Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Arquitecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arquitecta. Mostrar todas las entradas

06 abril 2025

CARMEN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Era filla de Nicolás e de Clarisa e naceu no Meiral, O Barco de Valdeorras, en 1924. Vivía en Meiral e estaba solteira, dedicándose aos labores do campo e da casa e tiña unha pequena eiva, pois coxeaba da cadeira esquerda. O 22 de agosto de 1942, con 18 anos, foi detida pola Garda Civil e conducida ao Departamento do Barco de Valdeorras á disposición do Tentente Xefe do Sector desta Praza. 

(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2241. Libro 2241.(331))

A causa da súa detención era que auxiliara aos fuxidos. Posteriormente, decídese a súa condución ao cárcere de Ourense e quedar á disposición do Xuíz Militar, número 31 de Ourense. O 31 de agosto o Xulgado Militar enviou un escrito indicando que a reclusa podía ter prisión atenuada. Non obstante, desde a alcaldía de o Barco manifestouse o seguinte:
Consecuentemente con su escrito...tengo el gusto de comunicar a V.S. que a juicio del Alcalde que suscrite EXISTE RAZÓN DE ALARMA SOCIAL QUE ACONSEJE LA NO CONVENIENCIA DE QUE EL RECLUSO DE ESE ESTABLECIMIENTO CARMEN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ AGUARDE EN SITUACIÓN DE PRISIÓN ATENUADA LA RESOLUCIÓN DEL PROCESO QUE LE INSTRUYE EL JUZGADO MILITAR Nº 3 DE ESA PLAZA, debido a la concordancia en que estaba y puede estar con los rojos huidos por los montes de esta demarcación. Dios guarde a V.S. muchos años. Barco de Valdeorras, 11 de septiembre de 1942. (1).

Finalmente, a decisión do xuíz estaba tomada e o 12 de setembro concedéuselle a liberdade provisional. E Carmen Rodríguez asinou unha declaración comprometéndose a residir en Meiral.

Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048.
Caixa 25132/048.
Pero o 26 de xaneiro de 1944, Carmen volveu ser detida e permaneceu ata o 24 de maio que foi posta en liberdade provisional en virtude do mandamento do xulgado militar eventual número 3 de Ourense. Pero Carmen volve a ingresar en prisión en Celanova o día 13 de decembro de 1947 pero o 16 será posta en liberdade. Súa nai, Clarisa, tamén sufría a represión.
Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048.
Caixa 25132/048(16)
(1)Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez.. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048.
Caixa 25132/048(12)
(Elaboración propia a partir de Expediente persoal da reclusa Carmen Rodríguez Rodríguez. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25132/048. Caixa 25132/048; Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2241. Libro 2241

08 octubre 2023

CAYETANA CABEZAS ARROYO

Naceu en Madrid o 2 de xullo de 1972 pero criouse en Ourense. É filla de Manuel Cabezas, que foi alcalde de Ourense. Os estudos de primaria fíxoos no Colexio Guillelme Brown. Logo do bacharelato trasladouse a Madrid para estudar arquitectura no ETSAM, na Escola Técnica Superior de Arquitectura. Finalizados os estudios e coa titulación de arquitecta abriu o seu propio estudo pero en 2009 pechouno pois outra vocación a reclamaba, o teatro.

A paixón polo teatro veu, segundo conta Cateyana, de cando estivo interna en Inglaterra.

A los 11 años estuve interna en un colegio en Inglaterra. Un lugar ajeno en el que yo no hablaba la lengua y pasaba mucho tiempo en soledad. Teníamos cuatro horas semanales obligatorias de clases de teatro... A raíz de aquello, el teatro y yo siempre mantuvimos relación, pero éramos más bien amantes… ¡Casarse con el teatro eran palabras mayores!

Para especializarse na interpretación acudiu ao Estudo Juan Carlos Corazza. A continuación foi unha das fundadoras da Asociación Teatral La Misenplas.

Tras más de una década haciendo teatro con grupos no profesionales, a los 28 decidí estudiar en el Estudio Coraza para el Actor. Los cursos me los pagaba yo con el dinero que ganaba como arquitecto (otra cosa que agradecer a esa profesión). Es la inversión que más satisfacciones me ha dado. En la escuela, además de aprender técnica, he desarrollado una nueva manera de leer a los grandes autores, de entender los textos, de conocer un poco las personalidades humanas… Para mí, Juan Carlos Coraza ha sido y es estímulo creativo. Siempre hay más hondura por explorar, más belleza en las palabras del autor, más capas en los movimientos internos y externos de los personajes…

Despois da súa preparación comezou de seguida a ter papeis en películas, series de TV e teatro. En TV interveu en Aída, El secreto del Puente Viejo, Servir y Proteger...Tamén en serie das plataformas como Movistar e Netflix, por exemplo, Mira lo que has hecho o Machos Alfa.

