformándose unha nova conciencia de si mesmas.

(1) Mayordomo, Alejandro. Estudios sobre la política educativa durante el franquismo (Capítulo: Azul y Rosa de María del Carmen Agulló Díaz). Universidad de Valencia. 1999, p. 255.(2)Fue solemnemente inaugurado en el Instituto el curso académico 1960-1961. (1960, 12 de outubro. La Región, p. 2. (3) Programar las obras a mayor ritmo. (1964, 8 de outubro). La Región, p. 13.

La educación femenina durante el franquismo – por Francesc Sánchez – El Inconformista Digital.(2024). Retrieved December 5, 2024, from Elinconformistadigital.com website: https://www.elinconformistadigital.com/2013/06/27/la-educacion-femenina-durante-el-franquismo-por-francesc-sanchez

28 marzo 2024

GLORIA BLANCO DIÉGUEZ

Naceu en Petín. Casou con Eubaldo Blanco que foi asasinado polos falanxistas. Gloria axudou aos fuxidos pero foi encarcerada varias veces. Estivo no cárcere de Quiroga e no de Ourense.  Posta en liberdade volveu ao seu pobo pero marcha  primeiro a Madrid e despois a Burgos. Tras uns anos regresa á Rúa e xúntase con Roberto López, alcumado "O Pajarito", co que fuxirá a Francia en 1952.  Con eles tamén irá a súa filla, Gloria Blanco Blanco.

No Arquivo do Ministerio figura a seguinte ficha. Aínda que mantendo as nosas dúbidas, pode pensarse que se trata de Gloria Blanco Diéguez pois, segundo a Fundación Tilve, Gloria estivo vinculada a U.X.T. 


Fonte: Ficha de Gloria Blanco. (2024).Centro Documental de la Memoria Histórica, DNSD-SECRETARÍA,FICHERO,7,B0074370

Vid: TÉLLEZ, Antonio (2000): A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo, o pinche, Vigo: A Nosa Terra citado en "Repertorio biobibliográfico do exilio galego. Unha primeira achega". I Congreso Internacional. O exilio Galego, 24 29 de setembro de 2001, p. 70; dos, C. (2021, March 2). guerrilleira antifranquista galega. Wikipedia.org; Wikimedia Foundation, Inc. https://gl.wikipedia.org/wiki/Gloria_Blanco_Di%C3%A9guez.

28 enero 2024

ASOCIACIÓN DAS DAMAS DA BOA PRENSA


En Ourense, como noutras cidades galegas, constituíronse diversas asociacións de mulleres con diversas finalidades pero que tiñan como denominador común que estaban formadas por ourensás de aboengo, moi conservadoras e tradicionalistas, moi titeladas pola igrexa e que se dedicaban, principalmente, a facer obras de benefencia e con afán proselitista no relixioso.

Pois ben, outro dos campos nos que interviron un grupo de mulleres ourensás foi a prensa e a tal fin constituiuse a denominada a Asociación das Damas da Boa Prensa para loitar contra a que consideraban "mala prensa". Segundo a Asociación, había que manter unha prensa de acordo cos principios de orde natural, defendendo sempre a importancia do papel da Igrexa na dilixencia dos pobos. Por iso, as Damas chegaron a proclamar "Abajo la tiranía", "Viva la Iglesia"," Viva el Papa libre". contra a medida da Lei do Candado do Goberno de Canalejas na que se defendía a separación Estado e Igrexa:

En Ourense esta asociación conformouse en 1910 e parece ser que foi das primeiras en constituírse en España e cuxo principio era ser unha asociación "católico-social". O seu patrón era Francisco de Sales, que era o patrono da prensa católica.

As damas convocaban anualmente a xunta xeral o día 30 de xaneiro de cada ano. Estas celebrábanse na residencia dos PP. Paules e eran presididas polo bispo da cidade, o que denota o interese da igrexa pola actividade da asociación. A Residencia dos Padres Paúles fora fundada en 1902 e estaba situada na rúa Alba, actual Cardeal Quiroga, número 23 e despois trasladouse ao número 28.

(Rúa Alba. Rúa Luís Espada. Actual Outeiriño -Cardenal Quiroga. Foto de posta de Tesoros del Ayer.)

A presidenta das damas en 1910 era Socorro Espada Guntín; vicepresidenta era Rosa Garcé; tesoreira, Adela Martínez;  secretaria Camila Álvarez Seara; vogais, Rosina Lareo, Teresa Cerdé, Isabel Velasco de Quiñones, Sabina Albizu de Valcárcel, Carmen Álvarez Saens, Rosario de las Cuevas, Pilar Prieto Pérez, Modesta Parada Justel e Josefa Paz de F. Alonso. 

A directora da asociación faleceu en novembro de 1912, a prensa local non aforrou palabras para enxalzar a súa relixiosidade e preocupación polos pobres: "madre de los pobres". O seu cargo foi ocupado por Rosa Garcés de Mansilla e pasando a ser vicepresidenta, Josefa Paz. En 1915 pasou a ocupar a dirección a Marquesa de Leis.

A asociación redactaba unha memoria anual que era lida na Xunta. A través das memorias pódese extraer cales eran as intencións e obxectivos da agrupación. 

