Etiquetas

09 enero 2022

CARMEN FERNÁNDEZ MERINO

De novo unha muller ourensá que realizou estudos superiores universitarios titulándose en dúas carreiras, Farmacia e Ciencias, e tamén exercería a súa profesión.
 
Carmen naceu en Baños de Molgas en maio de 1926. Realizou estudos de Farmacia na Facultade de Santiago titulándose en 1947. Rexentará a farmacia de Baños de Molgas desde 1948 e formaría parte do Sindicato de Industrias Químicas, que foi creado en 1943 e que proporcionaba información ao sector e organizaba actos festivos o día do seu patrón Alberto Magno. Casou con Don Roberto Vázquez.
 
Carmen compaxinaría o traballo na farmacia cos estudos da carreira de Ciencias acadando o título en 1961.
 
Era irmá de Concepción Fernández Merino tamén farmacéutica.

Vid: La Noche, 28 de xaneiro de 1961; Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 225. (Foto extraída de Freire Quintas).