Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta O. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O. Mostrar todas las entradas

14 junio 2026

FELISA OTERO ROJO

Felisa obtuvo el título superior de mestra en 1909, nun momento no que o acceso das mulleres á formación e ao exercicio profesional do ensino aínda estaba cheo de dificultades. O su primer destino coñecido foi a escola de Rodanillo, en Bembibre (León), onde desenvolveu o seu labor docente ata que, en 1925, foi declarada incursa por abandono de destino. Esta situación derivou nunha sanción de tres meses sen soldo imposta en 1926.
(Fonte: Boletín oficial del Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, Número 8, 26 de xaneiro de 1926, p. 12)

Tras aquel episodio, e acolléndose ao disposto no Estatuto Xeral do Maxisterio aprobado en 1923, solicitou unha excedencia voluntaria ilimitada, que lle foi concedida. A súa ausencia da docencia pública prolongouse varios años, ata que en 1933 pediu o reingreso no maxisterio, recuperando así a súa profesión.

Pouco despois, en 1934, chegou á provincia de Ourense grazas a un concurso de traslados que lle asignou a escola de Cortegazas, no concello de Avión. Pero a súa estadía coincidiu cun dos períodos máis difíciles para o profesorado republicano. A Comisión de Depuración da provincia abriu un expediente sobre a súa persoa e acabou sancionandoa en xaneiro de 1942 cun traslado forzoso a otra escola da provincia durante dous años. Ademais, quedou inhabilitada para desempeñar cargos directivos e de confianza, unha medida habitual nos procesos de depuración do maxisterio da época.

Vid: "Órdenes", Boletín oficial del Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, Número 81, 9 de outubro de 1925, p.12; "Excedencia", Boletín oficial del Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes, Número 23, 19 de marzo de 1926, p.14 e 30 ; El magisterio español : Revista General de la Enseñanza, Número 9206, 24 de outubro de 1933, p. 13; "Destinos", El magisterio español : Revista General de la Enseñanza, Número 9341, 11 de setembro de 1934, p. 7; "Resolución de la Comisión Dictaminadora de Expedientes de Depuración de Maestros", La Región, 17 de enero de 1942, p. 5.

17 abril 2024

FLORINDA ORTEGA PÉREZ

 Durante a ditadura franquista moitas familias víronse sometidas a vixianza e control. O réxime pretendía non deixar impune a aqueles que durante a República ostentasen algún cargo político ou manifestasen a súa adhesión republicana. Dicíase que estas persoas eran "cómplices de la anárquica situación anterior al Movimiento Nacional" . O afán vingativo era o que propiciaba esa pescuda. Moitos acabaron encerrados en cárceres, outros tiveron un fin peor, outros foron embargados e quedaron na ruína.

A Comisión Provincial acordou instruír expediente de responsabildiade civil a Florinda por referencia do Gobernador Militar. Dito expediente con data do 21 de xullo de 1937  levará o número 131 e o xuíz encargado do mesmo será Juan Herrera Reyes.

Florinda naceu en 1884 e era da Gudiña. Cando se lle instruíu o expediente estaba viúva de David Pérez Veleda e dedicábase ao comercio. O matrimonio tiña seis fillos dos cales, catro, convivían con Florinda e que eran Felicísimo, Carmen, David e María, estes dous últimos eran os pequenos, tiñan 16 e 14 anos. A instrución da causa veu porque segundo os informes das autoridades locais  na súa casa levánbase a cabo reunións extremistas e propagandas rebeldes exercendo ela de Xefa das reunións. Florinda tiña un negocio que comprendía un estanco, un café e un surtidor de gasolina polo que gozaba de grande influencia e ademais a súa casa era a máis céntrica do pobo. O xuíz que instruíu a causa redactou que Florinda tivo unha "actuación tan dudosa y al parecer favorecedora de la política del Frente Popular que hubo de ser sometida a procedimiento criminal". 

O Gobernador Civil presentou un escrito no que indicaba que na casa de Florinda organizábanse actos e reunións contrarios ao Movemento Nacional pero afirmou que todos eles eran organizados polo seu fillo, Felicísimo, que fora alcalde durante tres anos na etapa do Frente Popular e que agora localizábase en Portugal pero que súa nai actuaba como cómplice.Tamén argumentou que a expedientada tiña bens valorados nunha cantidade superior a 55.000 pesetas. 

(Fonte: Boletín Oficial de la Provincia de Orense. 24 de xullo de 1937, p.1)

Ela argumentou na súa defensa:

Que no pertenecía a ningún partido político pues si bien estuvo afiliada a Acción Católica este partido se disolvió hace cuatro o cinco años y que tampoco se dedicaba a propaganda de ninguna clase. Que es cierto que un hijo suyo mayor de edad fue Alcade de la Gudiña durante el Frente Popular pero que en casa de la demandante no se celebraban reunión alguna. Que tenía el estanco y comercio y surtidor de gasolina pero el Café lo tenía arrendado desde hace unos dos años y medio a José Anta y que el local destinado a Café estaba independiente del resto de la vivienda....

Xunto a esta declaración, Florinda achegou máis documentos e informes do Alcalde de Viana, do Xefe do Destacamento, dos membros da Falanxe, do cura coadxuntor...e todos manifestaron que ela non practicaba a política pero que o seu fillo fora alcalde e que estaba fugado en Portugal. En canto aos bens dixeron que tiña unha fortuna de 60.000 pesetas e que con ela vivían aínda fillos pequenos de 15 e 17 anos e Carmen e Felicísimo.

O xuíz instrutor vai condenala a pagar unha multa de dez mil pesetas en concepto de responsabilidade civil quedando exculpada da responsabilidade criminal xa que considerou que o propulsor das reunións fora o seu fillo. Neste proceso tamén se incorporou o seguinte oficio correspondente ao xerente da CAMPSA pois reclamou o surtidor de gasolina que era da súa propiedade e fora cedido a Florinda: "Tengo el honor de elevar a la Comisión Provincial de Incautación de Bienes...una instancia de la Compañía arrendataria del Monopolio de Petroleos en reclamación de un aparato de Gasolina que tenía la expedientada". 

