Etiquetas

01 mayo 2022

MESTRAS AFILIADAS Á ASOCIACIÓN DE TRABALLADORES DE ENSINANZA DE OURENSE (A.T.E.O)

Hoxe é bo día para lembrar a creación dunha Asociación do maxisterio ourensán que tiña a ilusión de modernizar o ensino e cambiar a sociedade para facela máis igualitaria.

A Asociación de traballadores de ensino de Ourense creouse o 31 de maio de 1931 e era unha asociación que avogou por unha ensinanza moderna, totalmente laica, e por un maxisterio profesional e ben formado nas novas pedagoxías activas. Apostaban por uns ideais de esquerda, manifestamente socialistas. O seu primeiro presidente foi Albino Núñez e, en 1932, o cargo pasaría a ser dempeñado polo mestre Luís Soto Fernández .

Aínda que as mestras non eran moi proclives a formar parte das Asociacións de mestres, pois non adoitaban ser reivindicativas e se acomodaban ao rol dun maxisterio entregado e abnegado, si houbo casos de mestras que a comezo de século se inscribiron nas Asociacións de Mestres de primeira ensinanza (algunhas formaron parte das súas directivas), tamén na Liga de mestres rurais e, por suposto, na Asociación Católica que era a que máis mestras integraba. Mais a ATEO tiña un cariz diferente ás outras organizacións, pois se aquelas eran bastante neutras e actuaban con certa lenidade coa administración, a ATEO foi combativa e moi reivindicativa e, por suposto, moi comprometida. Por tal motivo é un fito importante que algunhas docentes se afiliaran a ATEO, aínda que só supuñan o 7 % do total de inscricións de docentes que viña sendo de 275, pois, como digo, escapaban do perfil tradicional e conservador das mulleres da época. As asembleas celebrábanas da Casa do Pobo situada na rúa do Progreso e alí debatían asuntos diversos sobre ensino, organización de certames pedagóxicos, cursiños, asistencia a Congresos, etc. Tamén contaban coa publicación Escuela de Trabajo (logo cambiarían o nome da revista a Escuela del Trabajo e logo ATEO) onde os militantes podían publicar sobre asuntos varios. Dita asociación integraríase tamén na FETE en 1933.

(Fonte: Proxecto da Casa do Pobo de Ourense, Acción Socialista, 26 de setembro de 1914.)

Eu quixera resaltar nesta entrada o nome de todos os integrantes da ATEO, mestres e mestras, que tiveron a ilusión non só de cambiar a escola, senón tamén de cambiar a sociedade. Todos eles, van sufrir a represión franquista e van ser depurados. De inmediato, o 4 de agosto de 1936, recentemente comezada a guerra, ditouse un edito da Comandancia militar a cargo do teniente Luís Soto Rodríguez co listado dos integrantes de ATEO condenándoos e acusándoos de socialistas, comunistas e prosoviéticos e indicando a sanción que se lles impuña a cada afiliado e afiliada. Por resumir: os que foran cargos directivos foron apartados do ensino e dados de baixa no escalfón (un total de 20);  e os demais membros, uns foron inhabilitados ou tamén apartados do ensino; outros desterrados fóra da provincia por dous ou cinco anos, segundo o caso,conlevando tamén a  perda e emprego e soldo temporalmente;  outros foron desterrados dentro da provincia a pobos moi afastados con prohibición de pedir vacante durante un período de dous a cinco anos e con suspensión de soldo e emprego; e logo ao resto dos integrantes foron suspendidos de emprego e soldo por un período de tres meses.

En canto ás afiliadas á ATEO en 1936 a sanción imposta foi:

María Bouzas Pérez, era membro da directiva e  foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Delia Osorio Otero, era membro da directiva e foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Carmen López Bello, era membro da directiva e foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Cleofé Osorio Otero, foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Elisa Reigada Pérez foi suspendida de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fóra da provincia. Foi destinada á Valvonilla na provincia de Burgos.
Carmen Ferreiro Tizón, foi suspendida de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fóra da provincia. Foi destinada ao pobo de San Martín de las Ollas, provincia de Burgos.
Digna Portabales Fernández foi suspendida de emprego e soldo por tres meses e traslado dentro da provincia. Foi trasladada ao pobo de Reigada en Manzaneda.
Dosinda Pereira Yañez foi sancionada con traslado forzoso dentro da provincia por un período de dous anos. Foi destinada á escola de Barcia, en Melón.
Dolores Casasnovas Cid foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.
Elisa Fernández Rodríguez, foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Dorinda Mesa Villar, foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
María Ángeles Barbosa Rodríguez,foi suspendida de emprego e soldo por tres meses e logo enviada á escola de A Veiga por un período de dous anos e inhabilitada para exercer cargos directivos.
Josefa Fernández Álvarez foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Concepción Docampo Salinas, foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Sara Pellón Cibeira foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Ramona Iglesias Novoa foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Elena Serrano Gándara foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
María Amparo González Pereira foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Carmen Fernández Lorenzo foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.