A secretaria Camila Álvarez leu a memoria de 1912 na que expuxo os traballos e logros levados a cabo, ata entón, pola asociación. Unha das principais preocupacións era que a prensa garantizase uns principios acordes coa ideoloxía conservadora: 

Pero a merced a estos trabajos de activa propaganda, podemos abrir nuestros pechos a la esperanza de que un día no lejano se reflejará en la mayor parte de los corazones en todo elesplendor de su vivificante y fascinadora belleza. Pues por lo que hace a esta localidad, aunque no en la proporción que fuese de desear, la venta de los buenos periódicos alcanzó una ventaja considerable sobre los años anteriores, habiendo tenido que aumentar en casi más de la mitad los números que diaramente se reciben de El Correo Español y El Debate así comolos de La Lectura Dominical...·(1)

En Ourense, a asociación custeaba varias publicacións de tendencia apostólica que as compoñentes distribuían personalmente. Segundo as Damas, a prensa debía ser independente, imparcial, amena, instructora...A asociación chegou a patrocinar o xornal La Voz de la Verdad un periódico que xurdiu en 1910 e que se editaba en Lugo manténdose ata 1937, ano no que deixou de publicarse. 

Denunciaban a prensa que ao seu ver ofrecían informacións tendenciosas e sectarias e degradaban á sociedade, así pois, estaban no seu punto de mira  El País, España Nueva; El Radical; El Imparcial; El Liberal; Heraldo de Madrid. Para contrarrestalos, consideraban preciso organizar un bo servizo de vendedores da boa prensa que fosen "vociferando" polas rúas aquelas publicacions piadosas. Incluso plantearon montar un quiosco para ofrecer unicamente "buenas lecturas", tal como se fixera en Santiago e Pontevedra. E ao fin o lograron e en 1919 Francisco Villanueva cedeu o seu local situado nunha zona céntrica da cidade para vender ao público a prensa moral e ética que preconizaba a Asociación. 

En Ourense, as damas facían un arduo labor e, en efecto, segundo transcurrían os anos, a difusión de prensa "boa" ampliábase, tal como manifestou a secretaria na xunta de xaneiro de 1913. Estes avances ían á par da ansia militante das asociadas pois: 

"...las que nos honramos con el título de Damas de la Buena Prensa, debemos ser las que , por modo especial, difundamos por todas partes el elemento regenerador del ejemplo....Seamos nosotrads las primeras adalices de la moral, y sin grandes esfuerzos conseguiremos imponerla a los demás; seamos las primeras en vestir con modestia, en no asistir á determinados espectáculos, en no leer ciertos libros, ciertos periódicos y revistas; no rindamos humillante vasallaje al imperio de la moda...." (2).

As damas arremetían tamén contra os espectáculos que consideraban pornográficos e en varias ocasión acudiron a onde o alcalde para facer unha protesta pública, contra as postais e carteis anunciantes de eventos festivos, incluso contra as malas formas no falar da xente (a este respecto tiveron a adhesión da asociación dos "da Liga del Bien Hablar" de Allariz)... 

A transcendencia da asociación deu lugar a que varias agrupacións se adheriran aos seus propósitos.

Segundo o decorrer dos anos a directiva ía cambiando e incorporábanse máis mulleres. En 1926, con dezaseis anos de traxectoria, a Xunta estaba conformada por:

Presidenta: Pilar G. Ruberte de Muñoz Delgado.

Vicepresidenta: Alejandra Ulloa de Rubín.

Secretaria: Blanca Calvo.

Vicesecretaria: Modesta Parada.

Tesoreira: María Guerra de Muñiz.

Vicetesoreira: Felicia Salguero Fragoso de Quiroga.

Vogais: Pura Sebastián de Pomares; Leopoldina Caramelo de Mosquera; Obdulia Pérez Serantes de Colemán; Regina Sás de Diéguez Novoa; Amalia González Ariza e Dolores González de Ulloa.

Mulleres que gozaban de grande prestixio no Ourense desta época e actuaban como soldadescas dos propósitos eclesiásticos. Mulleres que darían á asociación un maior peso social nunha cidade onde o analfabetismo era acuciante. Mulleres coa capacidade de erixirse en exemplo para as ourensás máis humildes.

As damas da boa prensa era outra das organizacións conservadoras de tantas que se formaron en Ourense no primeiro terzo de século vinte. 

(1) "La Buena Prensa", La Región, 31 de xaneiro de 1912, p. 2. (2) "Asociación de las Damas de la Buena Prensa", La Región, 31 de xaneiro de 1913, p. 1; La Región, 14 de febreiro de 1914; 

(Elaboración propia. Vid: La Región, 9 de novembro de 1912, p.2; La Región, 25 de xuño de 1913, p. 1; La Región, 6 de xaneiro de 1915, p. 1; La Región, 5 de febreiro de 1916, p. 1; La Región, 1 de marzo de 1919, p. 1. Foto da entrada. Asociación de roupeiro de Santa Vitoria, presidido pola Marquesa de Leis e sendo secretaria a Señorita Alvarez Seara. A maior parte do grupo de mulleres conformaban as Damas da Boa Prensa. No centro da fotografía o bispo Ilundain e a Marquesa de Leis. Vida Gallega,15 de setembro de 1918, p. 12.)

12 noviembre 2023

OLGA BERLIAVSKAYA ZILBERMAN

Era natural de Rusia e foi unha máis dos migrantes xudeo-rusos chegados a Ourense nos primeiros anos do século pasado. Tiña a licenciatura de Piano, Pedagoxía Musical e Sofexo polo Conservatorio de Praga. Na nosa cidade traballou como profesora de música e impartía clases no seu domicilio na rúa Lamas Carvajal, número 28, segundo piso. 

