Etiquetas

Exercicio de reeducación despois de tanta dominación

 É ben certo que despois de milenios de dominación do home sobre a muller crea demasiado poso no "ADN" que é moi complicado desestruturar para ser de novo estruturado segundo a equidade e a xustiza. Por iso é preciso unha intensa discriminación positiva cara as mulleres pois levamos moitos e moitos anos de desvantaxa. O salto cuantitativo e cualitativo é innegable pero...hai que seguir na procura de extirpar os enquistamentos estruturais que ao longo da historia se foron superpoñendo a xeito de estratos. Non cabe dúbida que é preciso que nós, as mulleres, levemos a cabo o proceso de cambio, que xa estamos facendo. E os homes deben entender que non hai dominantes nin dominadas, hai iguais e iguais. Algo tan sinxelo como iso. Eu son igual a ti, home, e ti non es máis ca min, pois NOSOUTRAS TAMÉN PENSAMOS!

27 de maio de 2021.