Mentres se estaba a levar o expediente, Florinda empadronouse en Vigo en 1938 e despois exiliouse en Chile en abril de 1940. Así deixou manifestado a súa filla Laura cando compareceu ante o xulgado municipal da Gudiña o 22 de xaneiro de 1941:

Comparece Doña Laura Pérez Ortega, casada de cuarenta y un años, dedicada a sus labores, vecina de esta villa e interrogada manifiesta que su madre Doña Florinda Ortega se halla en Chile y vive en la calle Colón 2252.

Alí faleceu o 21 de xullo de 1946 e está enterrada no cemiterio Xeral de Santiago. O seu fillo Felicísimo marchou a Portugal e logo foi a Francia, concretamente a Marsella, e desde alí regresou a España para formar parte do exército republicano durante a Guerra Civil. Despois marcharía a Chile e a Arxentina.

A súa filla, Carmen Pérez Ortega que residía en Ribadavia, en concepto de apoderada, recibiu a notificación do xulgado e quixo saldar a multa interposta á súa nai e  fixo unha entrega en febreiro de 1939 de catro mil pesetas indicando que a restante cantidade pendente satisfaríaa en catro meses tras a venda de efectos da casa. Ao facer a entrega desta cantidade o Xulgado fixo a promesa de entregarlle as chaves da casa para realizar a venda de artigos que había no comercio, coa intención de reunir as seis mil pesetas restantes. Pero o tempo foi pasando e as chaves fóronlle entregadas con moita demora. Tal é así, que Carmen atopou as propiedades nun lamentable estado de abandono pois foron "violadas las puertas, rotos los precintos y robadas las existencias en su totalidad...a pesar del tiempo trancurrido esta situación se halla sin resolver y la casa amenaza ruinas..."

Por tal motivo, como non tiña cousa de valor e todo estaba desvencixado suplicou por medio dunha instancia do 27 de novembro de 1948 que tiveran en conta a súa alegación e que ordenaran o alzamento do embargo decretado. 

A partir de entón solicitouse a confirmación das manifestacións consignadas no escrito de Carmen Pérez e, en efecto, comprobaron que a casa estaba nun estado lamentable polo que o Fiscal dixo con data do 6 de xullo de 1949 "que procede acordar el alzamiento de embargo que se solicita dejando los bienes de referencia a disposición de sus propietarios".

A casa de Florinda é coñecida actualmente como a Casa da Viúva en lembranza de Florinda Ortega, a nai do Alcalde da Fronte Popular. Hoxe celébranse diversas actividades nela e tamén é albergue de peregrinos.

Elaboración propia  a partir de Expediente. AHPOU. Caixa 7186/01; AHPOU/1.1.5.4.1.1.//7182/05; El Pueblo Gallego, 38 de outubro de 1938, p. 4; El Ideal Gallego, 9 de abril de 1940, p. 4;

19 octubre 2023

CICLO DE CONFERENCIAS SOBRE OURENSE NOS ANOS VINTE.

 


Poden clicar na imaxe para obter máis información sobre a conferencia que pronunciei neste estupendo circuíto de charlas que organizou o Museo Arqueolóxico Ourensán sobre o Ourense nos anos 20. Tiven ocasión de compartir este ciclo con importantes investigadores que gozan da miña admiración.

O Museo preparará unha publicación no Boletín Auriense no que se recollan estas charlas.

10 julio 2022

CLEOFÉ OSORIO OTERO

(Entrada suxeita a publicación).
Naceu en Ourense o 9 de marzo de 1901 e era irmá de Delia sendo os seus pais, polo tanto, Francisco Osorio, natural de Vilar, Coles, de profesión industrial e de Pilar Otero nacida en Barra, Coles. A nena naceu no domicilio do matrimonio na rúa do Progreso, número vinte e un.

Cleofé ingresou no Instituto de Ourense o 16 de setembro de 1918 e realizou todos os cursos de bacharelato de forma oficial e acadou o título en 1925 cunhas notables cualificacións.

Despois do Bacharelato e para acadar o título de maxisterio matriculouse durante 1925 e 1926 das materias de Pedagoxía de primeiro e segundo curso, Historia da Pedagoxía, Costura, Bordado en branco e corte en roupa branca, Corte de vestidos e labores artísticas, Música de primeiro e segundo, Economía doméstica e Prácticas de primeiro e segundo curso. As prácticas realizounas no colexio de Párvulos da cidade sendo a súa titora a mestra Elvira Acevedo Rodríguez.

Rematados os estudos presentouse ás oposicións en 1928 pero acabaría facendo os cursiños profesionais de acceso ao maxisterio que se convocaron para o 26 de outubro de 1931.

En 1932 déronlle destino na escola de nenas de Penanaveira en Melón[1]. Por ese entón afiliouse a A.T.E.O. e participou nas asembleas da asociación, aínda que non ocupou ningún cargo directivo como si fixera Delia. En 1936 obtivo destino na escola de Berrande en Vilardevós pero o 4 de agosto de 1936 foi sancionada, como o resto dos seus compañeiros de A.T.E.O., coa suspensión de emprego e soldo por un período de tres meses, acusada como eles de encher de ideas comunistas as mentes dos infantes e envelenalos de odio. 

Pero non quedou aí a sanción pois actuou Alfonso Iniesta Corredor, inspector Jefe de Primeira Ensinanza e Vogal Secretario da Comisión Depuradora de Ourense, solicitando informes de Cleofé sendo proporcionados polo cura párroco de Santa María de Melón e de Berrande, do Alcalde Gestor e o de Vilardevós, da Garda Civil de Verín e da Policía e un informe dos pais de familia do pobo de Berrande. Neles indicábase que, se ben é certo non se tiña coñecemento de que Cleofé pertencera ao partido da Fronte Popular, si estaba claro que era simpatizante pois: “mostró publicamente su alegría, es decir, sin recatarla, cuando supo el triunfo electoral de Frente Popular…que le alegraban las leyes depravadas y antirreligiosas que dio”[2]. En concreto, o párroco Francisco Díaz Fernández manifestou: “…Como se sabe, pertenecía a la A.T.E.O. y es indudable que simpatizaba con las izquierdas pues hizo manifestaciones públicamente repetidas veces de alegría al saber que habían triunfado en las últimas elecciones…”[3]. Os sacerdotes concretaron que era pouco católica e incluso o de Berrande chegou a dicir que máis ben era anticatólica: “pues no se consideraba obligada a cumplir las leyes de la Iglesia, que infringia sin reparo”[4]. Esta acusación sería tamén confirmada polo Alcalde de Vilardevós e o Comandante da Garda Civil de Verín.