(Sobre a traxectoria de todas elas estou elaborando un libro con vistas a publicarse e que leva por título "As mestras da ATEO, no compromiso de ensinar e reivindicar".)

Na memoria da nosa historia escolar están:

Elixio Núñez Muñoz

José Reinoso Outomuro

Ignacio Herrero Fuentes

Máximo Montero García

Adolfo Rodríguez Ansias

Diosdado San Juan

Amadeo López Bello

Antonio Paz Conde

Celso Vila Rodríguez

José Sánchez Regalado

Armando Pompillo Fernández Mazas

Manuel Hidalgo Asoler

Patricio Arce Sustilla

Serafín Rodríguez Rodríguez

José Camilo Soto Losada

Ramón Arias Rodríguez

José Pérez Levices

María Delia Osorio Otero

Rafael Alonso Rodríguez

José Pérez Alonso

María Bouzas

Leopoldo López Teijeiro

Luís Bazal Rodríguez

Ramona Iglesias Novoa

Argimiro Quintairos Baliñas

Perfecto Ferreiro Prol

Leonardo Darriba Conde

Francisco Sierra Rodríguez

Manuel Seijo Faílde

Serafín Álvarez Fernández

José R. Fernández Ojea

Eugenio Álvarez López

Albino Núñez Domínguez

Anacleto Casas

Isidoro Cid Rivo

Juan Lacomba Guillete

Luís Soto Fernández

Avelino Batán Guerra

Heriberto López Bello.

