Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Marquesa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Marquesa. Mostrar todas las entradas

25 abril 2015

MARÍA LUÍSA ZARAUZA Y ANDINA

Era a filla de María Andina y Pérez-Vizcaíno e de N. Zarauza. María Luísa casou co marqués de Alta Gracia, Don Antonio Alés y Reinlen, que nacera en Madrid pero que veu a Ourense como arquitecto. Foi nomeado presidente da Deputación de Ourense o 29 de agosto de 1959. Permaneceu no cargo até abril de 1970. Foi presidente do Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1959-1970). Foi procurador en Cortes (1959-1970) en representación da Deputación de Ourense. Como arquitecto construíu o edificio A Torre de Ourense (1961). Recibiu a Gran Cruz de la Orden del Mérito civil en 1970.

María Luísa, Marquesa de Alta Gracia, foi a que patrocinou a publicación de Canciones Gallegas con 34 poemas musicados e cantados e que lle foi dedicado ao crítico ourensán Antonio Fernández Cid. O estreno foi o día 26 de xullo de 1958 con motivo da inauguración do Conservatorio de Música de Ourense.

Vid: CABAÑAS ALAMÁN, F. , Antón García Abril. Sonidos en libertad, Ediciones del ICCMU, Madrid, 1993, p. 56.
Xenealoxía
Wikipedia Antonio Alés


04 mayo 2014

RAMONA PARDO DE FIGUEROA Y SARMIENTO

Condesa de Maceda. O Condado de Maceda é un título nobilario concedido polo rei Felipe IV  en 1654. Dona Ramona ostentou o título no período de 1808 a 1838. Foi a novena condesa de Maceda e a novena vizcondesa de Laisosa; VIII vizcondesa de Fefiñans e VI marquesa de Figueroa. Casou con Juan José Caamaño y Pardo.
Vid: http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/araspardo_archivos/pardofigueroa.htm
Wikipedia

01 abril 2013

CARLOTA BARROETA-ALDAMAR

Segundo a lectura do estudo realizado por Francisco García Sánchez atopamos a referencia desta muller. Carlota Barroeta Aldamar era a consorte do marquesado de Trives casada co marqués Nicanor Alvarado Casanova, froito deste matrimonio naceu Jacinta Alvarado e Barroeta-Aldamar a que sería segunda marquesa de Trives. 

Carlota tivo un importante papel como impulsora de iniciativas de carácter cultural, sentíndose unida á problemática de Trives. 

Cando falece o seu home o 16 de xullo de 1896 (atópase enterrado na Poboa de Trives)  ela continúa as iniciativas que o defunto marqués deseñara, isto é, continúa a loita que mantivera Nicanor para lograr que o ferrocarril pasara pola vila. Posteriormente esta preocupación tamén pasou ser da súa filla  pero tampouco tivo éxito.

Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexenio á II República (1868-1939)", Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 53.

02 mayo 2010

MARÍA LUÍSA MALDONADO E ALVARADO

Filla de Dona Jacinta Alvarado e Fernando Maldonado. Terceira marquesa de Trives, casada con Don Evaristo Correa Calderón, escritor e periodista falecido en 1986. Dona María Luísa (tamén en Trives se fala de Dona Amalia Maldonado e Alvarado) din no pobo que é descendente da Infanta Catalina Micaela, filla de Felipe II. O marquesado foille concedido á familia polos servizos prestados á Coroa en 1875. 

Vid: O Xornal, 2 de maio, 2010.

JACINTA ALVARADO-BARROETA ALDAMAR

Segunda marquesa de Trives (marquesado fóralle concedido ao seu pai e nai por RD de 1875. Ver Revista Hidalguía número 66. Año 1964 ), casou con Fernando Maldonado y González de la Riva, sexto marqués de Castellanos e segundo vizconde da Hormaza. Do seu matrimonio naceu María Luisa Maldonado y Alvarado, terceira marquesa de Trives, e sétima de Castellanos. 

O seu protagonismo céntrase en diversos cargos simbólicos, pero que dan proba do seu apoio a cultura comarcal. Outorgáselle a presidencia de honra do Orfeón Courtier, ademais impulsa o papel da muller en Trives, creando unha asociación de veciñas que se reunían no edificio das monxas Josefinas. Ademais foille cedida a presidencia da cofradía do Cristo, que anteriormente tivera o seu pai. 