Finalmente e con data do 23 de maio de 1938 fóronlle imputados catro cargos, o de ser simpatizante dos partidos integrantes da Fronte Popular facendo públicas manifestacións de alegría ao saber que triunfaran; de alegrarse cando a Fronte Popular levaba á práctica algunha lei anticatólica e “depravada”; de non gardar as leis da igrexa e, por último, de estar afiliada á A.T.E.O.[5].

Cleofé no prego de descargos datado do 5 de xuño de 1938 manifestou que, en efecto, pertenceu a A.T.E.O. e dixo “por este motivo a principios del Glorioso movimiento, ya fue sancionada con tres meses de suspensión de sueldo, si bien, se redujo a uno, así que toda pena después de sancionada toco a su fin, me llama la atención se nombra otra vez”[6] pero negou todo o demais. Dicía que non era certo que tivese simpatía pola Fronte Popular e de que fixera manifestacións públicas de alegría. Di que non coñecía de nome a ningún dos que formaban parte da Fronte e que non os votara e que “como empleada del Estado hice lo que todos, callar y resignarme, y esto es simpatía?, no, es obligación, por lo tanto es inexacto lo que en el se me dice…”[7]. Sobre a súa conduta moral e relixiosa alegou e presentou un certificado do 4 de xuño de 1938 do Párroco de Berrande no que se dicía: “…desde el Glorioso Movimiento ha observado la Maestra muy buena conducta moral, social y religiosa…”[8].

Malia todos os informes que alegou non se librou da sanción e Cleofé foi separada definitivamente do servizo o 24 de abril de 1940. Dous anos máis tarde, o 22 de abril de 1942, solicitou a revisión do expediente e o xuíz revisor.

En efecto, o xuíz emitíu un comunicado o 29 de maio de 1942 no que, vistos os documentos que engadían ao recurso do Alcalde de Vilardevós, dos veciños de Berrande, mestres nacionais, Garda Civil, Presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza, capitán de Carabineiros de Verín e de varios sacerdotes considerou oportuno atenuar a condena e imporlle a de suspensión de emprego e soldo polo tempo que o estivo con perda de haberes deixados de percibir e trasladala dentro da provincia non podendo solicitar vacantes en dous anos e a inhabilitación para cargos directivos e de confianza en institucións culturais e de ensinanza[9]. Sen dúbida, a proposta, aínda que dura, permitía que Cleofé se incorporase á docencia. Despois da súa readmisión no maxisterio estivo destinada na escola de Alende en A Peroxa.

Cleofé residiu coa súa irmá Delia na rúa Salto do Can, nunha vivenda de renda limitada e faleceu en Ourense o 13 de abril de 2002.

[1] “Nombramientos de interinos” (19 de abril de 1932). El Pueblo Gallego, p. 12.[2] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0004.[3] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0009.[4] Idem.[5] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0015.[6] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración” . 32-12791-029-0017.[7] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0016.[8] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0018.[9] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración. “Expediente de Depuración”. 32-12791-029-0024.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Esta entrada é un extracto du artigo que estou a redactar sobre as mestras afiliadas a ATEO. Publicacións suxeita a rexistro de propiedade).
Fontes: Arquivo da Universidade de Vigo, “Expediente académico de Cleofé Osorio Otero”; “Nombramientos de interinos”, El Pueblo Gallego, 19 de abril de 1932, p. 12; MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32-12791-029-0004; MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo Xeral da Administración, 32-12791-029.

02 febrero 2020

INÉS OLLERO

Inés Ollero naceu en 1956, os seus pais eran de Allariz, por iso a traemos aquí, ao noso blog, pois seguro que lle transmitirían o amor pola súa lonxana terra. O pai de Inés, César Ollero, naceu en Saa, Paderne de Allariz, loitou pola causa da República e en 1936 emigrou a Arxentina. Inés, foi unha de tantas desaparecidas na represión Arxentina, unha de tantas, unha galega desaparecida nas causas de lesa humanidade contra a ditadura Arxentina. En 1977 Inés tiña 21 anos e estudaba bioloxía. Militaba na Federación Xuvenil Comunista, era responsable política do barrio de Almagro e cumpría tarefas de responsable de Literatura ao momento da súa desaparición.. O 19 de xullo de 1977 volvía á súa casa dunha reunión cos seus compañeiros no colectivo 187, cando unha pinza militar fixo baixar aos pasaxeiros e levounos á comisaría 49. Inés tiña encima o que nese momento chamábase "literatura extremista". Secostrárona na comisaría. Oito anos despois, en 1985, dous ex detidas-desaparecidas dirían no xuízo aos ex comandantes que viran a Inés con vida na ESMA. Ela segue desaparecida.

Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires.

Vid: "Desaparecidos españoles en Argentina" 2010 de Lois Pérez Leira
http://www.desaparecidos.org/arg/victimas/o/ollero/
César Ollero

20 febrero 2019

AMALIA SOFÍA OSORIO DELGADO


A escritora Amalia Sofía naceu en Bande, Ourense, no 1918 e faleceu en Madrid en maio de 2006, cando tiña 88 anos. Foi mestra e escritora en lingua castelá.  Ademais de Diplomarse en Maxisterio tamén se Diplomou en Relacións Públicas. Foi premiada en España e en Italia pola súa obra narrativa e poética.


