Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. R.M.Cid Galante.
Mostrando entradas con la etiqueta Oficios tradicionais das mulleres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oficios tradicionais das mulleres. Mostrar todas las entradas
20 diciembre 2012
PERENA
Era de Portomourisco, Petín. Dedicábase á oleiría. Foi das derradeiras oleiras deste lugar, un lugar onde era habitual que as mulleres se dedicasen a este oficio.
03 noviembre 2012
AS CASTAÑEIRAS
As castañeiras eran aquelas mulleres do Ourense dos anos trinta e corenta que acudían á cidade no inverno ofrecendo castañas frescas. Segundo Xaquín Lourenzo, o forno, chamado fornalla, para asar as castañas facíano enchendo un caldeiro vello de ladrillos e barro, cun buraco na parte inferior,que facilitaba a combustión. Levaba un enreixado de ferro para evitar que caíse o carbón e na parte superior poñían a tixola de lata para asar as castañas.
Montaban o seu "negocio" nun portal ou á intemperie, en calquera recanto apropiado, acendían o lume, axudándose dun abano e, feitas as amoxegadas ás castañas, poñíanas na tixola movéndoas de vez en cando. Ao irse asando botábanas nunha cesta cuberta de sacos para conservalas quentes. Algunhas castañeiras montaban un pequeno local onde vendían froita e castañas asadas ou crúas.
Na nosa cidade temos unha homenaxe ás castañeiras na fermosa representación escultórica de Xosé Cid realizada en bronce.
Cando non era a época das castañas, algunhas castañeiras vendían tamén froita alquilando un pequeno local.
Vid: Lorenzo, X. Historia de Galiza, Vol 2, Buenos Aires, 1962.
Montaban o seu "negocio" nun portal ou á intemperie, en calquera recanto apropiado, acendían o lume, axudándose dun abano e, feitas as amoxegadas ás castañas, poñíanas na tixola movéndoas de vez en cando. Ao irse asando botábanas nunha cesta cuberta de sacos para conservalas quentes. Algunhas castañeiras montaban un pequeno local onde vendían froita e castañas asadas ou crúas.
Na nosa cidade temos unha homenaxe ás castañeiras na fermosa representación escultórica de Xosé Cid realizada en bronce.
Cando non era a época das castañas, algunhas castañeiras vendían tamén froita alquilando un pequeno local.
Etiquetas:
C,
Oficios tradicionais das mulleres,
Vidas curiosas
14 septiembre 2012
AS AMAS DE CRÍA
Na segunda década do século XX as amas de cría eran demandadas no Hospicio da capital para facerse cargo daqueles nenos que foran abandoados na Inclusa. Pagábaselles 65 pesetas ao mes máis manutención (La Región, 26-5-27). As características dunha boa ama de cría estaban en ser unha muller que criase a fillos/as, que gozase de boa saúde, que fose forte, morena, alta, limpa, de peito turxente, etc (La Región, 19-7-23). No Hospicio había nodrizas permanentes, para alimentar aos/ás nenos/as acabados de chegar, e había as amas de cría externas, que acudían a cambio dun salario. Estas últimas vivían en precario e ofrecíanse por extrema necesidade:
“Don Juan Antonio Conde y Conde, cura párroco de Santa María de Macendo término municipal de Castrelo de Miño, provincia de Orense.
Certifica: que Inocencia Diéguez, mujer de Benito Diéguez, domiciliada en el lugar de Señorín en esta feligresía, es de buena conducta y no tiene enfermedad contagiosa que se sepa: es pobre y tiene un hijo de lactancia de dos años de edad que ya puede criar sin pecho y en su lugar lactar otro de la Inclusa.
Y para que conste a los fines oportunos expido el presente en Macendo a veinte y siete de Agosto de mil ochocientos ochenta” (Arquivo Histórico Provincial de Ourense)
Moitas chegaban a solicitar a devolución do/a neno/a argüíndo que xa non tiñan medios para seguir coidando ao expósito, e, como xustificación, facían entrega dunha certificación expedida polo cura ou alcalde:
“ Don Joaquín Ramos, cura párroco de Santa Eulalia de Babal.
Certifica: que Antonia Varela, mujer de Manuel López, mis feligreses lactaron un niño expósito llamado Policarpo de la Inclusa de Orense. Con el debido respeto piden al Señor Gobernador Civil y más individuos de la Junta de Beneficencia de esta ciudad se lo admitan en el Hospicio de esa ciudad y como se hallan enteramente pobres y el Manuel achacoso de enfermedad incurable y sin tener con que vestir ni alimentar dicho niño expósito, es favor que esperan estos suplicantes del. Que administran se lo admitan en los Hospicios para que goce de los beneficios que están establecidos para estos desgraciados.
Dios les guarde muchos años la vida de VVSS. Santa Eulalia de Babal y septiembre de doce de mil ochocientos setenta y dos” (Arquivo Histórico Provincial de Ourense).