Co seu matrimonio con Fernando Maldonado y González de la Riva, viuse acrecentada a riqueza do marquesado, ademais a familia adquire un novo marquesado e un vizcondado. Un dos poucos intentos que a marquesa desempeña dentro do eido político foi acadar o ferrocarril para o municipio, o igual que fixera o seu pai. Neste senso estivo axudada por Heliodoro Gallego Armesto, coñecedor desta temática. 

A marquesa morre en Madrid no ano 1921 sendo enterrada no panteón do marquesado da igrexa parroquial do municipio.

Vid: O sil (Mayo/08)

01 mayo 2010

ANGELITA SANTAMARINA (ANGELITA VARELA)

Angelita Varela, Marquesa de Atalaya y Bermeja, en realidade apelidábase Santamarina por ser filla do fidalgo Ramón Santamarina (desde a inclusa en Ourense a emigrado en América, onde logrou enorme fortuna), quen ao falecer a súa esposa envía aos tres fillos a Ourense para ser criados pola súa irmá Dolores, que estaba casada con D. Antonio Varela (de aí Angelita Varela). 

Pola súa propia experiencia orfa levantou no Couto un edificio nobilísimo para a educación de orfas, sendo o seu arquitecto Vázquez Gulías, quen contou co consello e a opinión de dous bos amigos e veciños do Couto como foron Jesús Soria e Marcelo Macías, pero sobre todo coa absoluta implicación e gusto persoal da propia Angelita. 

O obxectivo desta fundación era recoller ás nenas desde o cinco anos e permanecerían durante quince anos no Asilo onde se lles daría unha educación primaria e formación cristiá, e ademais ensinaríaselles a lavar, pasar o ferro, bordar, servir a mesa e cociñar. 

Esta capela do Santo Anxo, pequena catedral, conta cunha marabillosa obra de  Asorey, que é o sepulcro onde foi sepultada Dona Dolores, cunhas vidreiras incribles, e un dos mellores museos privados de España. 

A Marquesa boa, como a chamou Basilio Álvarez, foi muller pioneira e impulsadora da cultura.

Foto: Vida Gallega, nº 278, xuño 1925.


Recorte de prensa de: La Noche : único diario de la tarde en Galicia: La Noche - Año XXXVII Número 11018 - 1956 julio 7 (07/07/1956)

Vid: http://www.elcercano.com/mod_seguros/visualizar.php?id=2840

20 marzo 2010

PURIFICACIÓN PARDO CASTRO DE RIESTRA

Dona Purificación Pardo Castro de Riestra naceu en Ourense o 7 de setembro de 1905 e era filla dos Marqueses de Leis, Isauro Pardo e María de la O Castro y Garcés de Macilla que aínda que non eran oriúndos de Ourense si tiñan numerosas propiedades entre as que se contaba a casa blasonada da Barrera.

O marquesado herdouno o fillo do matrimonio, José Ramón, pero tras un accidente de aviación en 1958 o título pasou á súa irmá Purificación.

Purificación estudou no Instituto de Ourense. Fixo o exame de ingreso o 27 de setembro de 1915 e matriculouse por oficial en tres cursos nos que obtivo nove sobresalientes con premio. O 9 de xaneiro de 1919 solicitou un certificado para o Instituto Cardenal Cisneros, colexio que se instalou nunha das casas dos Marqueses de Leis na Barrera.

Purificación tiña unha irmá, Rosa, que naceu en 1908 e fixo o ingreso no Instituto o 10 de xuño de 1918. Tan só estivo un ano pois, igual que a súa irmá, trasladaríase ao Colexio Cardenal Cisneros.

Na fotografía vemos a Purificación cando tiña trece anos e xa cursara o primeiro ano no Instituto destacando as súas cualificacións.

(Fonte: Foto Pacheco. Purificación Pardo aos 13 anos. Vida Gallega, 30 de outubro de 1916)


Casou en agosto de 1927 na Capela de Carmen de Salcedo con Don Ignacio Riestra Calderón, nacido en Pontevedra en 1903, da cuarta xeración dos Marqueses de Riestra. En 1935 naceu a súa filla Rosa. 

Dona Purificación foi Madriña da Bandeira del Somatén. A institución armada Somatén foi creada en época de Primo de Rivera e tiña como finalidade dar apoio ao réxime. Pois ben, normalmente nomeábase unha Madriña de honra e esta recaeu en Dona Purificación Pardo Castro de Riestra. 

Cando casou co marqués trasladáronse a Madrid a residir e morreu aos 91 anos, en 1995.

Foto: La Región, 4 de xuño de 1929.
Vid: Cid Galante, Rosa María. Consultados o expedientes académicos de Purificación e Rosa Pardo para a Tese de Doutoramente.