Na bibliografía consultada non hai concordancia acerca do lugar e datas de nacemento de Inés de Castro. Xa fose na Baixa Limia ou en Monforte de Lemos, en 1320 ou en 1325, Inés é filla natural de Pedro Fernández de Castro e Aldonza Soares de Valladares, e pasa a súa nenez no Castelo de Peñafiel (Valladolid) co seu tío Don Juan Manuel e a súa prima Constanza. Co tempo, Constanza será requirida para casar na Corte portuguesa co infante Pedro I, fillo do Rei Afonso e primo segundo de Inés. Para cumprir o requirimento Constanza e Inés, como a súa dama de Compañía, parten para Portugal en 1340. Conta a lenda que Inés e Pedro o Infante fican engaiolados un do outro con só se coñecer, e inician a súa historia de amor. Esta relación, desde o comezo, vai contar coa firme oposición do Rei Afonso e da Raíña Beatriz que chegan a desterrar a Inés en varias ocasións.En 1345, Constanza morre no parto do seu terceiro fillo. Neste momento, Inés mora desterrada en Alburquerque e Pedro reclama a súa volta a Coimbra. A parella instalase no entorno do convento de Santa Clara e terán catro fillos: os infantes Afonso (que morrerá ao pouco de nacer), Joao, Dinís e Beatriz. A convivencia da parella verase perturbada pola continua oposición dos reis de Portugal. O Rei Afonso, influído polos conselleiros ameaza de morte a Inés, e recoméndalle o afastamento de Coimbra. Inés desatende a ameaza. No castelo de Montemor-o-Velho, decrétase o seu axustizamento, e finalmente o 7 de xaneiro de 1355, ante a presenza dos seus fillos, Inés é degolada no xardín da Quinta polos conselleiros do rei.En 1357, morre o rei Afonso, e Pedro herda o trono. O rei proponse vingar a morte de Inés e a posterior declaración de raíña á xa finada Inés de Castro. Pedro determinou esculpir un túmulo funerario para Inés no Mosteiro da Alcobaça. Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. R.M.Cid Galante.
Mostrando entradas con la etiqueta Raíña póstuma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Raíña póstuma. Mostrar todas las entradas
09 abril 2009
INÉS DE CASTRO?
Na bibliografía consultada non hai concordancia acerca do lugar e datas de nacemento de Inés de Castro. Xa fose na Baixa Limia ou en Monforte de Lemos, en 1320 ou en 1325, Inés é filla natural de Pedro Fernández de Castro e Aldonza Soares de Valladares, e pasa a súa nenez no Castelo de Peñafiel (Valladolid) co seu tío Don Juan Manuel e a súa prima Constanza. Co tempo, Constanza será requirida para casar na Corte portuguesa co infante Pedro I, fillo do Rei Afonso e primo segundo de Inés. Para cumprir o requirimento Constanza e Inés, como a súa dama de Compañía, parten para Portugal en 1340. Conta a lenda que Inés e Pedro o Infante fican engaiolados un do outro con só se coñecer, e inician a súa historia de amor. Esta relación, desde o comezo, vai contar coa firme oposición do Rei Afonso e da Raíña Beatriz que chegan a desterrar a Inés en varias ocasións.En 1345, Constanza morre no parto do seu terceiro fillo. Neste momento, Inés mora desterrada en Alburquerque e Pedro reclama a súa volta a Coimbra. A parella instalase no entorno do convento de Santa Clara e terán catro fillos: os infantes Afonso (que morrerá ao pouco de nacer), Joao, Dinís e Beatriz. A convivencia da parella verase perturbada pola continua oposición dos reis de Portugal. O Rei Afonso, influído polos conselleiros ameaza de morte a Inés, e recoméndalle o afastamento de Coimbra. Inés desatende a ameaza. No castelo de Montemor-o-Velho, decrétase o seu axustizamento, e finalmente o 7 de xaneiro de 1355, ante a presenza dos seus fillos, Inés é degolada no xardín da Quinta polos conselleiros do rei.En 1357, morre o rei Afonso, e Pedro herda o trono. O rei proponse vingar a morte de Inés e a posterior declaración de raíña á xa finada Inés de Castro. Pedro determinou esculpir un túmulo funerario para Inés no Mosteiro da Alcobaça.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)