Os libros en narrativa publicados foron
"Tío Joel"
"La Vibora"
"El loco de los negrillos"
"Chess"

En poesía publicou:
"Mi aldea"
"Vertebrano poemas"

Vid: Wikipedia

17 mayo 2016

DELIA OSORIO OTERO

(Entrada suxeita a publicación)
Naceu en Lamas de Barra, Coles, o vinte e sete de novembro de 1892 e era filla ilexítima de Pilar Otero López veciña de Barra. Foi inscrita no rexistro civil polo seu avó Ramón Otero Piña. Uns anos máis tarde, en 1895 Pilar casou co pai da nena, Francisco Osorio García, que era industrial, e o matrimonio daríanlle a Delia unha irmá á quen chamaron Cleofé que, seguindo os pasos de Delia, tamén se fixo mestra e se afiliou a ATEO polo que foi, igualmente, separada do ensino. Delia casou co tipógrafo Valentín Gómez Castro que era o presidente da Sociedade de Tipógrafos de Ourense. Vivían no Salto do Can na Avenida de Portugal e tiveron dous fillos, Enrique e Avelino. 

Delia fixo o exame de ingreso na Normal no Instituto Xeral e Técnico de Ourense o 1 de xuño de 1907. Estivo matriculada no centro no que cursou o grao elemental ata 1909 e en agosto de 1910 expedíuselle unha certificación para a Normal de Mestras de León aínda que logo acabou facendo o grao superior na Normal de Pontevedra rematando os estudos en 1914. Presentouse ás oposicións no ano 1919 e en 1923 déronlle a escola en propiedade de Baiste en Ourense. Anos máis tarde estaba ao cargo da escola de nenas de Castro Canedo. O 1 de febreiro de 1932 afiliouse a ATEO e tiña o número 140 e o 22 de decembro de 1935 foi nomeada para o cargo de segundo vogal[1]

Afilouse ao sindicato ATEO pois era unha preocupada pola ensinanza e os métodos que se deberían aplicar nas aulas para mellorala e, como vimos, tamén colaboraba na revista achegando os seus postulados pedagóxicos.

Coa chegada da ditadura, Delia sufriría como o resto dos afiliados a ATEO a dura represión e ela foi destituída e detida o 21 de xaneiro de 1937 por deixar na escola uns escritos contrarias ao novo réxime e contra da igrexa. 

O cura ecónomo de San Andrés de Castro Canedo, Benigno González, emitiu o dous de xaneiro de 1937 un escrito ao Xulgado no que indicaba que Delia nunca fora á igrexa, que se ría dos que acudían a ela, que era comunista, que sempre andaba cos homes e que ía a reunións ata altas horas da noite, que dicía que había que cortar cabezas e colgalas nos balcóns, que o seu labor na escola era pouco fértil e que as nenas se rían dela pois sempre andaba cantando, que facía saudar ás nenas co puño en alto e que lles ensinaba doutrinas opostas á relixión…

(...)jamás la he visto entrar las puertas de la Iglesia y no solo eso sino que se mofaba de todos aquellos que practicaban los misterios de nuestra religión, e incluso antes del movimiento llegó a impedir a todos aquellos que militaban bajo su bandera la asistencia a la Iglesia y el trato conmigo...Era comunista delcarada pues en las últimas elecciones presidió la mesa representando a los comunistas de esta parroquia...Tuvo el atrevimiento de decir en presencia de los suyos que había que cortar cabezas y colgarlas en los balcones y cuando antes de estallar el movimiento se oía que habían incendiado una Iglesia o echar a un sacerdote de la misma se decía esos si que son hombres y no los de este pueblo que no tienen valor para nada...

Su labor en la escuela era poco fértil pues la niñas ya se mofaban de ella porque siempre estaba cantando y a las mismas niñas les hacía saludar puño en alto y al entrar y salir con la internacional. Enseñaba a las niñas doctrinas opuestas a nuestra religión pues así lo demuestran escritos que aparecieron en las escuelas...[2]

Todas estas alegacións considerábanse de altísima gravidade. A situación complicouse para a mestra cando o 29 de xaneiro o gobernador civil de Ourense informou á comisión e incorporou ao sumario unha acusación que lle remitira o xuíz instrutor da capital na que se indicaba que se acusaba a Delia da subtracción na escola de Castro dunhas notas subversivas. En marzo solicitouse que un pai de familia alegase sobre a mestra e, en efecto, foi Patricio Caride quen elaborou un escrito nos mesmos termos que fixera o cura da parroquia alegando as mesmas acusacións[3]. O alcalde, Eugenio Pulido, asegurou que Delia estaba afiliada ao partido socialista do que facía propaganda e tamén que pertencía á Sociedade Atea do Maxisterio e “desarrolló mala labor en su Escuela y una regular conducta, dados sus ideales políticos, y alternaba solamente con compañeros que le eran afectos”[4]. A todo o anterior sumábaselle o informe do Comandante Vicente García no que recoñecía que Delia era socialista, que militara en ATEO e que a súa conduta era mala e o labor na escola regular, polo tanto: “Por todo lo anteriormente expuesto y siendo una señora que estaba poseída de sus mayores ideas y cualidades de tendencia marxista y que no se jactaba de manifestarlo en público, por ello me merece mal concepto”[5]. Todas os informes negativos conducirían a unha contundente sanción. A todos eles hai que engadir o escrito que se atopara na escola de Delia, motivo polo que fora detida en xaneiro de 1937. 

Tratábanse dunhas notas manuscritas nas que Delia expuxo unhas ideas radicais sobre os problemas do capitalismo, a necesidade dunha revolución do proletariado mencionando a Marx e a Lenin, sobre a hipocrisía da burguesía e a opresión e engano da igrexa e da relixión.Así mesmo pon en dúbida a infabilidade de Deus e o seu poder creador aludindo a científicos e biólogos:

La Iglesia es un poder de opresión burguesa y no se puede esperar que esta clase quiera desprenderse de quien tan bien la sirve. Ha de ser el proletario quien comience una verdadera ofensiva en contra de ese puntal del capitalismo que bien dice los cañones, bautiza los acorazados y los aviones de guerra, protege la explotación más inhumana con el engaño del cielo y sirve de avanzada para la introducción de la esclavitud capitalista en los pueblos coloniales.
Origen de las religiones. Una fórmula célebre declara “el miedo ha creado a los dioses”. Esta fórmula es exacta en el sentido de que el hombre ha transformado en divinidades las cosas que le asustaban y oprimirían y cuya naturaleza no podía comprender. De este modo los hombres primitivos han divinizado las fuerzas naturales tales como el sol, la lluvia, el rayo, la guerra, la muerte etc...La religión enseñaba no la revuelta contra esas fuerzas naturales, sino por el contrario la sumisión a ellas, la resignación ante las desgracias que herían a los hombres y en fin ordenaba sacrificios para aplacar a los “dioses” por esto es el hombre quien ha creado a los dioses divinizando sus debilidades, su ignorancia, su impotencia y no ven los dioses como los enseñan las religiones quienes han creado a los hombres. Esta idea ha sido expresada por Marx así “El fundamento sde la crítica religiosa es este hombre hace la religión, no es la religión quien hace al hombre.

