Foi unha médica especializada en odontoloxía que desenvolveu a súa carreira profesional principalmente nas provincias de Ourense e Lugo, en Galicia, contribuíndo ao desenvolvemento da práctica odontolóxica na posguerra e nas décadas seguintes do século XX.
Tras os estudos de primaria cursou o bacharelato no Instituto de Ourense, e o 8 de setembro de 1939 certifica o pagamento dos dereitos para a expedición do Título de Bacharel.Após realiza o exame de ingreso á Facultade de Medicina da Universidade de Santiago e, por conseguinte, solicitou o pase do seu expediente á Facultade de Medicina, confirmando, deste xeito, que o seu acceso foi completamente regulamentado e oficial.
As cualificacións que aparecen son maioritariamente notables o que indica un rendemento académico sólido, especialmente destacable nun contexto no que as mulleres eran aínda minoría na universidade.
Tras completar estes estudos solicitou o trasladado a la Universidade de Madrid el 28 de outubro de 1942. Isto encaixa perfectamente coa traxectoria de moitas persoas que iniciaban Medicina e logo se especializaban noutros centros que dependían academicamente da Facultade de Medicina. Estudou na Escola de Estomatoloxía da Facultade de Medicina, a única institución en España que ofertaba formación en odontoloxía naquela época. Alí atopouse con outras seis mulleres sendo maiormente homes os que conformaban o alumnado. Nela Obdulia acadou o título de odontóloga en 1945.
Xa titulada, Obdulia Nogueira Santana regresou a Galicia, onde comezou a exercer a odontoloxía en Ourense xunto coa súa irmá Nieves, coa quen abriu unha clínica no barrio da Ponte. Ademais de atender consultas na clínica, tamén desprazábanse a localidades próximas, como A Trives, os días de feira para prestar servizos sanitarios odontolóxicos.

Logo de décadas de práctica privada, Obdulia traballou como odontóloga para a Seguridade Social entre 1984 e 1987, ano en que se xubilou.
Ademais do seu labor sanitario, Obdulia estivo involucrada en diversas actividades comunitarias e empresariais. Ademais, mantivo interese pola actualización profesional asistindo con frecuencia a congresos relacionados coa súa especialidade.
A traxectoria de Obdulia Nogueira Santana representa un exemplo destacable de perseveranza e superación nun contexto histórico no que a presenza das mulleres nos ámbitos universitarios e profesionais —especialmente nas ciencias médicas— era aínda minoritaria.
Obdulia faleceu o 12 de febreiro de 2012 en Lugo.
[1] A.H.U.S., Expediente persoal de Nogueira Santana, Obdulia, Cartapacio 932, Exp. 21 (001).Elaboración propia a partir de, Vid: A.H.U.S, Expediente persoal de Nogueira Santana, Obdulia, Cartapacio 932, Exp. 21; Pioneiras – Pioneiras de Ciencias de Lugo. (2024). Pioneirasdecienciasdelugo.gal website: https://pioneirasdecienciasdelugo.gal/pioneiras/ (Consultado o 1 de febreiro de 2026). (Fotografía foi extraída de Pioneiras de ciencias de Lugo e modificada a debuxo a lapis.)