No cine interveu en Diana, La Montaña Rusa e Por la Sombra. Participou en máis dunha decena de curtametraxes e, por suposto, no Teatro nas obras Dos más dos; La voz dormida; Kafka enamorado; La cantante calva...etc.

Pero outra das facetas que a embargan é a literatura por iso deixouse levar e escribiu a súa primeira novela que non será a última e que se titula Una persona para el fin del mundo.

Cayetana é unha muller de amplos horizontes pero sinte a súa terra, séntese de Ourense: 

Sin duda. Ourense (Galicia) es mi familia, mi raíz… su música, la sonoridad del acento, el olor de la tierra, la comida, la relación con lo mágico… A mí Ourense me mueve los pies del suelo, me activa los sentimientos más primarios; de pertenencia, de seguridad, de hogar. A mí me gusta estar en casa con los míos, me gusta el fuego del hogar, reunirme en torno al vino, a un buen cocido, al baile. Y además es una tierra inspiradora, de belleza sutil, de carácter misterioso… es un lugar apasionante que redescubro siempre que empiezo a escribir algo nuevo y del que, me doy cuenta, guardo una huella más honda incluso de lo que creía cuando salí de allí.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes: Vid:  https://thecitizen.es/literatura/cayetana-cabezas-hable-de-lo-que-hable-siempre-termino-hablando-de-amor; https://www.laregion.es/articulo/la-revista/cayetana-cabezas-contadora-historias/20190531152840874964.html. Foto entrada: https://www.diarioabierto.es/619201/orgullosa-resaca/cayetana-cabezas)

01 diciembre 2021

BELÉN PÉREZ DE JUAN

Naceu en Ourense en 1988 e estudou arquitectura en Madrid. Ao rematar os estudos trasladouse a Australia que é onde reside actualmente. Traballa no Estudo de Aquitectura que montou co seu home, Smar Architecture Studio, e tamén exerce como profesora na Universidade de Western. Alí tamén se doutorou cun traballo sobre o papel do arquitecto na sociedade dixital. Concibe a arquitectura de xeito humanístico.
Xunto co seu marido presenta proxectos de arquitectura e nivel mundial polos que obtén grande recoñecemento. Un deles é a construción dunha torre emblemática e simbólica en Silicon Valley que funcionaría con enerxía eólica. Dito proxecto quedou entre os tres finalistas.
É de unha honra ter no blog a estas mulleres nacidas na nosa "pequena" cidade pero que son capaces de traspasar fronteiras de grande prestixio a todos os niveis.

Vid: La Región internacional


17 enero 2021

EMMA RÍOS MANEIRO


Co noso máis sincero respecto aos Vilagarcianos hoxe fago mención dunha muller enormemente recoñecida como é Emma Ríos Maneiro. Seguro que aos nosos veciños non lles vai resultar extrano nin lles vai parecer mal que incluamos entre as Nosas Mulleres Ourensás a esta magnífica debuxante de cómic. En efecto, naceu en 1976 en Vilagarcía de Arousa pero a razón principal de que estea entre nós é porque residiu dende nova na nosa cidade e foi aquí onde comezou a ler tebeos como La patrulla X de Chris Claremont, Nuevos Mutantes de Sienkiewicz e sobre todo Akira de Katsuhiro Otomo que foi o que decantou a súa vocación de debuxante de cómics. Así pois, a cidade de Ourense foi onde descubriu a súa paixón polo mundo do cómic.

Estudou Arquitectura na Universidade de A Coruña e compaxinou os seus estudos cos primeiros traballos en Banda Deseñada.

Dende 1998 ten unha traxectoria pública como debuxante de banda deseñada; participou inicialmente en Fanzines, unha publicación afeccionada, xeralmente realizada de forma colectiva sobre un tema especializado, en Ourense e na Coruña, como El bolchevique vespertino, Esto es la guerra, Mensajes en una botella o Comikaze. Tamén nesa primeira época colaborou con revistas e axencias de publicidade como ilustradora, e mais en publicacións colectivas de banda deseñada.

Sen deixar o seu traballo como arquitecta, Emma Ríos participou en diversas exposicións colectivas no salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico, e pasou a formar parte do colectivo de debuxantes Polaqia.

A través de Polaqia continuou a súa serie A prueba de balas (2003), na que Pablo Pérez colaborou cos guións.

En 2005 fixo ilustracións para unha campaña de publicidade de Ron Cacique. Nese mesmo ano foi invitada ao salón de Andenne e en 2006 ao de Angulema, polo stand do fanzine "L'inédit".