Sen dúbida, no Ourense dos anos trinta esta profesora chamaría a atención pola súa procedencia.  Estaba casada con Isaac Zilberman Dicker, rumano nacionalizado español, que era enxeñeiro e traballaba en Ourense de reparador de radios. En Ourense xa había xentes do leste europeo desde os primeiros anos do século XX e Isaac Zilberman estaba emparentado coa recoñecida dentista María Dicker que tiña unha consulta de odontoloxía na Praza Maior. 

Temos constancia de que Olga exerceu durante varios anos na cidade pois os anuncios na prensa local La Zarpa ofrecendo as súas ensinanzas eran diarios. Pero, non descartamos que a familia marchara de Ourense e de España cando se produciu o golpe de Estado e a Guerra Civil pola persecución aos xudeos e aos que procedían do leste europeo por consideralos comunistas. Tamén a consulta de María Dicker pechou no 1936 e a familia marchou de Ourense a París.

(Fonte: Galiciana. La Zarpa, 12 de outubro de 1932, p. 11.)

En Ourense había varias profesoras de música, sobre todo de piano, a moitas das nosas ourensás realizaron estudos de piano e ían examinarse no Conservatorio de Madrid. Algunhas obtiveron grandes éxitos e recoñecemento o que dá mostras de que as profesoras que impartían as clases eran grandes profesionais.

(Fonte. Galiciana. Galicia, 6 de decembro de 1934, p. 3)

(Elaboración propia. La Zarpa, 5 de novembro de 1932, p. 9; Galicia, 18 de decembro de 1934, p. 4) 

17 septiembre 2023

AS MULLERES DA CASA DA INFANCIA DE EDUARDO BLANCO AMOR

 


A entrada anterior tivo como protagonista á nai de Eduardo Blanco Amor. Esta de hoxe publícase tamén en conmemoración do día do nacemento de Eduardo que foi o 14 de setembro de 1897 e fala das mulleres que rodearon ao noso escritor máis xenial, máis modernista na súa literatura e na súa vida.

Unha das miñas novelas memorables  é "La Catedral y el niño" de Eduardo Blanco Amor escrito en 1948.  Ben é certo que teño unha querenza especial por este escritor. A súa prosa está impregnada de poética e sonoridade. Esta novela é para min moi especial pois aborda a vida da "Vella Auria", do noso Ourense. Como di Andrés Trapiello, unha novela barroca pois é recargada no relato.

Amosa o panorama da cidade de comezos de século onde as ideas vellas confróntase coas novas tendencias que comezan a fluír. 

Unha Auria onde as forzas vivas e a composición social estratificada en grupos sociais sométense a un intenso pulso. Poe unha banda está a fidalguía decadente e xentes populares de ideas máis liberais. Entre as mulleresdeste grupo están a Pilar das Mulas, artesá que foi rexeitada pola comisión do gremio de ebanistas por quedar embarazada; Antonia a Cebola, A Pelana, a dona da casa de citas e encontros de Auria e a quen a Igrexa non quería enterrar no Campo Santo provocando a mobilización das xentes de Auria ata que o conseguiron; Paca a Coxa, Ramona a Campaneira, Matilde a Trenca, Xaquina...

Fronte a todo está a Igrexa, unha opositoria en toda regra das ideas de modernidade. Esa igrexa vixiante e censora materializada na monumental catedral. O sensible neno Luís, teme á igrexa. A escena do encerro na catedral supón un pesadelo para el. Olla a Cristo, ese Santo Cristo tan poderoso. "La basílica era el punto referencial de una quietud que no se dejaba subyugar por la mutación de lo natural...". 

Estamos ante unha obra que pode entenderse como unha novela autobiográfica, e xira arredor da relación do neno Luís Torraba (Eduardo) cos seus pais, representantes da fidalguía decadente. O autor amosa os perfis psicolóxicos dos personaxes que son auténticos desta época na que as formas de pensar son diverxentes. 

Unha novela na que o espazo feminino e o masculino están claramente definidos e son opostos e complementarios na Auria desta época. Catolicismo versus laicismo; conservadurismo versus liberalismo; tradicionalismo versus modernidade; reclusión versus liberdade. Este é o escenario do protagonista da obra que se atopa entre unha nai clerical e un pai bohemio; unha separación mental que tamén se converte en física. A nai prefire vivir no ambiente burgués da cidade mentres que o seu pai prefire retirarse a un pazo rodeado de amigos bohemios coma el. Na urbe está o espazo feminino de Luís e no pazo o espazo masculino. Non en van, esta dupla situación fixo que Eduardo chegase a dicir:  “Mi niñez fue triste, muy triste, en un pueblo triste: Orense”.

No transfondo, o inmenso amor que ten o escritor pola súa cidade á que parece perdoarlle as súas contradicións.

Nesta obra están reflectidas retratos do feminino da súa familia pois son cobixo do protagonista Luís.

As mulleres que posan na fotografían serían as inspiradoras dos principais personaxes femininos da obra:

Carmela, a nai, (sentada, a primeira á dereita)  á que lle profesa un grande cariño pois ela sente verdadeira debilidade polo fillo. A nai que o chama "Bichín". O neno quere quedar con ela e non irse co pai ao pazo. Pero ao fin terá que ceder. Realmente era unha muller que pretendía facer o ben e por iso trataba de axudar a Antonia a Cebola, falaba con Pilar das Mulas; solicitaba axuda a Florinda a parteira...
Doña Pepita, a tía.,é a madriña do neno. Unha muller de tradicións e de manter o boato e as boas apariencias. A muller ciumenta da súa irmá Carmiña pois estaba namorada con paixón do seu cuñado.A medida que Auria ía cambiando tamén Pepita facía esforzos e "se inclinaba a lo  nuevo", ata o punto de converterse en anarquista por Jorge Belón y Capdepont con quen acabaría marchando.
A tía Lola, a tía Asunción, máis tradicionais e incapaces de adaptarse aos "recientes usos, se debatían en un resentimiento criticón lleno de "en nuestros tiempos".
Joaquina, a criada de toda a vida da familia, coñecedora de toda a situación. A que aínda fala en galego.
Blandina, a criada máis nova.

