Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Danza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Danza. Mostrar todas las entradas

01 octubre 2023

TERESA QUIROGA BOUZO

Trátase de Teté Quiroga, irmá xemelga de Ana María Quiroga. Seu pai era José Quiroga Fragosa que era tenente coronel de infantería. Estamos ante unha muller polifacética pois era pintora, amante e practicante da danza e xogadora de baloncesto, actividades e aficións que, segundo ela complementábanse. Casou co industrial Manuel Ojea González en xuño de 1964.

Era unha especialista en danzas do folclore galego e dirixiu a agrupación "Bazar". A agrupación levou o terceiro premio no Concurso Nacional que se celebrou durante doce días no Teatro María Guerrero de Madrid. Outra das súas aficións sería o baloncesto do que lle apaixoaba a técnica.

No aspecto artístico, preparouse na Escola de Artes e Oficios para entrar na Escola de Bellas Artes de San Fernando, aínda que abandonou o proxecto ao casar. Destacou de primeiras na pintura e comezou a levar premios de cartelería de Nadal xunto co presitixioso Conde Corbal. 

Dicían dela que non era unha pintora cerebral, senón que era intuitiva, cunha visión  manierista da pintura chea do seu propio lirismo. Pintora nada amanerada e moi natural e inqueda.

(Fonte: "María Teresa Quiroga", La Región, 24 de decembro de 1960, p. 1)

Pintaba ao óleo cunha técnica impresionista cunha pincelada rotunda, ás veces aplicada con espátula, con cores vibrantes e ben equilibrados. Traballou temáticas variadas como maternidades, paisaxes naturais e urbanos, escenas de Ribadavia (a xudería) e de Ourense; escenas nocturnas nas que captaba a noite e as luces intensas.

Realizou diversas exposicións que tiñan grande repercusión social. 

(Fonte: La Región, 5 de setembro de 1972, p. 6)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid. El pueblo gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El Pueblo Gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El pueblo gallego, 4 de marzo de 1975, p. 16; Guadalupe Espinar: "María Teresa Quiroga. Polifacética y Baloncestista", La Región, 12 de xuño de 1961, p. 4; Alvarez Alonso, "María Teresa Quiroga una pintora que triunfa en Carballiño", La Región, 10 de setembro de 1972, p. 5.)

31 enero 2020

RUT BALBIS

Naceu en Ourense en 1979. é licenciada en Actividade Física e do Deporte. Formouse en Danza Contemporánea con Andrés Corchero, con Hisako Horikawa, con Daniel Abreu e Damián Muñoz.  Realizou o One Year Certificate londinense en danza contemporánea. Tamén desenvolve labores pedagóxicas na Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña como profesora do grupo de produción de danza e impartiu seminarios e talleres relacionados coa educación física. Creou en 2005 a súa propia compañía de danza chamada "Pisando ovos". Obtivo o premio en 2007 no Certame Coreográfico de Madrid. Pisou os escenarios máis importantes dos festivais nacionais.

28 noviembre 2012

NURIA SOTELO RODRÍGUEZ

Naceu en Ourense en xaneiro de 1978. Comezou no mundo da danza dende moi pequeniña. Cando estudaba na facultade estudando Veterinaria formou parte das aulas de danza e de teatro e, xa traballando de veterinaria, tomaba todos os cursos de danza contemporánea aos que tiña acceso, tanto en Galicia como en Portugal, Cataluña, etc.. Ata que se presentou ás Audicións do Centro Coreográfico Galego e collérona. Actualmente dedícase á danza e creou a súa propia compañía de Danza animada por Ana Vallés quen a axudou na montaxe da súa obra "Métase nos seus asuntos". Actualmente é a presidenta de Danesga, a asociación de danza galega. Traballa arreo pola danza e pola súa nova empresa.
Vid: DANESGA

08 abril 2009

MARUXA SALAS

Naceu en Ourense, 1976. Nova figura da danza contemporánea do noso país, atesoura Maruxa Salas unha ampla formación e traxectoria profesional, galardoada en diversas ocasións. Licenciada en danza, nas especialidades de Coreografía e Técnicas de Interpretación, polo Instituto Superior Alicia Alonso de Madrid, cursou tamén a carreira de ballet clásico da Royal Academy of Dancing de Londres e do Conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Unha bolsa da SGAE que lle permitiu perfeccionar a súa aprendizaxe no Ballet Nacional de Cuba, onde posteriormente traballou como coreógrafa invitada, completa o seu amplo perfil didáctico. Por unha das súas primeiras creacións, Per tola marítima (2001), presentada en Madrid e A Habana, recibiu o Premio de Teatro de Madrid e o primeiro do Certame de Mozos Creadores. Dous anos despois, Maruxa Salas foi recoñecida co primeiro premio tamén, do Certame Internacional de Coreografía Burgos-New York pola obra Minube, que anteriormente se mostrou no Korzo Theater holandés. Outros traballos son Didenoi (2005), outra obra moi premiada do seu repertorio, coa que obtivo entre outros galardóns o terceiro premio e o de bailarina sobresaliente no Certame de Creación Coreográfica de Galicia e mención especial no Concurso Iberoamericano de Coreografía da SGAE, e Caracola, creada xunto a Erick Jiménez. Bolseira da Fundación Alicia Alonso e da Escola África Guzmán de Madrid, Maruxa Salas coreografiou e dirixiu a primeira produción do Centro Coreográfico Galego, Vacuo (2007).