Etiquetas

15 julio 2022

MARÍA LORENZO MARTÍNEZ

Naceu o 15 de outubro de 1917 en Lobios, Ourense. Seu pai era Antonio Lorenzo Rodríguez, natural de Ourense e veciño de Fondevila de Lobios. Súa nai era Jesusa Martínez Carballás que era de Calvos de Randín. 

O 1 de xuño de 1932, aos 15 anos, realizou a proba de ingreso no Instituto ourensán para logo matricularse nos cursos de bacharelato que finalizou en 1936.

En 1939, cando tiña 22 anos, matricúlase por oficial na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago. En 1943 remata os estudos e licénciase. Desde entón inscríbese no Colexio de Farmacia e comeza a traballar como titular na farmacia de Lobios. 

Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Rosa María Cid Galante, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156; Laura Quintas, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 236. (Foto extraída de Freire Quintas).