Lenin dice La religión es una especie de opresión espiritual que pesa sobre las masas proletarias al que trabaja en la vida y sufre privaciones, la religión le enseña la resignación aquí abajo y le ofrece la esperanza de un salario celeste, pero a los que viven del trabajo de otro la religión les enseña la caridad y les ofrece una justificación barata de su existencia de explotadores vendiéndolos a precios abordables billetes de entrada en el paraíso celeste. El proletario moderno, consciente educado por la gran industria y la vida de las ciudades rechaza con menos precio los prejuicios religiosos abandona el cielo a los curas y a los beatos burgueses y lucha por una mejor vida sobre la tierra. La caridad es el truco descubierto por los capitalistas para calmar a bajo precio la cólera obrera, es el mejor medio para hacer creer a los trabajadores que se interesa por sus reivindicaciones que se comparte su miseria que se busca el medio de aliviarles, es el medio de impedirles tomar conciencia de sus derechos la iglesia también se dedica a humanizar la doctrina obtener la paz por la caridad que quiere decir que en la época actual en que las masas trabajadoras están frente a la miseria como consecuencia del paro de la escasez de trabajo espera conquistar por medio de limosas a la desgraciada masa trabajadora. (...)

 ...además dicen que creó el hombre a su imagen y semejanza luego ese dios se parece a toda clase de animales mamíferos y claro está es otro animal ya veis la de barbaridades que la iglesia nos cuenta por algo es el enorme puntal del capitalismo porque tan verdaderos son los postulados de unos como los de otros puesto que ambos se valen del embuste y del engaño. La iglesia con su Dios y los otros con su bondad sin límite con sus limosnas y mas que todo con su inmensa ruindad oculta ambos iglesia y capital nos quieren hacer creer y declarar que descendemos de semidioses pero la ciencia interpretada por naturalistas bien instruidos nos sorprenden demostrando la conformación compartida del hombre y de los demás mamíferos.

Si se quiere establecer la diferencia basándose en las facultades llamadas mentales es fácil demostrar que no existe diferencia alguna entre el hombre y los demás mamíferos pues si es verdad que no alcanzan el mismo nivel también no existen estas igualmente desarrolladas en los mismos hombres porque la inteligencia entre un salvaje que no emplea palabra ninguna abstracta no saben contar algunos mas que hasta cuatro...pero esta diferencia entre los hombres mas eminentes y los salvajes mas embrutecidos están enlazados por una serie de gradaciones delicadas que es posible que pasen y se desarrollen de unos a otros poseyendo el hombre los mismos sentidos que los demas animales sus intuiciones fundamentales deben ser las mismas tenemos con ello algunos instintos comunes, el de la propia conservación, el amor sexual, el amor de la madre por sus hijos, recién nacidos, etc...y en sus instintos podemos afirmar que aventajan al hombre por ejemplo el orangután y e chimpancé que viven en los trópicos donde hay muchos frutos venenosos y ellos no tocan ninguna cosa que el hombre no sabe...Los animales también sienten el placer y el dolor, la dicha y la desventura...Son inteligentes puesto que según Reugger ha visto un mono ahuyentar con cuidado las moscas que atormentaban a su cachorro.
Las hembras de los monos experimentan tal tristeza cuando pierden sus cachorros que asegura el gran naturista Brehim....  

Vamos a partir del punto religioso que se refiere a la creación del Mundo o Universo y después de saber que este se ha creado en seis días y que después de crear toda especie de animales plantas estrellas etc..de un pedazo de barro hizo el cuerpo del hombre y de su mismo barro fue hecha la mujer y luego quedaron estos de dueños de todo lo creado para ser dueño y poder disponer de todo lo que existían deberían ser este hombre y esta mujer superiores en todo a los demás animales, es decir, su cuerpo no debería estar formado bajo el mismo tipo general que los demás mamíferos, no podría tomar ni comunicarles enfermedades como la rabia, la viruela, etc. Y en una palabra no podría ser que su forma embrionaria fuese un óvulo completamente igual que el que da origen a los demás animales y que este embrión en un período precoz pueda distinguirse de los otros del reino animal...Segundo Huscky el cerebro que es órgano más importante sigue la misma ley y el anatomista Bischoff admite que cada hendidura principal y cada repliegue del cerebro humano tiene su análogo en el del orangután. Los monos están sujetos a muchas de nuestras enfermedades no contagiosas dice Rengger que ha observado el Cebus y le ha visto padecer catarros....Estos monos sufren también apoplejías inflamaciones y cataratas y los remedios producen en ellos los mismos efectos que en nosotros...De forma que vamos sacando en conclusión que no es cierto en modo alguno lo que los libros llamados sagrados nos cuentan puesto que nacemos igual que los demás animales vivimos sujetos a los mismos gustos y necesidades y al fin dejamos de existir para sufrir la transformación como los demás seres. ¿Dónde está esa superioridad en que se fundan esos farsantes en que apoyan esa teoría tan fantástica en que fijándose un poco desacreditan a su mismo dios pues tan listo no fue que no supo crear un ser distinto?[6]

O resultado foi a imputación de numerosos cargos como o de pertencer á entidade marxista ATEO e estar afiliada ao partido socialista do que era activa propagandista; haber sido apoderada da Fronte Popular e haber asistido a reunións comunistas realizando algunha delas na súa casa. Tamén foi acusada de que prohibía aos comunistas acudir á igrexa e que trataran con párroco; de saudar ás nenas co puño en alto e cantar a internacional na escola; de ensinar ás nenas doutrinas marxistas e excitar á violencia. Ademais culpábana de levar a cabo un labor escolar moi deficiente e de haber deixado na escola unhas follas nas que se expuñan ideas anticristiás e antirrelixiosas.[7]

Delia respondeu o 9 de xullo de 1937 ao prego de cargos argüíndo que si pertencera á Asociación de Traballadores da Ensinanza pero que a súa afiliación non fora con miras políticas senón por ansias de mellorar a ensinanza e que moitos afiliados seguían en activo polo que a Xustiza debería ser igual para todos. 

