Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Fotógrafa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotógrafa. Mostrar todas las entradas

14 julio 2018

LUCÍA SUN


Naceu en Valencia pero criouse en Ourense, onde segue vivindo a súa familia É unha das grandes promesas da fotografía española e unha das que mellor retrata a intimidade feminina. Actualmente, expón "E todo comigo",  na que a través de fotografías e poemas relata o seu primeiro romance para falar de amor entre mozas. E, en breve, abrirá outra. Leva dous anos dedicándose á fotografía da moda.
A cidade que a viu crecer deulle "a base de todo", especialmente a Universidade Laboral, onde foi a estudar o Bacharelato de Artes, deixando atrás a súa etapa en Maristas. "Tiña moi claro ao que me quería dedicar", explica. E por iso foise a Madrid a estudar Comunicación Audiovisual con 18 anos.
Pero o que aprendeu na Laboral foi o mellor. Na carreira "tiña pouca práctica", pero que os seus coñecementos de fotografía "adquirinos todos na Laboral". E non só iso, senón que o ambiente dos compañeiros marcarana para sempre:  "A miña etapa na Laboral fíxome crecer como persoa".

Esta fotógrafa do mundo da moda está a tentar visibilizar o colectivo lésbico nese sector. E foi pregoeira no Orgullo de Madrid.


Vid: La Región

25 enero 2014

ESTHER SANTÁS

Esther Santás (Ourense, 1951) comezou a súa dedicación profesional á fotografía no ano 1990. Desde entón, a súa obra foi exposta en mostras individuais e colectivas de galerías e centros de arte de León, onde vive, e outras cidades españolas. Presidiu e pertence ao colectivo de fotógrafos leoneses Focus. O seu traballo, polo que recibiu numerosos premios, foi publicado en diversos catálogos e revistas.
Vid: Fundación Giner

12 noviembre 2013

EVA CASADO

Eva naceu en Allariz. Realizou estudos superiores de fotografía e considera a fotografía como un medio para transmitir os seus recordos, as súas imaxes e, en definitiva, algo que pode transformar a súa vida. Ten influencia de importantes fotógrafos. Actualmente dedícase á fotografía profesional e está afincada en Madrid.
Vid: Eva Casado

03 abril 2011

MANUELA SABURIDO VÁZQUEZ

Rafael Salgado no seu estupendo libro "Achegamento á historia da fotografía en Ourense" fai unha pormenorizada reconstrución da vida e instalación dos fotográfos en Ourense. O libro resalta a Manuela Saburido Vázquez, dona do "minuteiro" Lisardo Mazaira López. Os dous naceron en Lugo e trasladáronse a Ourense onde conseguen dous barracóns que o Concello tiña na Alameda e alí exercían a fotografía. Cando Lisardo se traslada a un local preto do Hotel Barcelona, Manuela, que segundo Rafael sería a primeira minuteira de Ourense, decide continuar coa súa vella cámara na Alameda. Vid: Salgado, Rafael, Achegamento á Historia da fotografía en Ourense (1856-1940), Deputación Provincial de Ourense, 2011, pp.160-161. Foto: Idem