Etiquetas

07 diciembre 2025

REMEDIOS ÁLVAREZ

Remedios Álvarez naceu en 1920 e era veciña do pobo de Ricosende, Carballeda de Valdeorras. Súa nai chamábase Emilia e consta que seu pai era descoñecido. Estaba solteira, tiña un filla e dedicábase aos labores do fogar. 

A primeira detención foi o 13 de decembro de 1947. Remedios, xunto con Eudosia e Pura, foi conducida ao Departamento de Celanova pero de aí a dez días puxérona en liberdade.

(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1947 a 1949.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2244. Libro 2244, p. 79)

Pero chegado agosto de 1950 volveron detela xa que se dixo que  estando Remedios no monte no verán de 1949 atopouse cunha "cuadrilla"de bandoleros que pediron comida e ela coceulles unhas patacas e ofrecéullelas. 
O día 10 de agosto de 1949 dise no expediente que ofreceu ovos ao bandoleiro chamado "Antolín" ao que vira noutra ocasión. Tamén chegou a falar cos bandoleros Saúl e Girón: "facilitó huevos al bandolero llamado Antolí, al que había visto e notra ocasión habiendo conversado en distintos momentos con los bandoderos Saul y Girón" (1)
(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1949 a 1951. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2245. Libro 2245, p. 369).

(Recreación. Imaxe creada por IA)

Por todos estes motivos Remedios foi declarada culpable e impúxoselle unha pena de un ano de prisión menor. Foi así como o día 16 de agosto de 1950 ingresa na prisión de Ourense permanecendo nela ata o 15 de agosto de 1951.

(1)Expediente persoal da reclusa Eudosia Álvarez Seoane. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//23962/007. Caixa 23962/007. 16-17.

30 noviembre 2025

JOSEFINA MARTÍNEZ BIEL

Seguindo a recomendación que me fixo David Simón, a quen respecto moito polo seu estupendo traballo, vou dar entrada a Josefa Martínez Biel, muller da que non tiña eu referencia pero que David deuma a coñecer, algo que debo agradecer enormemente.

Naceu en Madrid no ano 1901 e residía en Xinzo da Limia no número 37 da rúa Progreso. Era filla de Andrés Martínez Veiga (Diario de un médico de guardia), ciruxián e dentista, do que temos interesante información grazas a David Simón. Josefina tiña catro irmáns: Lohengrin, mestre e galeguista, cun nome peculiar que nos leva a lendas artúricas, pois Lohengrim era fillo de Parzival; Parsifal, dentista, de nome tamén certamente mítico pois remite a Persibal, cabaleiro da Táboa Redonde; Roberto vinculado tamén ao oficio como mecánico dentista e Fausto, dentista e colaborador nos xornais locais. Polo tanto era unha familia de rango intelectual sobradamente recoñecido. 

Josefa, ou Pepita, segundo nos indica David Simón, debía exercer como auxilar de odontólogo, de feito, cando a Garda Civil  a detivo en maio de 1937 alcumábana "A dentista":

(Fonte: «Una detención», La Región, 26 de maio de 1927, p. 2)

O 14 de setembro de 1949 foi detida pola Garda Civil en Lugo e conducida ao cárcere da cidade pois foi acusada de manter relacións con «elementos perturbadores del orden». Así que, Josefina, tamén sufrirá o cárcere como os seus irmáns

Unha vez ingresada en prisión, e tras un mes encarcerada, isto é, en outubro de 1949, enviou unha carta ao Capital Xeneral na que di que está delicada de saúde, que estivo sometida a unha operación cirúrxica por parte do Doutor Peña Rey e que debía gardar repouso e ter tranquilidade pero ademais alegou que ela non cometeu delito algún:

Excmo Señor Capital Gral octava Región: Josefina Martínez Biel, de cuarenta y nueve años de edad, soltera, ayudante y auxiliar de ondontólogo, procesada en causa que se tramita bajo el número 218 en el Juzgado Militar número 1, de la ciudad de la fecha, ante V.E. comparezco y con el máximo respeto expongo: Que como consecuencia del sumario mencionado me encuentro detenida en la prisión provincial de Lugo, con daño manifiesto de mi salud y peligro de sufrir graves accidentes. Es el caso excmo. Señor que, cual resulta acreditado en el certificado médico que se acompaña autorizado por el Sr. Peña Rey de Orense, el veinticinco de marzo del año actual fui sometida a una operación quirúrgica, despues de la cual estuve sujeta a tratamiento variado e intenso, durante semanas quedando resentida de riñones, habiéndome ordenado el médico que durante mucho tiempo hiciese vida tranquila, de reposo y con sujección a un régimen alimenticio especial especial. Bueno no se ocultará a su excelencia, en la cárcel ni puedo  hacer vida tranquila ni guardar reposo, ni procurarme una alimentación especial,  sino que, por el contrario, la intranquilidad es absoluta, los trastornos frecuentes y los peligros manifiestos...»(1)

Na segunda parte da instancia quere defenderse das acusacións das que foi obxecto e di:

 Por otra parte, se da la circunstancia de que no he realizado voluntariamente ningún acto delictivo, de que jamás he tenido relación con elementos perturbadores del orde, de que siempre, como mis mayores y todos mis familiares, figuré entre los amantes de la paz y defensores de la situación actual, verdadero ejemplo de dicha y bienestar, gracias al talento y ejemplaridad del Excmo. Caudillo.... »(1) .

Pero Josefina non obtivo a resposta desexada e seguiu cumprindo condena acusada de colaboradora dos «bandoleiros». A situación que estaba a vivir Josefina é dunha evidencia de desacougo, por iso, o 3 de xaneiro de 1950 volve enviar outro manuscrito no que seguía argumentando practicamente o mesmo que no anterior pero engadindo que súa nai, Mercedes, tiña oitenta anos de idade e dependía do sustento dela, e suplica  clemencia:

« ...que de prolongarse la detención de la dicente, su anciana madre, de 80 años de edad, se verá en la obligación de implorar la caridad pública por ser la que suscribe con su honrado trabajo de ayudante de auxiliar odontólogo la que atiende al sustento (...) Tenga a bien decretar la libertad de la suplicante ...(2)

De pouco valeu pois a condena establecida en seis meses e eses foi os que estivo Josefina no cárcere, saíndo en liberdade o 20 de abril de 1950. É o caso dunha familia que sufríu denuncias contínuas e vivíu a represión da ditadura.

Unha vez libre continuou co exercicio de auxiliar de odontóloga pero foi denunciada por intrusismo e, de novo, en xuño de 1950 tivo que comparecer ante a xustiza:

(Fonte: «Gobierno Civil», El Progreso, 13 de xuño de 1950, p. 2)

Moitos detidos, tamén moitas mulleres, sufriron o engano dos infiltrados na guerrilla, e Josefina sería unha das represaliadas enganadas. (3)

(1) (2) Expediente procesual de Josefina Martínez Biel;
ES.GA.27028.AHPLU/1.3.2.7.PPL.02.01.02.92765-102.; caixa 92765-102
(3) Torna, C. « Jesus Costoya., outro infiltrado chave para acabar coa guerrilla nas Terras de Lemos», https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/infiltrados/20250913182032233767.html. Neste artigo faise mención a Josefína que, xunto con outras mulleres, caeu na rede dos infiltrados.

Outras referencias foron
«A familia Martínez Biel. Dentistas en Xinzo», https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/07/17/a-familia-martinez-biel-dentistas-en-xinzo/
«Los Martínez Biel, dentistas en Xinzo de Limia» https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2022/07/los-martinez-biel-dentistas-en-xinzo-de.html.
Foto da entrada: Recorte dunha fotografía publicada por David Simón no seu blog e logo mellorada por programa informático.

23 noviembre 2025

SEVERINA DOMÍNGUEZ BASALO

(Imaxe simulada. Non é real). Naceu en 1925 e cando a detiveron tiña 23 anos. Naceu en A Mezquita, Viana do Bolo, e era filla de Manuel e Honorinda. As súas irmás, Joaquina e Balbina, tamén foron detidas. Estaba solteira e dedicábase aos labores do campo e da casa. Severina, como moitas mulleres ourensás que arriscaron a súa liberdade, tamén colaborou no agochamento de fuxidos ao monte. No seu caso participou, xunto cun grande grupo de xente, a encubrir a Antonio López Núñez. Por tal motivo foi levada ao cárcere de Ourense o 3 de decembro de 1949. 