Negou que pertencera ao Partido Socialista pois dicía que este carecía de grupo feminino en Ourense. Alegou que a Comisión debía comprobar se existía algún recibo de pago ao seu nome e que non atoparía. 

Manifestou que nas elección anteriores a 1936 fora nomeada adxunta do Colexio de Castro pola Xunta Municipal do Censo e nas do 36 pedíranlle os da Mesa que os asesorase en cubrir a documentación polo que non permaneceu no local máis que o tempo necesario para a consulta co beneplácito das dereitas e esquerdas. 

Dixo que non se relacionou con ningún veciño de Canedo e non realizou ningunha reunión na súa casa pois ela vivía cunha familia polo que era imposible levar á súa habitación a ninguén. E non tocante ao párroco declarou que por que lle ía molestar. 

Sobre a acusación de que saudar ás nenas co puño en alto declarou que iso nunca se lle pasou pola imaxinación como tampouco o de cantar a internacional que podían comprobar que ningunha das nenas sabía a letra nin a música. Tamén se defendeu dicindo que na escola non ensinaba doutrinas marxistas e que se cumpría co laicismo acatando as ordes dos superiores como tamén fixera en tempos de monarquía pois entón ensinaba catecismo e historia sagrada. 

Pero un dos cargos que máis a mancou foi o de presentala como unha tola: 

El cargo que mas lastima mi dignidad es éste, por presentarme en el como una loca rematada, pues solo en ese estado podía arengar tan ramplonamente y además ¿Qué veneficio (sic) reportaba el convertir en criminales a vecinos entre los que tenía que convivir? Y bien tontos serían el no contestarme que fuese yo, que ellos harían lo que creyesen conveniente. No puedo concebir como hay persona que se atreviese a relatar semejante absurdo.

Llevé desempeñando la escuela de Castro siete anos y al final de estos es cuando se dice que mi lavor (sic) era deficiente. (En el momento de mi destitución iban a ingresar para la convocatoria de Septiembre las niñas Delia Álvarez Fernández y Manuela Gutiérrez, en el Instituto de Segunda Enseñanza; las preparé desde las primeras letras, toda la labor fue hecha dentro de la Escuela, y con todas trabajé lo mismo, y en tanto tiempo, mis Jefes, ¿No me llamarían la atención? Me tendrían expulsado por inútil, y mi hoja de servicios está muy limpia. 

Mi detención la motivó una denuncia presentada en el Gobierno Civil en la que se me acusaba de forzar la puerta del Local Escuela, para recoger unos artículos, y el Sr. Gobernador, los envió al Juez Señor Estampa; fui llamada ante el y en el mismo momento me puso en libertad. Prueba suficiente de la falsedad de los hechos y como eso, son el resto de los cargos que se me imponen, una colección de embustes fue lo que llegó a manos de esa Comisión…[8]

Delia estaba soa ante a súa defensa pois non puido acompañar ningún prego de sinaturas de veciños de Canedo por atoparse delicada de saúde e por non ter recursos económicos para poder desprazarse en coche para conseguilas. 

De pouco lle valeu a defensa persoal pois unha vez que Emilio Nieto Rodríguez certificara en xuño de 1937 que Delia Osorio fora destituída a Comisión de Cultura e Ensinanza emitiu un escrito, asinado por Mariano Puigdollers e Enrique Suñer, ratificando a sanción de separación definitiva do corpo docente e baixa no escalafón e que corroborou José Ibáñez Martín, Ministro de Educación, o 24 de abril de 1940. En efecto, Delia foi dada de baixa definitiva por separación con data do 7 de maio de 1940. 

Delia tivo que deixar a docencia e dedicouse á vida familiar. Tal como indicou Delia nunha instancia que enviou a Madrid, desde que a separaron do servizo habitou sempre en Ourense e dedicouse ás tarefas do fogar, á vida caseira e “de piedad que lleva toda mujer española. Cumpliendo en todos los órdenes mis deberes tanto religiosos…como de piedad, perteneciendo a Asociaciones Religiosas. Observando buena conducta, tanto pública, política privada…”[9]

Pasados os anos, en maio de 1954, cando Delia tiña 62 anos, dirixiu unha instancia ao Ministro de Educación Nacional na que expuña que era mestra desde o ano 1919 e que no ano 1936 tiña escola en propiedade en Castro Canedo e en 1939 a Comisión Depuradora de Ourense formulou un prego de cargos contra ela e non tivo noticia de que se instruísen responsabilidades políticas. Solicitou, entón, que se lle permitise reingresar na carreira de mestra pasando a ocupar o posto no escalafón correspondente, para demostrar a súa boa traxectoria enviou numerosa documentación que a acreditase[10]. Entre os presentados destaca o enviado polo Inspector do Corpo Xeral de Policía, Abelardo Fernández Terrajo que certificou a boa actitude de Delia coas seguintes palabras: 

Que doña María Delia Osorio Otero, de 62 años, casada, Maestra, hija de Francisco y Pilar, natural de Lamas-Coles (Ourense) y con domicilio en esta Capital, Avenida de Portugal, Salto do Can, es persona que en los archivos de esta comisaría, en el aspecto político-social, tiene antecedentes desfavorables de carácter extremista, si bien en virtud de reciente información, se viene en conocimiento de que en los últimos tiempos demuestra arrepentimiento, evolucionando asimismo en sentido favorable en el aspecto religioso, pues constan datos también recientes de que pertenece a la Asociación de la Virgen de la Medalla Milagrosa, y está bien conceptuada en tal sentido ante varios señores Curas Párrocos. 

