Calpurnia Abana é a primeira habitante da urbe auriense na época romana da que se teñen achado datos. A inscrición que proba a súa existencia pódese observar na réplica do catro aras votivas, situadas á dereita da antiga Burga de Arriba, fonte de estilo popular do século XVII. O catro aras testemuñan a presenza romana na época, pero destaca a primeira pola esquerda, que ten como obxectivo honorar ás ninfas destas augas e na que aparece o nome deste personaxe.
Só os personaxes que gozaban de gran relevancia pública eran quen de expor os seus nomes nos exvotos e ofrendas aos deuses.
Esta ara de granito foi descuberta en 1802 nunha horta xunto ás Burgas, mediante a apertura de cimentación para reparar o edificio moderno que alí se situaba.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. R.M.Cid Galante.
Mostrando entradas con la etiqueta ninfa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ninfa. Mostrar todas las entradas
03 mayo 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