No ano 1921 as amas de cría tamén tiveron algún que outro contratempo coa Deputación, en relación aos atrasos dende facía sete meses da paga. Por iso non dubidaron en acudir á redacción do periódico La Zarpa para manifestar o seu descontento e poñer en evidencia un problema que lles prexudicaba pois algunhas tiñan poucos recursos para manterse (La Zarpa, 30-9-21).
Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso Calvo, C., Entre a tradición e o cambio en Galicia. As mulleres na sociedade ourensá de comezos do século XX, Publicacións Deputación Ourense, Ourense, 2011.
Foto: Imaxe escultórica "Maternidade" de Baltar.

10 septiembre 2012
AS LEITEIRAS OURENSÁS
Situémonos no Ourense do segundo decenio do século XX. Por aquel entón produciuse un conflito protagonizado polas leiteiras ourensás que protestaron contra o concello. O incidente sucedeu no mes de novembro de 1918 cando estas expendedoras de leite non concorreron ao mercando en sinal del protesta contra as medidas acordadas polo Concello. Así que non había suficiente leite para abastecer ás numerosas persoas que, durante a crise da gripe, estaban sometidas a un réxime lácteo. A situación creada provocou algún altercado, pois segundo a prensa local La Región:
“Las pocas lecheras que ayer vinieron fueron hostilizadas y coaccionadas por las que no querían entrar en el pueblo, y alguna llegó a ser agredida”.
O motivo foi porque o concello ourensán instaurara a regulamentación do servizo de inspeccións do leite constituíndo unha Sección especial no Laboratorio Municipal de Hixiene. Neste departamento as leiteiras debían inscribirse nun libro de rexistro onde figurara o número de orde do expendedor, o nome e apelidos, o lugar de residencia e unha nota dos días en que eran recoñecidas as mostras de leite. A máis disto, tiñan a obriga de presentar no laboratorio todos os utensilios que utilizaban para o reparto para proceder a marcalos cunha medalla onde figurara o número de orde correspondente ao expendedor. Estas medidas contribuirían a garantir a confianza no leite que se distribuía, de tal forma que se algunha vez se recollía o leite en malas condicións quedaba figurado no control e multaríase á expendedora no caso de que volvera reincidir. O concello tamén dispuxo o pago dunha peseta pola marca da vasixa, e isto foi o detonante da protesta das leiteiras ourensás que pensaban que tiñan que aboar o pago cada mes, e non era así. Unha comisión deste grupo de mulleres acudiu á alcaldía porque non estaban dispostas a someterse ás esixencias da corporación e foron aconselladas a que parlamentaran coa autoridade municipal para que expuxeran as súas razóns. Aclarado e encarreirado o problema, de novo as leiteiras acudiron masivamente ao mercado inscribíndose algunhas no rexistro do Laboratorio e entregando as vasillas para que foran marcadas, así que as leiteiras estaban dispostas a seguir as normas aínda que circulaban faladurías de que a este colectivo se lle facía pagar uns tributos.
Pero outro problema co mesmo sector perfilouse anos máis tarde, en novembro de 1922, cando dende o concello se lles indicou que rebaixasen o prezo do leite a trinta céntimos. A situación tornouse tensa pois as leiteiras indicaron que estarían dispostas a tal redución sempre e cando tamén se lle esixira a rebaixa a outros artigos de primeira necesidade (aceite, pan, carne, bacallao e artigos de vestir). Véxase como era recollida esta información pola prensa local, neste caso, La Zarpa, que fiel á súa liña toma partido en favor das leiteiras:
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e Educación en Ourense (1900-1930), capítulo VIII, Tese de doutoramento publicada en formato dixital por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Cid Galante, Rosa María, "Grao de participación da muller ourensá en movementos asociativos e reivindicativos", Revista Minius, 14, 2006, pp. 57-72.
“Los guardias municipales y los de seguridad, cumpliendo órdenes del Alcalde, trataban de obligar ayer a las lecheras a vender la leche a treinta céntimos, llegando a cometer con ellas algunos atropellos.
Está visto que este Alcalde, cuando se dispone a hacer algo, es indefectiblemente una barrabasada. Para meterse con infelices mujeres y echárselas de autoridad no tiene empacho alguno
Esas pobres campesinas están dispuestas a rebajar el precio de la leche, en caso de que a los comerciantes se les exija la rebaja de otros artículos de primera necesidad como el aceite, el pan, la carne, el bacalao y artículos de vestir. Y tienen razón que les sobra”.
Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e Educación en Ourense (1900-1930), capítulo VIII, Tese de doutoramento publicada en formato dixital por Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Cid Galante, Rosa María, "Grao de participación da muller ourensá en movementos asociativos e reivindicativos", Revista Minius, 14, 2006, pp. 57-72.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)