Observa buena conducta moral, pública y privada. Y para que conste, a petición de la interesada por serle necesario para solicitar reingreso en el Magisterio, expido el presente en Orense a dieciseis de marzo de mil novecientos cincuenta y cuatro.[11]

En efecto, a solicitude foi resolta de forma favorable polo que Delia puido reincorporarse ao ensino.

Delia faleceu por unha esclerose cerebral o 14 de novembro de 1966 cando tiña 75 anos de idade e está enterrada no cemiterio de San Francisco de Ourense. 

[1] Esta información aparece recollida nunha certificación que Don Emilio Nieto Rodríguez, vocal Secretario da Comisión Depuradora do Maxisterio Nacional realizou para adxuntar ao sumario de Delia Osorio. MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, “Expediente de Delia Osorio” 42-08782-00017-0030.[2] “Carta de Benigno González Requejo”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0034.[3] “Informe de Patricio Caride”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0038.[4] “Escrito do alcalde”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0039.[5] “Informe do Comandante Vicente García Cifuentes”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0041 [6] Escrito de Delia Osorio, AGA.0022[7] “Cargos” MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0031.[8] “Contestación al pliego de cargos”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0032.[9]“Instancia de Delia Osorio ao Ministro de Educación”, MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración, 42-08782-00017-0007.[10] Idem. Delia adxuntou un documento do Ministerio de Xustiza no que non había datos de responsabilidade política a nome dela. Outro asinado por Juan Romero de Aguilar que era xefe do Rexistro Cenral de Penados e Rebeldes; tamén un certificación de Don Amando Araújo Iglesias, cura ecónomo de Santa Eufemia do Centro no que se indicaba que Delia tiña boa conduta moral e relixiosa. De Eduardo Vilarino Castro, presbítero de Santiago das Caldas confirmando a boa conduta, de Don Antonio Díaz, cura de Piñeira de Arcos quen argumentou que tiña boa conduta e que dera mostras de verdadeira arrepentimento da súa actuación anterior ao ano mil novecentos trinta e seis. Presentou un certificado de pertencer á Asociación da Virxe da Medalla Milagrosa. Incluso enviou un informe favorable do propio alcade da cidade, don Eduardo Valencia Fernández alegando a boa conduta da interesada. O subxefe Provincial da Falanxe, Domingo Saavedra Sánchez, alegou que Delia carecía de antecedentes nos arquivos do servizo. [11] MINISTERIO DE CULTURA, Arquivo da Administración Xeral, “Expediente de Delia Osorio”, Sig. 42-08782-00017-0017.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Esta entrada é un estrato do estudo sobre as mestras en ATEO que estou a elaborar e que será publicado en breve. Publicación suxeita a rexistro da propiedade).

02 enero 2016

MARIBEL OUTEIRIÑO

Maribel Outeiriño naceu en Ourense e estudou nas Teresianas de Vigo e na antiga Escola Oficial de Periodismo de Madrid compaxinando estes estudos cos de Historia de América de Filosofía e Letras. Periodista de vocación, tradición familiar e profesión pois é filla do diario La Región de Ourense. Destaca o seu labor de reporteira pero tamén de escritora de libros con títulos como: “De Sevilla a Santiago por el camino mozárabe”; “Orense, 31 de marzo de 1881. 18:00 horas”; “Anuncios”; “Lauro Olmo”.

20 diciembre 2012

ÁNGELES OCAÑA ALBERO

Naceu no Barco de Valdeorras no ano 1933 Estando en Madrid estudando Maxisterio tamén asistía a clases de debuxo e pintura. De volta a Galicia, afincouse en A Coruña e alí seguiría perfeccionando a súa arte. Realizou numerosas exposicións en Galicia e tamén fóra como por exemplo en Cuenca e Cidade Real onde expuxo con Federico Virtudes.
É unha muller que traballa diversas técnicas e tamén é unha muller comprometida e sensibilizada pois sempre estivo disposta a doar obras para Mans Unidas e Amnistía Internacional para que fosen subastadas con fins altruístas.

Exposicións:
"VIII Feira da Arte Galega", que se celebra en el Hotel Hesperia, de Coruña, del 11 de diciembre de 2015 al 5 de enero de 2016.
Exposición colectiva de pinturas de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en 2011.
Exposición colectiva de pinturas de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en 2009.
Exposición colectiva de pintura de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en 2008.
Exposición de las obras seleccionadas en el II Certame de Pintura Olladas de Galicia., celebrado en 2008.
Exposición colectiva de pintura de la Asociación de Artistas de La Coruña en su Sala de Exposiciones en Coruña, en Navidad de 2007.
Muestra correspondiente a la cuarta Edición de las Balconadas de Betanzos, celebradas en 1994.
Muestra correspondiente a la cuarta Edición de las Balconadas de Betanzos, celebradas en 1994.
Muestra correspondiente a la Tercera Edición de las Balconadas de Betanzos, celebrada en 1992.
"1ª Feira do debuxo", celebrada en Coruña en 1994.
II Mostra Unión Fenosa, que se se celebra en la Estación Marítima de A Coruña, entre julio y agosto de 1991.
Exposición colectiva pro Manos Unidas.
Exposición de artistas galegas celebrada en Vigo en 1987.

Así mesmo tamén participou coas súas obras para un ben social doando varias pezas para que fosen subastadas:

Pintura, grabado y escultura que se celebran en Vigo y Pontevedra, a beneficio de los damninficados por el huracán Mitch.
Exposición colectiva de obras donadas para la subasta de Manos Unidas. 2000. Presentación: Xosé Luis Torres Colomer, Presidente de la Diputación de Coruña.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1998.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1997.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1996.
Subasta de pintura a favor de Manos Unidas, obras donadas por distintos artistas. Coruña, 1994.
Subasta a favor de Amnistía Internacional, celebrada en Coruña en 1988.

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes)

27 marzo 2012

ANTONIA ORTÍZ CURRAIS

Antonia naceu en Corgo, Lugo, en 1886. Estudou maxisterio por libre na Escola Normal da Coruña e conseguiu o título de mestra superior. Isto permitíalle rexentar escolas completas e nas cidades. 

