Era filla de Manuel Lorenzo Gil, natural de Ourense e Inspector de Primeira Ensinanza destinado en Lugo e de Luísa Salgado, tamén ourensá.
Cursou estudos de bacharelato no
Instituto de Lugo, onde obtivo o título en 1929. Ao ano seguinte, en 1930,
contraeu matrimonio con Emilio Boquete Pazos, porén, este feito non interrompeu
a súa formación superior. Continuou os seus estudos na Universidade de Santiago
de Compostela, onde se licenciou en Filosofía e letras no ano 1933. Ao longo da
súa traxectoria académica, destacou polo seu rendemento, obtendo diversas mención
e pemios honoríficos. [1]
Grazas ao seu brillante expediente,
ese mesmo ano foi seleccionada como bolseira para asistir á Universidade
Internacional de Verán de Santander, une espazo de intercambio intelectual auspiciado
pola Segunda República.
A súa carreira
profesional estivo estreitamente ligada ao mundo do libro e a xestión cultural na
provincia de Ourense En 1945 foi nomeada bibliotecaria do Instituto de Ourense.
Exerceu como directora da Biblioteca Pública da cidade, asumindo a xestión
dunha das institución culturais máis importantes de Ourense. Posteriormente,
foi designada Directora do Padroado do Centro Coordinador de Bibliotecas da provincia.
No exercicio do
seu cargo como directora, destacou pola súa iniciativa didáctica. Un exemplo
disto foi a xornada organizada o 2 de d ecembro de 1955, na que coordinou unha
excursión con alumnado do do Instituto, da Escola Normal e do Colexio Calvo
Sotelo para visistar os obradoiros do xornal La Región. A crónica do momento recollía así a noticia:
A primera hora de la tarde de ayer, han hecho una visita en los Talleres de nuestro periódico, los estudiantes que han tomado parte en el segundo curso organizado por la Inspección regional de Bibliotecas del Noroeste de España. Constituían un nutrido grupo entre alumnos del curso Preuniversitario del Instituto de Enseñanza Media de la capital, alumnas de la Escuela Normal del Magisterio y otros del Colegio Menor Calvo Sotelo, así como varios estudiantes de Filosofía y Letras. Al frente de ellos venía la señorita Carmen Lorenzo Salgado, diectora de la Biblioteca provincial de Orense y directora asimismo del citado curso, con motivo de cuya conclusión hcieron esta visita...[2]
O seu obxectivo prioritario foi sempre descentralizar o acceso á cultura e levar a lectura a todos os recunchos da xeografía ourensá. Neste sentido, impulsou decididamente a creación de bibliotecas en numerosas vilas da provincia, como Xunqueira de Ambía, Xinzo, Bande, Ribadavia, Viana do Bolo, Entrimo ou Cortegada, as cales foron inauguradas a finais dos anos sesenta e comezos dos setenta. A propia Carmen encargábase persoalmente de inspeccionar os locais destinados ás bibliotecas que se ían abrir.
Xunto
con esta actividade na biblioteca, xestionou tamén 26 axencias de lectura e 100
«maletas viaxeiras», que permitían facer chegar os libros a puntos onde non
existía unha infraestructura fixa. Co firme empeño de que a cultura fose un ben
universal, organizou en 1972 o servizo de bibliobús, dotado de fondos de todas
as materias para o goce da ciudadanía en calquera lugar da provincia.
A
máis de todo isto, tamén se vinculou á educación de adultos. En 1965, cando a
Inspección de Ourense organizou a Campaña
de Promoción Cultural de Adultos co fin de formar o profesorado en labores
de alfabetización, Carmen Lorenzo xogou un pape clave. Máis alá das charlas
teóricas, organizou visitas ás instalación da Biblioteca Provincial nas que
explicaba polo miúdo o funcionamento dos fondos, o arquivo e o sistema de
préstamos itinerantes. Nestes encontros, solicitaba activamente a colaboración
do maxisterio baixo a premisa de que «el
libro llegue al último rincón de España».
Traballou intensamente
para que a Biblioteca Provincial tivese un numeroso e diverso fondo
bibliográfico e consolidou un eficiente servizo de préstamo.
[1] A.H.U.S., Expediente persoal de Lorenzo Salgado, Carmen. Cartapacio 752. Exp. 1.
[2]"Estudiantes de visita en los talleres de La Región", La Región, 3 de decembro de 1955, p. 3.
Vid: La voz de la verdad, 22 de outubro de 1929, p. 3; La voz de la verdad, 1 de outubro de 1933, p. 4; La voz de la verdad, 25 de abril de 1933, p. 4; Vida gallega, 31 de marzo de 1930, p. 42; El pueblo gallego, 3 de outubro de 1965, p. 12; La Región, 29 de abril de 1966, p. 30; La Región, 10 de febreiro de 1971, p. 5; La Región, 17 de outubro de 1972, p. 10. Bande, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005, Vigo, Galaxia, 2010, p. 214.
Vid: La voz de la verdad, 22 de outubro de 1929, p. 3; La voz de la verdad, 1 de outubro de 1933, p. 4; La voz de la verdad, 25 de abril de 1933, p. 4; Vida gallega, 31 de marzo de 1930, p. 42; El pueblo gallego, 3 de outubro de 1965, p. 12; La Región, 29 de abril de 1966, p. 30; La Región, 10 de febreiro de 1971, p. 5; La Región, 17 de outubro de 1972, p. 10. Bande, E., Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005, Vigo, Galaxia, 2010, p. 214.
