Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Q. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Q. Mostrar todas las entradas

07 julio 2024

ESTRELLA QUINTELA LÓPEZ

Estrella era de San Salvador e residía na rúa Cisneros, nº 3 no cuarto piso. Era enfermeira e estaba casada con Carracedo e tiñan unha filla que se chamaba Marosa Carracedo Quintela que casou con Antonio Rodríguez Fonseca.

En 1932 ofertárose catro plazas de interinidade de enfermería no Hospital Provincial de Ourense. Para cubrilas convocouse un concurso e unha delas  foille adxudicada a Estrela, conseguindo as outras Antonio de la Iglesia, Ramón Vázquez e Esperanza Álvarez Rodríguez.

Nos anos da guerra Estrela foi  considerada socialista polo novo réxime represor e por iso foi despedida do seu emprego o 24 de setembro de 1936. Finalmente foi destituída e inhabilitada. 

Pero uns anos despois foi xulgada en xuño de 1939 acusada de haber provocado un aborto. A sentencia dicía o seguinte:

En la causa procedente del Juzgado de Orense por aborto y homicidio por imprudencia se ha dictado sentencia absolviendo a Ramón Fernández Quintela y condenando a Dolores Álvarez Caramé, como cómplice de un delito de aborto a 200 pesetas de multa y con arresto sustitutivo a rarzón de 16 pesetas por día, y a Estrella Quintela López, como autora de dicho delito a la pena de dos años de presidio menor e indemnización ambas de diez mil pesetas a los herederos de la víctima.(1).

David Simón, sempre atento a colaborar e facilitarme información envioume esta imaxe na que se recolle a destitución oficial das enfermeiras o día 24 de setembro de 1936. 

(Fonte: Arquivo Histórico Provincial de Ourense.)

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes)
(1) La Región, 3 de xuño de 1939, p. 7.
Vid. La Región, 12 de abril de 1932, p. 8Galicia, 12 de decembro de 1933, p. 3; La Región ,1 de xullo de 1937, p. 4; La Región, 1 de setembro de 1971, p. 4.La Región, 5 de novembro de 1971, p. 4; A navalla suíza - http://anavallasuiza.com. (2024). Estrella Quintela López - Nomes e Voces. Nomesevoces.net. http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4831/; SIMÓN LORDA, DAVID, Locura, medicina y sociedad en Ourense, (1875-1975), Xunta de Galicia, Fundación Cabaleiro Goás, 2005.

01 octubre 2023

TERESA QUIROGA BOUZO

Trátase de Teté Quiroga, irmá xemelga de Ana María Quiroga. Seu pai era José Quiroga Fragosa que era tenente coronel de infantería. Estamos ante unha muller polifacética pois era pintora, amante e practicante da danza e xogadora de baloncesto, actividades e aficións que, segundo ela complementábanse. Casou co industrial Manuel Ojea González en xuño de 1964.

Era unha especialista en danzas do folclore galego e dirixiu a agrupación "Bazar". A agrupación levou o terceiro premio no Concurso Nacional que se celebrou durante doce días no Teatro María Guerrero de Madrid. Outra das súas aficións sería o baloncesto do que lle apaixoaba a técnica.

No aspecto artístico, preparouse na Escola de Artes e Oficios para entrar na Escola de Bellas Artes de San Fernando, aínda que abandonou o proxecto ao casar. Destacou de primeiras na pintura e comezou a levar premios de cartelería de Nadal xunto co presitixioso Conde Corbal. 

Dicían dela que non era unha pintora cerebral, senón que era intuitiva, cunha visión  manierista da pintura chea do seu propio lirismo. Pintora nada amanerada e moi natural e inqueda.

(Fonte: "María Teresa Quiroga", La Región, 24 de decembro de 1960, p. 1)

Pintaba ao óleo cunha técnica impresionista cunha pincelada rotunda, ás veces aplicada con espátula, con cores vibrantes e ben equilibrados. Traballou temáticas variadas como maternidades, paisaxes naturais e urbanos, escenas de Ribadavia (a xudería) e de Ourense; escenas nocturnas nas que captaba a noite e as luces intensas.

Realizou diversas exposicións que tiñan grande repercusión social. 

(Fonte: La Región, 5 de setembro de 1972, p. 6)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid. El pueblo gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El Pueblo Gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El pueblo gallego, 4 de marzo de 1975, p. 16; Guadalupe Espinar: "María Teresa Quiroga. Polifacética y Baloncestista", La Región, 12 de xuño de 1961, p. 4; Alvarez Alonso, "María Teresa Quiroga una pintora que triunfa en Carballiño", La Región, 10 de setembro de 1972, p. 5.)