No final da novela aparece Rhut, amante dos seus versos.

Poema La Madre. (Recollido da novela)

Adviene por las cumbres encendidas,
señales y portentos le abren paso,
se rasga en dos el velo de la altura
para su muerte.

Sobrecogidos pasmos forestales,
arrodillados montes, quietos ríos,
y mudez repentina de los pájaros,
para su muerte.

Anunciada en arcángeles y signos
_se vieron en lo azul corona y palma_
hizo pie en la ribera del martirio,
para su muerte.

Nadie de más belleza sufridora,
ni voz así, de mágica y ardiente,
ni manos de tan altas bendiciones
para su muerte.

Certero fue el destino de su carne
de tránsito y dolor todos sus días
bendita era en su vientre y en su llanto,
para su muerte.

Sin otras flores del vivir gozoso,
he aquí que apenas fuimos sus pisadas
en la sangrienta roca de este mundo
para su muerte.

Después todo paso, la cruz y el vuelo,
la incontenible ausencia decretada,
el zarpazo del tiempo con su presa,
para su muerte.

No hubo siquiera pausas, no hubo adioses;
portento era el quedarse, no la ruta
volada, transitada sin decsenso
para su muerte.

Y ahora aquí, esta piedra encadenada,
esta callada entraña abierta al buietre
esta furia del hombre y su blasfemia,
para su muerte.

Este rostro de tierra, estos gemidos,
estas hierbas que nacen de mi boca,
estos pútridos ojos sin imagen
para su muerte.

_Dadme el acento, sepa la palabra
o argüidme un rostro que ella reconozca
desde sus ángeles, desde sus alburas,
para mi madre.

¿Qué miserable cieno expiatorio
o flor podrida o limos estancados
pueden formar el nombre requerido?
Para mi muerte.

Pido a mi sangre el eco de su paso,
palpo en mi carne el sitio de sus alas,
busco en mi voz la concetada suya,
para mi muerte.

Nada, nada, ni espectro ni memoria,
ni su hueco en el aire que la tuvo,
ni el resonar del tiempo así rasgado,
para mi muerte.

He aquí la soledad que nunca pude,
el declarado gesto de lo estéril,
el mundo en sí, vacío de respuestas,
para mi muerte.

¡Oh, si la oculta huella, si aquel tránsito
que iba de Dios a Dios, por donde andabas
dejado hubiera el cauce de tu huida,
para mi muerte!

¡Dame señal, soberbia de tus ángeles,
impasible, de Dios contaminada,
irreparable afán que así me niegas,
o dame un punto donde me desande
desde este amor sin ti, desde esta nada,
hasta el nacer desde otro fiel comienzo,
para mi muerte.

A figura da nai tamén aparece na Esmorga. É a nai que protexe, aperta, sosega. Tamén unha nai que o fai sufrir pola súa melancolía. Eduardo profesou un enorme amor pola súa nai que na vida real chamábase Aurora Amor Fernández.

Unha novela que é de obrigada lectura para coñecer máis a nosa Auria. Escrita cun decoro impecable, unha obra excepcional.

(Elaboración propia. Novela: Eduardo Blanco Amor, La Catedral y el niño, Libros de Asteroide, Barcelona, 2018. Fotografía da entrada extraída de Lois Diéguez, "O achegamento á súa novela en español", A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, Vigo, Abril de 1993, p. 80. Novela escrita en 1948 cando estaba en Bos Aires pero que en España saíu en 1976, tres anos antes da morte de Eduardo Blanco Amor.) 

14 mayo 2023

CELEDONIA BRETAÑA MONTES

Celedonia Bretaña foi a segunda muller de Manuel Suárez Castro que quedara viúvo debido a que a súa primeira muller falecera por mor da gripe de 1918. Celedonia tiña unha filla do anterior matrimonio chamada Emilia Núñez Bretaña que faleceu en Guadalaxara en xullo de 1935 despois dunha longa enfermidade. Celedonia nos tempos da República solicitou a demanda de divorcio do seu primeiro home, sendo esta ditada pola Audiencia Provincial o 19 de outubro de 1932 (1). A partir de entón foi compañeira inseparable de Manuel e tiveron tres fillos, Dolores (Lolita), Raúl e Pablo.

Pero a vida de Celedonia non foi nada doada pois padeceu moito sufrimento ao ver ao seu home, Manuel, represaliado e fusilado pola ditadura. Manuel Suárez, que era aparellador, estaba afiliado á UXT e era militante activo do Partido Socialista. Ocupou o cargo de Tenente Alcade do Concello de Ourense e tamén foi Deputado Provincial. En 1936, Manuel ocupou a alcaldía,  pero, chegada a ditadura esta foi implacable con  Manuel sendo fusilado o 27 de xullo de 1937 no Campo de Aragón. 

Quedou a familia sumida nunha triste desgraza e Celedonia tivo que sacar adiante aos seus fillos co agravante de que a sociedade lle estaba dando as costas. As xentes non querían relacionarse coa familia pois os consideraban traidores do novo réxime franquista.  Ela traballou arreo mais tivo que contar coa axuda de familiares para criar aos seus fillos pois a situación económica era moi feble. Malia todas as penalidades, Celedonia e os seus fillos sempre se mantiveron fieis ás ideas republicanas. 