Realizou as oposicións entre 1907 e 1909 e tivo o seu primeiro destino na escola anexa á Escola Normal de Pontevedra en 1908. 

Preparou as oposicións para a inspección e chegou a ser a primeira muller en Galicia en conseguilo. Veu destinada a Ourense en 1920 sendo a primeira inspectora en Galicia. 

Tamén tivo unha estadía no estranxeiro para ampliar os estudos e profundou nas pedagoxías modernas. 

Exerceu sempre en Ourense como inspectora e tivo un grande recoñecemento na cidade. Xubilou en 1956.

Teño constancia que ela residía na Avenida de Zamora e de que faleceu en decembro de 1985, aos 99 anos, e está enterrada no Cemiterio de San Francisco da cidade de Ourense.


Para coñecer máis en profundidade a traxectoria desta muller ver enlace: Artigo de R.M.Cid Galante Revista Eduga

17 diciembre 2011

ÁNGELES OTEIN

Este blog pretende amosar a referencia de mulleres ourensás que pola súa traxectoria están a deixar e deixaron unha pegada importante tanto na nosa cidade e provincia como fóra dela. É o caso da muller que se presenta nesta entrada, Ángeles Otein que, aínda que non naceu en Ourense, si tiña raíces ourensás, xa que o seu avó, por parte materna, era oriúndo da nosa cidade, Ourense, e chamábase Don Luís Iglesias que estaba casado con Dona Blanca Somoza natural de Santander. Pois ben, Ángeles naceu en Algete o 24 de xuño de 1895 e era cantante lírica e profesora. Ángeles recorreu o mundo recollendo o éxito coa súa voz prodixiosa, tanto en Italia e nos países nórdicos e en América. En 1926  casou con D. Enrique Naya e viviron na Habana. Volveu á escena ata 1942 e logo dedicouse ao ensino, contando entre os seus alumnos con Pilar Lorengar, María Luisa Nacho, Consuelo Rubio, a súa sobriña Marimí del Pozo e máis tarde a que sería a súa filla política Kitty Fernández. En 1960, xa viúva, mudouse para Porto Rico chamada por Pablo Casals, profesor no Conservatorio. En 1971 volveu a Madrid onde morreu dez anos despois.

En 1995 celebrouse o centenario do seu nacemento en Algete.
Vid: Ángeles Otein

04 octubre 2011

ERNESTINA OTERO SESTELO

Ernestina Otero naceu en Redondela no ano 1890 foi mestra e pedagoga. Mencionámola neste blog pois estivo a traballar unha década na nosa provincia polo que foi unha muller que aportou moito á cultura de Ourense.

Foi a maior de sete irmáns, e co esforzado apoio dos seus pais destacou no seu afán polo coñecemento e a formación. Realizou os seus primeiros estudos en Redondela e os de mestra elemental e superior en Pontevedra, finalizados en 1908. Foi unha das primeiras mulleres en obter o título o a Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid, na segunda promoción (1910-1913). En 1914 casa co farmacéutico redondelano Luís Pereira Míguez.

En 1908 conseguiu o título de mestra superior na Escola Normal de Pontevedra, posteriormente, ingresou na Escola Superior do Maxisterio de Madrid (1910-1913), onde recibiu a influencia da Institución Libre de Ensino, fundamentalmente de Luís de Zulueta. En 1914 foi nomeada profesora de pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra. 

Implicouse no fomento da asistencia dos nenos á escola, impulsou a creación de centros escolares, ampliou a educación de adultos, colaborou coas xuntas municipais na utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres artesanais e industriais, e fomentou o estudo e investigación das características xeográficas e culturais de Galicia. 

Tamén colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos e noutras iniciativas como a Escola Rural Galega. En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a favor do Estatuto de Autonomía.

Coa Guerra Civil Española foi separada da cátedra e dada de baixa na escala (12 de xuño de 1937). Unha vez terminada a guerra, revisouse o seu expediente e volveu ao seu cargo pero con "traslado forzoso e inhabilitación para cargos directivos e de confianza". Así, empezou de novo en Ourense onde permaneceu dez anos e implicouse na vida cultural e social ourensá. O 1 de outubro de 1951 ocupou de novo a praza de profesora numeraria de pedagoxía da Escola Normal de Pontevedra.

Vid: Puga Pereira, Manuel. Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga.
Olalla Márquez Losada, "Ernestina  Elena Otero Sestelo", Album de mulleres
Wikipedia: Ernestina

24 septiembre 2011

MARÍA ANTONIA OROSA GONZÁLEZ

Naceu no ano 1918 en Ribadavia e era Catedrática de Bioloxía. Dedicouse de forma íntegra á docencia e os que foron os seus alumnos lémbrana con agarimo pois abríulles o mundo da bioloxía. Xa foi pioneira en mostrar aos seus pupilos o mundo da natureza a base de experiencias prácticas. Tamén foi concelleira polo PSOE na primeira lexislatura da democracia.

(Na fotografía, María Orosa é a da dereita)

Vid: O Ribeiro

18 febrero 2011

MATILDE OLARTE MARTÍNEZ


Matilde naceu en O Barco no ano 1964. Publicou varios libros e artigos en revistas especializadas e imparte docencia na Facultade de Xeografía e Historia en Salamanca. Está especializada en musicoloxía histórica onde leva a cabo importantes proxectos de investigación. Os seus coñecementos tamén os trasmite por medio de conferencias impartidas.

07 mayo 2009

PILAR OTILIA LÓPEZ

María Pilar Otilia López García foi a primeira muller que asumiu unha alcaldía na provincia de Ourense. Accedeu ao cargo de alcaldesa no ano 1975, catro anos antes das primeiras eleccións democráticas. Pilar Otilia López compaxinou o seu traballo municipal co de mestra aínda que agora xa está xubilada. Politicamente, repetiu maiorías absolutas unha e outra vez.

Naceu en Ramirás en 1939 e estudou a carreira de maxisterio. En 1975 ocupou a alcaldía sustituindo ao seu irmán. Compaxiou a profesión de mestra coa política, de feito, ela xubilouse aos 65 anos como docente pero continuou na política. Con 75 anos aínda continuaba facendo campaña. 

Exerceu a política durante 40 anos.