Antonio Guzmán

Ceferino Pérez Gorostiaga

Germán Liberal Gimenez

Juan Bautista García Araújo

Enrique López Medina

Ramón Barrio Feijóo

Antonio Feijóo Martínez

Manuel Paz Paz

Carlos Vázquez Ramos

Julio Castelao Bernárdez

Santos Fernández Vidal

Fernando Díaz Burgos

Federico Daniel Darriba

Manuel Luís Acuña

Leopoldo Rodríguez Torres

Abel Carbajales Gutierrez

Antonio Gómez Buillón

José Borrajo Franco

Braulio Santos

José Tarazona

Antonio Feijóo Martínez

Lisardo Mosquera Diéguez

Manuel Rodríguez Iglesias

Antonio Sánchez González

Alonso Calviño Muñoa

Sergio Fortes

Digna Portabales Fernández

Elías Salinas Carballás

Arturo Martínez Nóvoa

José Bernárdez Fernández

Evaristo Suárez Alberte

Pedro Toimil Ferrer

Cesáreo Feijóo Soto

Enrique Diéguez Méndez

Elena Serrano Gándara

Isidro Prieto

Antonio Pérez

Aurelio Tesouro Fernández

Luís Canal Freire

Vicente Pérez Frieiras

Manuel García Pas

José Chinchilla Baeza

Gonzalo Polo Plata

José Manuel Blanco Robleda

Francisco Santalices Díaz

Baltasar Vázquez Fernánez

Mario Domínguez

Emilio Lois Cerviño

Manuel Vidal Portela

José Murias Cantón

Arturo Fernández

Raimundo La Llana Guzmán

José González Rodríguea

Antonio Navarro

Manuel Rubio Jaén

Luis Toimil Ferrer

Alejos Álvarez Nóvoa

Ismael Luis Navarrete

José Canal Freire

Hermógenes Bouzas Vila

Juan González López

Francisco Torío Rodríguez

Eugenio López Pereira

Manuel Sueiro Iglesias

Perfecto González Ferreiro

Manuel Losada Sueiro

Francisco Lorenzo Rodríguez

Eloy Sobrino Villar

Manuel Gómez Souto

Aquilino Penedo Bernárdez

José María Sousa

Celso Baratta Ogea

María Amparo González Pereira

Fernando Álvarez Rodríguez

Tomás Vila Fernández

Julio Gómez Rodríguez

Alfonso García Rojo

Antonio Martínez Martínez

Luís Acuña Núñez

Manuel Llamas

José Palma Palma

Fernando del Río González

Elisa Reigada

José Manso Saborido

Roberto Panero Fernández

Manuel Cárdenas Menguado

Manuel Polo Márquez

Manuel González Álvarez

Enrique Iglesias Delgado

Marcelino Vázquez Rodríguez

Agustín Pereira

Cándido Vidal Bravo

Sebastián López Santos

Nabor Méndez Alberte

Manuel Lorenzo Rodríguez

Eladio Fernández Melón

José Mora Bautista

Juan A. Nogueira Fabello

Benito Alonso

Emilio Seco Carchena

José Pena

Enrique Castro Rodríguez

Antonio Villagarcía

Perfecto Gil Blanco

Manuel Tejada Guerrero

Ramón González López

Manuel M. Vilarchao Romosanta

César Ferreiro Vidal

José Álvarez Rodríguez

Eduardo López Otero

José Gallego Pérez

Antonio Iglesias Vázquez

Carmen López Bello

Elisa Fernández Rodríguez

Joaquín Suárez Dopazo

Manuel Nóvoa González

María Cleofé Osorio Otero

Ricardo Candel Yedo

Miguel Fernández Carnero

Eligio Álvarez Rodríguez

Celso Gómez Dopazo

Manuel Viso Fernández

Manuel Vázquez Nóvoa

Ramón Méndez Real

José González Rodríguez

Benito Álvarez Fernández

Ricardo Penín Garrido

Manuel María Álvarez

Antonio Canido Rodríguez

Pedro Gil Raiz

Eliseo Enríquez Pérez

Eladio Garrido Losada

Lorenzo Vázquez Crespo

Modesto Jaime Feijóo

Luís Romero Hermida

José Varela Pérez

José Agustín Álvarez

José Rivera Álvarez

José Pardo Babarro

Felisindo Gómez

Emiliano Balsa Prieto

Constantino Barros Arca

Carmen Ferreiro Tizón

Dorinda Mesa

Ubaldo Gómez Rodríguez

María Ángeles Barbosa

Joaquín Méndez

Pedro Rodríguez Ramos

Delmiro Lorenzo Gómez

Argemiro Gándara

Aurelio Álvarez Gómez

Francisco Álvarez Casares

Eduardo Metxengo Pereira

Atanasio Álvarez Losada

Eduardo Santiago García

Isolino Camba Casas

Carlos Lamas

Antonio Dopazo Fernández

José Manuel Salgado

Dosinda Pereira Yáñez

Antonio Rodríguez Rodríguez

Victorino Fernández Prieto

Manuel González González

Apolinar Rivas Castro

José Rodríguez González

Enrique García Dios

Gustavo Martínez Rodríguez

Guillermo Ramos San Millán

Eladio Marcos Rodríguez

Manuel Conde Álvarez

José Benito Valeiras

Eduardo Valvís

José Ramón Campos

Fernando Méndez Real

Francisco González de la Encina

Manuel Martín Paula

Ambrosio Prada Vázquez

Evaristo Outeiriño Gil

Antonio Navarro Laso

José Anta García

Manuel González González

Josefa Fernández Álvarez

Manuel Prieto Salgado

Ramón Rivero Hervella

Augusto Tejada Salgado

Secundino Mesa Villar

Agustín Pereira Souto

Cándido Araújo Vázquez

Castor Álvarez

Enríquez Santos García Rivas

Alemundo Vidal García

Herminio Fernández Rodríguez

Eduardo Villot Canal

Rafael Silva Seoane

José Vázquez Ledo

José Lorenzo Aviñoá

Mariano Alemparte

Jesús Severino Rodríguez

José González Álvarez

Castor Rivera Álvarez

Antonio Sánchez Ruíz de la Canal

Juan Penín

José Freire Domínguez

Félix Salgado del Moral

Carlos Álvarez López

Jacinto Zunzúnegui Freire

Enriquez López Gutiérrez

Concepción Docampo Salinas

Manuel Mingot López

José Sobreira Fernández

Angel Martín Castaño

Rufino Rodríguez Fernández

Rafael Paradelo Alfonso

Sebastián Vázquez Álvarez

Antonio Fernández Vences

Luís García Rech

Cándido Pérez

Dolores Casasnovas Cid

Perfecto Rodríguez

Agustín Salgado Pavón

Luciano Cores

Raúl González Gómez

Francisco Martínez Pelayo

Manuel Reinoso Outomuro

José Luís Bouzas

Manuel Quesada Vázquez

Camilo Palmeira Fernández

Álvaro Merino Pérez

Carmen Fernández Lorenzo

Sara Pellón Cibeira

Sindo Núñez Muñoz

Cándido Rodríguez Pazos

Marcial Guede Pérez

Ramón Fajella

Abelardo Pato González

Juan Ausin Nogueira

Hipólito S.Luengo (era o director da ENLO, non estaba afiliado á ATEO pero simpatizaba coa Asociación)


(Elaboración propia a partir de fontes periodísticas desde 1936 a 1940. A prensa foi un medio empregado para facer públicas as sancións ao maxisterio polo que este quedaba en evidencia ante a sociedade. Por outra banda tamén provocaba un efecto coercitivo para o resto dos mestres e mestras que non foran sancionados amosándolles o que podería pasarlles en caso de que actuaran contra os principios da ditadura. Tamén se consultou a Revista Escuela deTrabajo no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Vid: "Resolución dictada por la Comandancia militar de Orense", La Zarpa, 4 de agosto de 1936, p. 5; "Los maestros extremistas" El Pueblo Gallego, 4 de agosto de 1936, p. 7; "Información al magisterio" La Región, 14 de xuño de 1938, p. 2; "Relación de maestros que han sido sancionados, La Región, 6 de maio de 1940; "Información del magisterio", La Región, 16 de xullo de 1940, p. 7 "Relación de maestros sancionados, La Región, 15 de decembro de 1940, p. 1; ).