Celedonia faleceu en xuño de 1960 e os seus restos están no cemiterio de San Francisco de Ourense.

(Fonte: La Región, 5 de xuño de 1960. Galiciana)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)  (1) Galicia, 19 de outubro de 1932, p. 4 .

26 marzo 2023

MULLERES SIMPATIZANTES DE ACCIÓN CIUDADANA GALLEGA

A organización e asociacionismo das mulleres ourensás era bastante limitado no primeiro terzo de século XX cinguíndose, sobre todo, a agrupacións de carácter relixioso ligadas a obras patrocinadas pola Igrexa. A mentalidade da muller ourensá foi, polo xeral, moi conservadora e tradicionalista limitando o rol da muller á familia e ao fogar e a igrexa encargábase de titorizar a moral das ourensás.

Chegada a República vaise observar esa bipolaridade feminina na cidade. Por unha banda van aparecer grupos de mulleres, que sendo tamén moi tradicionais, estaraban ligadas á intelectualidade orensá e comezaban a sumarse e implicarse no Galeguismo, de aí o manifesto das mulleres Galeguistas en 1933 invocando ás mulleres a preservar a ideosincracia da Terra. Non refugan do galego pois para elas é a lingua da Terra e son mulleres que estará a carón de ilustres galeguistas ourensás. A estas mulleres dedicámoslle aquí unha entrada no blog. Pero, por outra banda, e  previo á constitución do Grupo Feminino do Partido Galeguista temos que falar doutras mulleres que van representar valores conservadores mirando máis cara a Nación e a Relixión. Son ourensás que se integran na Acción Ciudadana Gallega pois o seu programa non contradí nin se opón aos principios que constituíron o orden patriarcal de todos os tempos. Un partido percibido polas mulleres de alcurnia ourensá idóneo para espallar os principios que elas sempre propugnaron e, sobre todo, era unha maneira de facerlle fronte á República recén instaurada.

Nos primeiros días da  constitución fe ACG, que foi en outubro de 1931, xa estaban presentes dúas mulleres: Blanca Calvo e a María Anina de Zarauza. Blanca ocuparía un cargo relevante dentro do partido formando parte do Comité feminino.

O partido Acción Ciudadana Gallega fundouse en Ourense cun ideario dereitista en prol da Relixión, da Moral Católica, da Familia, da Paz e a "tranquilidade nos dereitos do ciudadán". O 8 de novembro de 1931 reuníronse en Asemblea no Círculo Católico de Obreiros de Ourense para proceder á elección da Xunta Directiva.

Ao acto asembleario acudiu numerosa xente, entre eles persoeiros prestixiosos e de elevado recoñecemento, véndose: "también bastantes señoras y señoritas que quisieron sumarse a este hermoso despertar". (1)

Presidía o notario Cándido Calvo Cambón e no estrado presidencial estaba a Señora de Zarauza, a escritora Blanca Calvo, don Franciso Villanueva, Don Narciso Rivas Martínez, Don Emilio Nieto, Señor Mira (capitán retirado), Don Ricardo Outeiriño, Don Baldomero Mostaza e Don José Dacal.

(Fonte: "Se constituye en Orense Acción Ciudadana Gallega", Ideal Gallego, 10 de novembro de 1931, p. 1. Galiciana)

Cambón comezou enumerar o programa do novo partido. Indicou que co nome de Acción Ciudadana Gallega que se constituía en Ourense entendíase, como xa se indicou, unha agrupación dereitista. A actuación político-social estaría centrada na provincia de Ourense pero sen descartar a cooperación con outras agrupacións rexionais e nacionais que perseguiran fins análogos. O programa sintetizábase en: Deus, Xustiza, Familia, Traballo e Propiedade.

1º España unha e soberana, varia e rexional.
2º Soberanía da Igrexa e do Estado, cada un dentro da órbita que esixen a súa natureza e os seus fins. Concordato.
3º Liberdade de Ensinanza, profesión e traballo.
4º Independencia da función xudicial.
5º Igualdade de Dereitos para ambos sexos ante a Lei, exceptuando aquelas diferencias que a natureza determina. Xefatura do marido.
6º Dualidade de Cámaras.
7º Propiedade privada como función social para proveito do seu dono e beneficio da comunidade, suxeita a expropiación forzosa mediante indemnización do seu valor en venda. Formación de patrimonios familiares. Previsión social e seguros obrigatorios.
8º.-Capital e traballo como factores armónicos, complementarios e indispensables aos fins da comunidade.
9º Indisolubilidade do matrimonio.


Os postulados do novo partido conxugaban moi ben co pensamento conservador de moitas das mulleres ourensás, na súa maior parte, mulleres de recoñecida traxectoria na cidade. Que Blanca Calvo estivese na Comisión do partido deu lugar a que houbera campañas para atraerse a poboación feminina. A través de diversos escritos enviados á prensa se indicaba que o papel das mulleres era a de preservar os valores tradicionais sustentados na patria, relixión, xustiza, Galicia. 

