Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Física. Mostrar todas las entradas

07 noviembre 2021

MARUJA BOUZO SANTIAGO

Naceu en Ourense en 1918 e era filla do doutor Manuel Bouzo e irmá de Teresa Bouzo que era odontóloga. Matriculouse en 1928 no Instituto Xeral e Técnico da cidade obtendo Premio no exame de ingreso. Nos estudos de bacharelato sacou cualificacións sobresalientes coa distinción de Premios na maioría das materias. Matriculouse na Facultade de Ciencias de Santiago en 1934 licenciándose en 1939 con Matrícula de Honra.
 
(Fonte: La Región, 4 de xuño de 1936, p. 5)

Presentouse ás oposicións para catedrática adxunta e sacou o número un e en 1944 conseguiu ser o número tres nas oposicións a Catedrática de Física e Química celebradas en Madrid. Exerceu un tempo de catedrática numeraria de Física e Química no Instituto Provincial de Ourense. No ano 1948 obtivo a praza de profesora de matemáticas na Escola Normal de Maxisterio (sección de mestras) de Tetuán. Dous anos máis tarde, en 1950, foi nomeada Catedrática de Física e Química no Instituto Hispano Marroquí de Tetuán e tamén obtivo o cargo no centro de Xefa de Estudos. Foi unha muller de fonda formación cultural e intelectual como chegaría a demostrar nas  interesantes conferencias que impartiu.

(Fonte: Boletín Oficial de la zona de Protectorado en Marruecos, nº 44, 29 de otubro de 1948, p. 31)

As conferencias en Tetuán eran impartidas na Escola de Maxisterio da cidade ou na Aula de Cultura daquela cidade. En 1948 pronunciou dúas conferencias que tiveron non só éxito senón tamén relevancia temática. A primeira levaba o título "Fundamento científico da Bomba Atómica", un tema acometido por primeira vez por unha muller e na que deu mostras dos seus coñecementos matemáticos. A segunda conferencia impartida ese mesmo día versou sobre "Aplicacións da enerxía atómica". O intereseque suscitaron ditas intervencións deu lugar a que acudisen a escoitala un gran número de asistentes polo que tiveron que abrise as portas da sala chegándose a ocupar o claustro do centro.

Noutra das conferencias pronunciadas en xuño de 1950 disertou sobre "Fuentes de luz" na que fixo un repaso histórico sobre o problema do alumeado a través dos tempos. Como reflectíu a prensa do momento "La conferencia, como todas las suyas, tuvo gran transcendencia, reflejándose en el espacio que a su comentario dedicaron los periódicos. Por tratarse de una orensana trasladamos la noticia a nuestros lectores..." (La Región, 26 de xuño de 1950, p. 4).

Maruja Bouzo casou co capitán do exército Mariano Muñoz Conde e tiveron un fillo que foi bautizado na nosa cidade.

(Fonte: La Región, 20 de novembro de 1948, p. 4.)

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita, publicada en versión CD polo Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago;  artigos varios da mesma autora; Bande Rodríguez, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005...Op.cit., p. 348La Región, 2 de outubro de 1928, p. 1; La Región, 2 de outubro de 1931, p. 1;La Región, 12 de abril de 1935, p. 5; El Compostelano, 24 de outubro de 1939, p. 2; "La profesora orensana Doña Maruja Bouzo Santiago·, La Región, 20 de novembro de 1948, p. 4; Boletín Oficial de la zona del Protectorado en Marruecos, nº 33, 31 de marzo de 1950, p. 5.

Rexistro da propiedade intelectual



03 marzo 2013

RUTH GARCÍA

Ruth García naceu en Ourense no ano 1976. É licenciada en Física e encamiñouse á Alemaña para realizar a súa Tese de doutoramento. Está especializada na óptica cuántica, un campo que descubriu mentres estudaba a carreira en Ourense  grazas ao catedrático Humberto Michinel. 
Na Universidade de Kaiserslautern tivo que formarse durante o primeiro ano para que a aceptasen e pasar moitas horas no laboratorio.
Tanto esforzo tivo a súa recompensa e ofrecéronlle unha praza no Instituto de Física de Mainz, onde imparte clases e lidera os seus propios proxectos de investigación dentro do departamento de Física Atómica e Molecular. Os seus traballos actuais céntranse na produción de fibras ópticas cun diámetro máis pequeno que a lonxitude de onda da luz para estudar a interacción entre esta e a materia. 
Nos seus experimentos utilizan moléculas que colocan dentro da fibra óptica ou atrapan ao redor dela átomos arrefriados con láser até alcanzar temperaturas moi próximas ao cero absoluto.

11 noviembre 2012

BEATRIZ HERVELLA NOGUEIRA

Naceu en Ourense en 1976. Os seus pais, ambos os dous profesores, sempre foron moi sensibles a temas relacionados coa educación; sempre valoraron a adquisición de coñecementos así como o desenvolvemento dunha personalidade autónoma e ética; por todo iso decidiron que a súa formación se realizase en centros públicos. Estudou, no colexio público de Curros Enríquez e no instituto público das Lagoas; alí atoparía aos seus mellores amigos.

Decidíu facer a carreira de Físicas, (sen excesiva vocación; pois gustáballe todo, a verdade) na Universidade de Santiago de Compostela; licenciouse en 1998, especializándose en Física de Partículas. No seu último ano de licenciatura cursou a materia de Física de Fluídos, a pesar de que non era da súa especialidade, quedou fascinada por ela e condicionou a súa existencia. A súa tese de licenciatura centrouse neste campo, e traballou xa cun modelo meteorolóxico. O departamento da universidade no que estudaba deu orixe a MeteoGalicia, onde comezou a traballar desde o seu nacemento no ano 2000. A partir de xullo de 2001 comezou a compaxinar o seu traballo en MeteoGalicia coa elaboración e difusión de información meteorolóxica na TVG. Á marxe destas dúas actividades, aínda conseguiu un pouco de tempo para investigar en meteoroloxía; en concreto traballou no proxecto MEDEX (MEDiterraneanEXperimenton"Cyclonesthat produce highimpactweather in the Mediterranean"); trátase dun proxecto auspiciado pola Organización Meteorolóxica Mundial no que traballaba con modelos meteorolóxicos tratando de melloralos na predición de fenómenos adversos, fenómenos potencialmente perigosos de choiva e vento.

Na actualidade, afastada xa de Meteogalicia e Televisión de Galicia, traballa na creación da empresa “4pingas atmosfera & océano”.

Fonte: Información proporcionada a través de Elena Fidalgo Laínez a quen lle agradezo a súa colaboración neste blog.