Despois de varias historias curtas para publicacións de difusión estatal como Dos veces breve (2006) e Los Reyes Elfos: Historia de Faerie 2, foi galardoada co premio ao Autor Revelación en Expocómic 2008. Ese mesmo ano, colaborou no proxecto de restauración do viaduto de San Pedro de Mezonzo (A Coruña), pintando a María Pita nunha das súas columnas. Tamén tivo a bolsa Lingua Cómica da Fundación Asef, que lle permitiu rematar unha banda deseñada no Xapón.

Recibiu unha oferta de Matt Gagnon, editor de Boom! Studios para realizar unha miniserie de 4 números. Deixou entón o estudio de arquitectura no que traballaba para centrarse na banda deseñada e produciu Hedex (2008) con Michael Alan Nelson no guión e Cris Peter na cor. Daquela xa era unha das estrelas do salón de banda deseñada Viñetas desde el Atlántico.

Nas Jornadas Internacionales del Cómic Villa de Avilés coñeceu a CB Cebulski, quen a puxo en contacto co editor de Marvel Comics e con quen realizou un fill-in para Runaways primeiro e despois unha miniserie do Doctor Extraño, escrita por Mark Waid.

Realizou unha adaptación do Amadís de Gaula para SM, con guión de Ricardo Gómez.

Vid: Emma Ríos

13 septiembre 2019

MARÍA JESÚS BLANCO PIÑEIRO

Unha información transmitida por Pilar Fernández Conde e que agradezo enormemente. Pilar pon no meu coñecemento a traxectoria de Chus Blanco Piñeiro unha das primeiras mulleres arquitectas. Naceu en O Carballiño e foi a muller de Jaime Quessada. Agora, xubilada da súa profesión, é a presidenta da Fundación Quessada na lembranza do seu fillo e home.

Chus Blanco Piñeiro titúlase como arquitecta pola ETS de Arquitectura de Madrid. É a cuarta arquitecta colexiada no COAG, no ano 1972 o que a fai ser pioneira en exercer a profesión.

Traballou no ámbito do exercicio libre, co arquitecto Fernando Blanco e funda o estudo GIAP a comezos de 1970.
Desenvolve a súa actividade inqueda e libertaria, con obra tanto individual como en colaboración con outros arquitectos.

Tamén estivo moi ligada á vida artística por Xaime Quessada e Javier Quesada, home e fillo dela.
Cóntase en Hai Mulleres de Facebook que os arquitectos lle dicían ao seu pai que como ía estudar a súa filla esa carreira pois era de homes e que a convertiría en soleirona pois o ingreso era case imposible e que a xente tardaba dez ou doce anos en superar ese ingreso saíndo os homes con 30 ou 32 anos.

O seu pai non fixo caso e ela marchou a Madrid e preparouse na academia para o ingreso. Recalca que era a única muller. Incluso o profesor lle indicou ao pai de Chus se estaba seguro de deixar alí á súa filla. O pai contestou que era o que quería a súa filla.

Como podemos observar, a vocación, ansias, fortaleza de Chus deu os seus froitos.

26 febrero 2018

RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS

Facemos unha nova entrada no blog mencionando a Dona Rita Fernández Queimadelos. Naceu na Cañiza o 12 de abril de 1911 pero estivo moi ligada á cidade de Ourense pois os seus pais, Domingo Fernández e Modesta Queimadelos, eran os comerciantes donos da Mercería La Modernista que estaba situada entre as rúas Calvo Sotelo e San Miguel. 

As súa infancia e adolescencia pásaa na cidade de Ourense. Fixo o exame de ingreso ao Instituto o 4 de xuño de 1922. Cursou os seis anos do bacharelato desde 1922 a 1928 todos pola opción oficial e obtivo unhas cualificacións notables e de sobresaliente nas materias de Xeografía xeral de Europa, Nocións de Aritmética e Xeometría, Xeografía especial de España, Aritmética, Alxebra e Trigonometría e debuxo no que ademais obtivo Premio. O 32 de agosto de 1928 solicita certificación académica para trasladarse á Universidade de Santiago (1)

Cando ten 17 anos marca a Santiago de Compostela coa súa avoa materna onde estuda Ciencias Químicas e Ciencias Exactas e tamén na materia de Debuxo  na Escola de Artes e Oficios. Aquí sería onde lle xorde a ela a vocación de arquitecta. Grazas ao apoio das avoas pode estudar Arquitectura en Madrid. 