"Ha sonado nuestra hora. La Patria, la Religión nos llaman, nos necesitan. Nuestra misión de hogar tiene que ceder por unos momentos su puesto a las inquietudes de la vida ciudadana.
Un día, una mujer, María Pita, empuñó la espada para arrojar del suelo patrio al extranjero que la había profanado con su planta. Es hora de demostrar que aún no se ha extinguido en nuestra patria la raza de las heroinas, capaces de afrontar por un ideal, el hogar y la vida. Hoy no es la integridad material, sino el alma, la entraña misma de la Patria, la que exige la aportación de nuestro esfuerzo.
No existe cambio, no existe conmoción grande o pequeña en la vida de los pueblos, que no haya dejado en pos de sí, un avance, una reivindicación, una conquista civilizadora. El cambio de ´regimen otorgó a la mujer el justiciero presente que la ideología de otra época nos había negado. Es pues, a la intervención en la vida pública, a la emisión legal y meditada del voto a la que hemos de confiar la defensa de nuestra fe, de nuestros gloriosas tradiciones, de la properidad y engrandecimiento de la Patria.
Se nuestra actuación desligada de egoísmos, escuela de ciudadanía para las futuras generaciones, ejemplo y guía para las presentes.
Gastados, fracasados, los que hasta ahora han monopolizado la política, tenemos que ser nosotras las que nos situemos a la vanguardia de los elementos que sientan los principios de nuestro programa: Religión, Familia, Propiedad, Trabajo.
Mujeres orensanas: sonó la hora de movilizar las reservas de fe y de patriotismo que guarda nuestro pecho. Sonó también la de organizarnos colectivamente para la defensa de nuestros ideales. ACCIÓN CIUDADANA GALLEGA grinda como presente a sus afiliadas la seguridad del triunfo. Tiene a su lado la fe, la justicia, la razón, un brillante caudillaje y hasta la advesidad, el yunque donde se acrisolan valores, se forjan virtudes y se conquistan mericimientos.
Tres aportaciones exige la hora presente: UNIÓN, que hace la fuerza; ACCIÓN, que es el ejercicio de nuestros derechos ciudadanos; SACRIFICIO, todos los que requiere la conquista de nuestros objetivos.
ORENSANAS: A LA CRUZADA SANTA DE LA RECONQUISTA ESPIRITUAL Y MATERIAL DE ESPAÑA. Por la RELIGIÓN, por la JUSTICIA, por la LIBERTAD, por GALICIA, por la PATRIA.

Orense, enero de 1932. EL COMITÉ PROVISIONAL FEMENINO. (2)

As ourensás que se sumaron ao Comité feminino de Acción Ciudadana Gallega foron:

Ángela Santamarina, viúva de Temes.
María Andina de Zarauza.
Herminia González , viúva de Menéndez Tejo.
Alejandra Ullo de Rubín.
Sabina Albisu de Valcárcel.
Eva Rodríguez de Lopez.
María Palao
Pilar P. Piñeiro.
Elena Arias, viúva de Cerviño.
Carmen Galán de Taboada.
Teresa M. Pedrayo.
Blanca Calvo.
María Guerra  de Muñíz.
Blanca Santino de Pérez Serantes.
Aurea Brasa.
María del Río.
María Jerónimo Iglesias.
Delfina Elices de Mezuéndano.
Elvira Caride.
María Avila de P. Romero.
Josefina Romero.
Josefa Borrajo.
Elvira Bordas.
Josefina Mª Santiago de Junquera.
María Nondedeum de Junquera.
Remedios Quevedo de Román.
Lucía Quevedo.
María Guitián, viúva de Muñoz.
Herminia Ullo, viúva de Valenzuela.
Otilia P. de Castro de Colemán.
Regina Sás de Amoeiro.
María Sás de Bouzo.
Rita Moreno de Cuevas.
Amelia Taboada Ruíz-Capillas.
Amalia Taboada Tundidor de Varela.
Ángela Taboada Tundidor de Vargas.
Ángela González Laso.
Emilia Alonso Ochoa.
Catalina Sanz.
María de los Dolores Sabucedo Morales.
María del Carmen Sabucedo Morales.

A resposta por parte de grupos de esquerda non se fixo esperar ante este manifesto. No periódico La Lucha hai unha dura increpación a estas mulleres que están invitando ás ourensás a ir polo camiño do conservadurismo. Ben merece a pena transcribir o texto no que as tilda de "señoras de..." que actúan en función do que lles din on seun homes pero que están totalmente ausentes e non protestan antes os actos lutuososos que se cometen contra as mulleres, ou contra as inxustizas en xeral. Así mesmo, increpaban ao novo partido Acción Ciudadana Gallega de ir contra o novo réxime da República:

Nadie con razón puede discutirnos nuestro amor a la libertad, por la cual, hemos luchado y lucharemos, con todo el entusiasmo de que somos capaces, cuando de defender causas justas se trata; nadie tampoco, más enemigo de la violencia, que los Socialistas, que por condenarla, y por trabajar porque esta desaparezca de las luchas que necesariamente tienen que existir, mientras subsista la actual organización social de desigualdad económica, estamos siendo calumnados y atacados, cosas ambas que sólo demuestran la debilidad de sus autores, ya que quien se siente fuerte no apela a esos medios para combatir al enemigo. Esta nuestra declaración innecesaria por sobradamente conocida, tiene una explicación, con motivo de la campaña de escándalo y provocativa que vienen realizando los cavernícolas reaccionarios, aliados con los elementos vergonzantes de la monarquía, que a falta de valor para defenderla, como hombres, se amparan en sus mujeres, responsables como ellos de todos los sufrimientos que hoy padece el país y que es la consecuencia de la herencia, que ha dejado el régimen caído, al establecido por la voluntad soberana del pueblo manifestada el 14 de Abril.

