Etiquetas

23 abril 2023

LUÍSA CEBRIÁN BUSTOS

Naceu en A Rúa o 9 de abril de 1896 e o 7 de xuño de 1913, cando tiña 17 anos, realiza a proba de ingreso no Instituto ourensán. Finalizados os estudos na Normal onde foi premiada con matricula de honra, presentouse ás oposicións superándoas en 1920 e logo  comezou a exercer sendo un dos seus primeiros destinos a escola de nenas do pobo Feira do Monte en Cospeito.
Casou con  Herminio Anllo Muinelo e tiveron dous fillos, Augusto que estudou mediciña, e Herminio que estudou avogacía.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de Doutoramento; e outros datos da Hemeroteca Galiciana. Foto Pacheco: Vida Gallega, 15 de marzo de 1917, p. 21.