01 agosto 2021

LIZZIE QUINTAS


Recolle o noso blog mulleres de todas as idades. Unhas son de longo percorrido e outras, malia súa xuventude, amosan a súa tenacidade. Lizzie naceu en Ourense no ano 1989 e amosou desde moi nova a súa capacidade para inventarse historia con grande imaxinación. O seu dominio da lingua e a escrita demostrouse cando con quince anos escribiu a súa primeira novela "Amor predestinado", a primeira do que sería logo unha triloxía. Inspírase nos seus propios soños e tamén da súa desbordante imanixación para construír mundos e historias. Di que controla aos personaxes e a historia pero "ás veces van por libre". Constrúe as historias como hedras que van medrando

Creou a súa propia editorial chamada "Meiga ediciones" e autopublícase pois considera que así ten ela o control da súa propia obra. Os títulos destacados son:

"Pedacitos de mí"

"Los pensamientos de Lía"

"Esquivando el destino"

"Américan Horror, Story"

"Mi vigilante de la noche"

"Amor a través del tiempo"

"Mensajes ocultos"

"Matar el pasado"

Vid: La Región

https://www.athalialalia.com/2015/11/biografia-de-lizzie-quintas.html

30 agosto 2020

ANGELINES QUINTELA

Agradezo a información facilitada por Loli Sanfer que me puxo na senda desta muller emprendedora. 

Os que tiveron a sorte de coñecela dicían dela que era unha muller emprendedora e adiantada ao seu tempo pero tamén pretendía visibilizar a todas as mulleres pois foi a creadora de AME que é a Asociación de mulleres emprendedoras. 
Traballou como funcionaria encargada do protocolo na secretaría do Gobernador Civil. 

En 1961 crea unha academia para forma opositores e foi tal o éxito que pediu a excedencia como funcionaria para dedicarse de pleno á formación dos opositores. A academia estaba situada na rúa do Progreso, nº 62.  

Foi Conselleira de Caixa Galicia e, como se dixo anteriormente, a fundadora de AME. Dela dise: "Foi unha muller importante en Ourense, en certa medida unha pioneira nesto de abrir camiños, suave e firmemente".

Faleceu o 17 de xullo de 2017.


Vid: La Voz de Galicia
La Región
Cartas ao Director La Región

19 diciembre 2012

FRANCISCA QUIRÓS

Estaba casada con Abdón Blanco García que era alcade do Frente Popular do Barco de Valdeorras, secretario do Comité local de Acción Republicana. Tivo en outubro de 1936 un consello de guerra  presidido polo tenente coronel de Infantería, Don Manuel Quiroga Macía  por rebelión.  Este foi executado en novembro de 1936. Pero tamén exerceron unha forte presión sobre ela, eran as consecuencia de ter casado con Abdón.



Fonte: La Región, 11 de novembro de 1936, p. 4.

Vid: El pueblo gallego, 24 de marzo de 1933 marzo 24, p. 11; El Diario de Pontevedra, 26 de outubro de 1936 , p. 11; La Región , 25 de outubro de 1936, p. 3,

08 marzo 2009

ELENA QUIROGA ABARCA


Escritora que naceu en Santander o 26 de outubro de 1921, era filla de nai santanderina e pai galego (José Quiroga Velarde, ourensán, coñecido como o Conde de San Martín de Quiroga). Ao quedar orfa de nai, Elena Quiroga pasará parte da súa infancia e adolescencia en Viloira no pazo da súa familia e este lugar tería moito que ver na ambientación das súas obras, sobre todo na novela "Viento del norte" publicada no 1950. 

En Viloira hai unha rúa que leva o seu n ome. Foi a Roma a estudar bacharelato e logo volve á provincia de Ourense en 1938. Tras estar en Barcelona, a escritora estivo en A Coruña en 1942 e comeza alí a súa carreira literaria cunha formación en gran parte autodidacta. 

A obra literaria de Elena Quiroga é moi ampla comprendendo novelas como : La sangre; La careta; Plácida, la joven; Algo pasa en la calle... 



Vid: Enciclopedia Gallega, Tomo 26, p. 43.
Foto cabeceira: Foto Pacheco, Vida Gallega, 30 de maio de 1936, p. 34.