Esas señoras histéricas y ociosas, estimuladas por sus maridos vergonzantes, lanzaron un manifiesto, bajo el título de Acción Ciudadana Gallega, en el cual se invitaba a las mujeres a defender una libertad que nadie ha atacado, y una religión, que cuando es sentida de corazón, como se siente toda manifestación noble y elevada, merece los respetos y la consideración de todos, pero cuando como en este caso, de lo que se trata, es de extender la guerra civil, sembrar el malestar, provocar disturbios, para que el nuevo régimen no pueda desenvolverse normalmente, a pretexto de revisar una Constitución que aun no empezó a cumplirse, y se pretende engañar al pueblo, atribuyéndole a un régimen que hace ocho meses fué establecido, el estado lamentable en que hoy se ecuentra, porque nadie desconoce que esas señoras son las esposas, madres y hermanas de todos los caciques, que han hecho de la provincia de Orense, un feudo, convirtiendo los organismos oficiales en una prolongación familiar, donde los mayores atropellos e inmoralidades eran cometidas (...) ¿En dónde estaban estas señoras que no daben señales de vida cuando sus maridos dueños de vidas y haciendas hacían todas estas fechorías y eran asesinadas en Osera pobres mujeres embarazadas dentro de la iglesia, por defender un retablo, que ellas en su fervor religioso entendían era de su pertenencia? ¿En dónde estaban las señoras de los Taboadas y los Lópeces, que no protestaban ni lanzaban manifiestos, cuando sus allegados, embargaban al Ayuntamiento desde la Diputación por las deudas que siendo alcalde uno de ellos había contraído, y trataban de cobrar las pesetas de la provincia por unos terrenos que como arma política habían ofrecido para hacer un camino vecinal? ¿Como no protestaban ni pretendían defender la libertad, estas damas de estropajosa en otros tiempos, cuando en el Hospital se coaccionaba a los enfermos y se les obligaba a realizar actos que estaban en pugna con su conciencia...? (3).

Resta dicir que a participación destas mulleres na ACG non  significou unha implicación de militancia activa pois a súa actuación quedou circunscrita a un apoio simbólico e exemplarizante para as ourensás para que preservaran a moral e os valores tradicionais de sempre considerados. O futuro do partido foi a sú integración na CEDA.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
(1)"Acción Ciudadana Gallega" Galicia, 10 de novembro de 1931, p. 1. (2) "Acción Ciudadana Gallega. Las mujeres orensanas", Galicia, 9 de xaneiro de 1932, p. 1; (3) "Ante la provocación cavernícola, monárquica y clerical" La Lucha, 23 de xaneiro de 1932, p. 1-2.

25 diciembre 2022

AS MULLERES DO BELÉN DE BALTAR

 

Unha pode quedar observando o Belén do escultor Baltar horas e horas pois é unha inmersión ás raíces galegas, aos tempos dun Ourense xa remoto. En efecto, os tempos cambiaron pero revisando estas escenas séntese a nostalxia do noso pasado. Alí están as mulleres na fonte, as mulleres na horta, as mulleres na casa, as mulleres leiteiras, as mulleres castañeiras, as mulleres lavando...son as ourensás que nos precederon. Mulleres traballadoras que nos foron erguendo.

As súas facianas redondas, de ollos vivos, de bocas abertas e grosos beizos, miran ao ceo, quen sabe se procurando un futuro que xa é presente para nós. 

Fitemos tamén as mulleres de agora esa vista no futuro, na procura dunha maior convivencia e igualdade, para que sexa un pronto presente para a nosa descendencia.

Bon Nadal 

Felices Festas 

(Fonte: Vida gallega , xuño de 1911, p. 30. Galiciana)

18 diciembre 2022

ÁNGELES BARBOSA RODRÍGUEZ

(Entrada suxeita a publicación e rexistrada)
Ángeles Barbosa naceu en Ourense en 1879. Era filla de Enrique Barbosa e Tomasa Rodríguez Rodríguez, falecida o 10 de outubro de 1910. O matrimonio tiña tres fillos que eran Ángeles, Francisco e Evaristo. Ángeles residiu sempre en Ourense pero os seus irmáns marcharon a México e na cidade de Calpulalpan abriron un comercio chamado "La Puerta del Sol".

Obtivo o título de Mestra Nacional en 1895. En 1899 foi destinada á escola de Vilariño. En 1901 casou co comerciante Antonio Quintana Peláez, natural de Zamora e socio da casa Bobillo. Rexentaba o comercio que se situaba na Praza Isabel a Católica fronte ao Padre Feijóo[1].

Ángeles deixou de exercer o maxisterio por un período superior a cinco anos e en 1925 solicitou de novo a súa reincorporación. Non sabemos se houbo unha sanción para que deixara de exercer pois en numerosos escritos aparece que en 1926 foi indultada. No su expediente académico consta un acta de exame na que se di:
 
En cumplimiento del artículo 80 del Estatuto de 18 de mayo de 1923 se ha verificado ante el Tribunal que suscribe el examen de aptitud determinado para el reingreso en el Magisterio primario de la maestra que fue de Villarino (Orense) Diña María de los Ángeles Barbosa Rodríguez, habiendo obtenido la calificación de Aprobado. Orense 30 de junio de 1925.[2]

A acta está asinada pola Axudante encargada de Pedagoxía Pilar Guerrero, a Directora da Normal, Leonor L. Pardo e pola Inspectora Xefe, Antonia Ortiz.