Ao finalizar os estudos entra a traballar no Organismo DXRD. Ao casar e ter fillos abandona por uns anos a súa profesión. Trasládase a Murcia pois ao seu home trasladárono alí e ela vai a exercer de forma libre a súa profesión cos cargos de Arquitecto Escolar Provincial da Rexión de Murcia e Arquitecto municipal de Mula. Logo vai a Barcelona polo novo destino que vai tendo o seu home e alí, Rita, deixa a práctica profesional. Falece en 2008 á idade de 97 anos.
(1)Segundo datos do expediente académico consultado no AIOP)

04 abril 2012

MARÍA PILAR PRIETO ANTÓN

Naceu en Avión (Ourense) no ano 1953. Cursou estudos de Arquitectura e en 1977 comezou o seu labor investigador traballando en proxectos de iniciativa privada. Xefa da Unidade Departamental de Estudos e factibilidade en 1988 participa na reordenación urbana da cidade de México, concretamente nos Aneis Periféricos Arco Norte e Arco Oriente, Puentes, Paso a Desnivel e Reforma de Arquímedes Rubén Darío entre outras. É autora do libro Geometría III (Universidade La Salle) e intervén no proxecto e obra do edificio de Oficinas nos Campos Elíseos da Colonia Polanco (México, 1991) e en España no Centro de Rehabilitación Fisioterapeuta e Xeriátrico para a Unión Europea (Valencia). Dende 1991 imparte docencia na Universidade Nacional Autónoma de México. Recibiu o premio de Arquitectura en 2004.

O seu traballo e escritos foron publicados internacionalmente, incluíndo revistas como Volume, eVolo, Aglutinacións (Online), PIN-UP Magazine, libros da Tate Liverpool e do Ministerio de Vivenda de España e catálogos de exposicións da Fundación Marcelino Botín (como artista en residencia con Antoni Muntadas) e 2008 Culturas (Escenarios de Cambio) do Ministerio de Cultura de España. Desde 2004 María conduciu un proxecto de entrevistas sobre Arquitectura e Política cunha lista aberta de pensadores e artistas, entre eles Bruno Latour, Krzysztof Wodiczko, Chantal Mouffe (con Elise Youn), Olafur Eliasson e Elizabeth Grosz. 

Deu conferencias en Columbia University, Interactive Institute NVISION Studio, Medialab-Prado, a Escola de Arquitectura de Sevilla e a Fundación do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid, e presentado o seu traballo de investigación no MIT, Berkeley, Yale, a Bauhaus-Universität Weimar, IUAV Istituto dei Storia dei Architettura (Aula Tafuri), a Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC. María recibiu un Master of Science in Advanced Architectural Design-MSAAD da Graduate School of Architecture, Planning and Preservation de Columbia University e actualmente está a facer o seu doutoramento no Manchester Architecture Research Centre-MARC. Directora fundadora de ARCHITECTUREPUBLIC, unha axencia internacional de investigación para colaboracións arquitectónicas e editoriais, onde pretende instigar prácticas a man radicalmente e activamente para representar realidades vulnerables  na interacción entre o servizo público, a produción de coñecemento e a proxección da arquitectura.

Vid: Gran Enciclopedia Galega. Apéndice 2000-2005, nº 40, p. 147.
Vid: http://medialab-prado.es/person/maria_prieto
Foto: Propuestas in consultas


02 octubre 2010

TERESA TÁBOAS

Hai un blog interesante denominado mulleres de Vigo. De aí extraín esta información sobre Teresa Táboas. O motivo non é outro que o de considerar a Teresa Táboas tamén ourensá, e supoño que ela tamén o verá así, xa que os seus pais eran de O Carballiño e Beariz. Por tal motivo, e como o as persoas podemos ter vínculos moi próximos con moitos lugares pois a nosa vida así nos fai pertencer a diferentes sitios e cidades, pensei que a ela lle gustaría verse reflectida nun blog de mulleres ourensás. Teresa Táboas, filla de emigrantes ourensáns, naceu na Cidade de México no ano 1961. Desde o 15 de Maio de 2003, a conselleira de Vivenda e filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz, é decana presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galiza, sendo a primeira muller en acceder a ese cargo.Doutora Arquitecta coa Tese Doutoural dirixida polo arquitecto César Portela Fernández Jardón, titulada “ El Color en Arquitectura “ na que obtivo a cualificación de Sobresaínte ”Cum Laude”Colaborou durante 6 anos no Estudio do Arquitecto Cesar Portela Fernàndez-Jardòn ( Premio Nacional de Arquitectura).Traballou dous anos no Concello de Marín como arquitecto municipal.Funda no ano 1990 o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, desde o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.É conselleira titular do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos do Estado español, sendo a segunda muller que accede a este cargo desde que no ano 1931 se funda tan prestixiosa institución.É membro da Comisión de Vivenda do Consello Superior de Arquitectos do Estado español.Foi nomeada polo Consello Superior de Arquitectos do Estado español no ano 2.003, ante o Consello de Arquitectos de Europa con sede en Bruselas, membro das seguintes comisions: Taskforce for Urban Issues e Taskforce for Enviorment and Sustenaible Architecture. Vid: http://mujeresdevigo.blogspot.com/2009/01/teresa-tboas.html