En 1933 estaba destinada na escola de Moreira de Cañón, no concello de Celanova, e ao ano seguinte foi á de Celanova. O 4 de agosto de 1936 apareceu nas listas de "Destitución y cese de los maestros marxistas" que saíron publicadas na prensa local. Era a nómina dos docentes que estaban afiliados á A.T.E.O. e Ángeles era unha delas[3].

Instruíuselle expediente de depuración pois formuláronselle varios cargos a raíz dos informes emitidos pola Garda Civil de Celanova, o Alcalde e o cura párroco, como eran sentir predilección polas esquerdas ás que voto unas eleccións de 1933 e 1936; estaba afiliada a A.T.E.O.

Ángeles entregou un prego de descargos no que negaba as acusacións. Indicou que en canto á afiliación á Asociación que ela non o solicitara e que só aboara dúas mensualidades. Para a súa defensa presentou a declaración do Notario Maior Eclesiástico e doutras catro persoas de “significación derechista” que manifestron que era unha persoa boa e sen antecedentes e tamén fervorosa católica. Así mesmo entregou un informe dun militante de F.E.T.no que certificaba que nas eleccións de 1936 lle entregara á mestra unha candidatura de Renovación Española e que lle consta que a depositou na furna e que incluso foi ameazada por grupos esquerdistas.

Completou o dossier con entrega doutros escritos de pais de familia, da Xunta Local de Primeira Ensinanza, do Tenente alcalde, do Fiscal Municipal que indicaban que a mestra tiña unha boa conduta. Tamén argumentou que a acusación proviña do interese do párroco de que ela abandonase a escola para que lle fora adxudicada a un familiar:”Solo así se puede comprender, se aprovechasen de esta ocasión, para que valiéndose de falsos manejos, llegasen a conseguir el propósito que siempre se propusieron”[4]:

Pero, ao fin, sancionárona co traslado forzoso por dous anos á escola de A Veiga, o que supuña un desterro.Tamén se acordou a súa inhabilitación para exercer cargos directivos e de confianza nas Institucións Culturais. Ante a situación ela manifestou: 

De su vida privada solo puede decirse que siendo madre ejemplar de familia numerosa con dieciséis hijos, no debía quedar exceptuada en el Glorioso Movimiento sin que alguno pagase con su vida el resurgimiento de la nueva España, puesto que uno que se hallaba cumpliendo el servicio militar en el Cuarto de Transmisiones del Cuartel del Pardo, hasta la fecha no ha aparecido, y, segundo referencias presenciales de un prisionero de Celanova, fue fusilado por los “rojos”, al conocer su ideología derechista. Esta pena y otras que no citaré en el disgusto que la causa la separación de las buenas gentes, con que lleva conviviendo tanto tiempo, unido a los trastornos y gastos que siempre ocasionan estos traslados no pueden por menos de empeorar su ya delicada salud por los muchos contratiempos que la vida lleva consigo.[5]

Ángeles solicitou a revisión do expediente o Ministerio resolveu acceder á petición e, finalmente, a Comisión determinou que non acusaba á mestra de falta de relixiosidade pero: 

Sí simpatizar con las izquierdas, a las que votó en las elecciones si bien lo primero se halla muy atenuado por los descargos que presenta y lo segundo desvirtuado por la prueba documental que acredita votó a las derechas, y que esi es cierto estuvo afiliada a la A.T.E.O., como se justifica con el carnet de dicha agrupación marxista que presenta la propia interesada, no está ratificada con posterioridad al año 1932, que fue cuando aquella inicia su labor perniciosa, el que suscribe entiende no existen motivos suficientes para trasladarla de la Escuela de Moreira….pero convendría, sin embargo, ratificar la inhabilitación para cargos directivos y de confianza[6]

Definitivamente, determinouse que Ángeles reingresase á súa escola.

Faleceu en abril de 1963 cando tiña 84 anos[7].

(Fonte: Expediente de Ángeles Barbosa, Arquivo da Universidade de Vigo.)

[1] “Instrucción Pública”. (8 de agosto de 1885). La Gaceta de Galicia, p. 2; “Universidad de Santiago”. (1899). El Magisterio Gallego, nº 676, p.2 ; “Instrucción Pública”. (26 de febreiro de 1899). El Miño, p. 2; “Crónica provincial”. (25 de outubro de 1901). El Ancora, p. 2-3
[2] Expediente de Ángeles Barbosa, Arquivo da Universidade de Vigo.
[3] “Se acuerda la destitución de los maestros que forman el núcleo dirigente de la Asociación de Trabajadores de la Enseñanza”. (4 de agosto de 1936). La Zarpa, p. 5; “Relación de maestros destituídos y suspendidos de empleo y sueldo temporalmente”. (5 de agosto de 1936). La Región, p. 2; “Relación de maestros que han sido confirmados en sus escuelas”. ( 10 de maio de 1940). La Región, p. 3.
[4] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. Expedientes de Depuración. 32_12795_074_00011.
[5] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. Expedientes de Depuración. 32_12795_074_00005 e 00006.
[6] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. Expedientes de Depuración
32_12795_074_00011
[7] Vid: “Defunciones” (30 de abril de 1963). El Pueblo Gallego, p. 17.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes, Vid: La Gaceta de Galicia, 8 de agosto de 1885, p. 2; El Magisterio Gallego, 5 de xaneiro de 1899; El Miño, 26 de febreiro de 1899, p. 2; El Ancora, 25 de outubro de 1901, p. 2-3; La Región, 30 de abril de 1927, p. 4; La Zarpa, 4 de agosto de 1936, p. 5; La Región, 8 de agosto de 1940, 2; La Región, El Pueblo Gallego, 30 de abril de 1963, p. 17).