(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1949 a 1951. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2245. Signatura:Libro 2245 Signatura antigaLibro 10370
p. 184)

Tras tres meses no cárcerel, no Consello de Guerra que se celebrou o día 29 de marzo de 1950, acordouse a súa posta en liberdade.

(Fonte: Expediente persoal do recluso Antonio López Núñez. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25063/021.
Caixa 25063/021.)

En efecto, o día 29 de maio de 1950, Severina recobra a liberdade, pero antes tivo que asinar un papel no que declarou que fixaba a súa residencia en Vilavella, en A Mezquita.

Era un requisito obrigado que as reclusas postas en liberdade deixaran por escrito o lugar onde ían residir. Deste xeito, seguían en permanente vixilancia por parte das autoridades.

(Fonte: Expediente persoal da reclusa Severina Domínguez Basalo. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24046/001.
Caixa 24046/001)

(Elaboración propia a partir dos expedientes.  Expediente persoal da reclusa Severina Domínguez Basalo. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24046/001. Caixa 24046/001; Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1949 a 1951. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2245. Signatura:Libro 2245 Signatura antigaLibro 10370; Expediente persoal do recluso Antonio López Núñez. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25063/021 Caixa 25063/021)

16 noviembre 2025

CONCEPCIÓN ESCUDERO RODRÍGUEZ

(Imaxe simulada, non é un retrato real).
Concepción foi outra represaliada polo franquismo. Como moitas, estivo sometida a un Consello de Guerra que a condenou a estar presa.

Naceu en San Lourenzo, un pobo que pertence á Veiga, do partido xudicial de O Barco de Valdeorras. Alí residía cos seus pais, Pedro Manuel e Dolores, cando foi detida en 1939, tiña 22 anos.

O motivo da súa detención foi por auxiliar aos fuxidos do monte. Foi conducida ao Depósito Municipal de Bande e o 9 de outubro de 1940 trasladárona ao Cárcere de Ourense. Pero saiu en liberdade condicional o 17 de decembro de 1941. O Consello de Guerra celebrado o 11 de decembro de 1943 impúsolle tres anos de prisión menor, facéndose firme a sentencia en decembro dese mesmo ano. Como Consuelo estivo dous anos, cinco meses e vinte e nove días restábanlle cumprir seis meses e un día polo que reingresou en prisión o 28 de xaneiro de 1944 para extinguir a condena que extinguiría o día 28 de xullo de 1944.

(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1940 a 1941. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2238.Libro 2238, p. 212).

Concepción foi imputada e acusada por “delito de auxilio a elementos responsables de robo a mano armada y auxilio a la rebelión”. Os acontecementos foron os seguintes.

Concepción non tiña unha filiación política pero albergou na súa casa en dúas ocasións a unha cuadrilla de fuxidos do pobo de Curra, concello de A Veiga, en xuño de 1939. Estes fuxidos ían disfrazados co uniforme do exército e realizaran varios atracos a man armada nas casas de varios viciños do pobo e noutros pobos da contorna. Os xefes máis destacados do grupo alcumábanse “El Sargento”, “El bailarín Casaio” (referido ao guerrilleiro antifranquista Manuel Álvarez Arias condenado a pena de morte) e “El Maestro de Casaio”.

Di Laurino Farinas, veciño de Corzos, que estaba na súa casa e o 7 de xullo de 1939 e chamou á súa porta unha veciña e con ela presentáronse varios individuos vestidos de soldados armados que lle pedíron aloxamento. Unha vez dentro da casa manifestaron ser “rojos” e colléronlle dúas escopetas. Logo obrigánrono a ensinarlles a casa de veciños e ían entrando nelas para roubar. Logo levárono ás aforas onde estaba outro grupo maior e tras un anaco fixeron que regresase á súa casa.

Cando Laurino declarou dixo que non coñecía a ningún deles pero que un falaba galego e outro dicía que era o home dunha mestra destituída. Os veciños do pobo tamén manifestaron que non os coñecían e que entraban nas casas pedindo armas e diñeiro e roupa de vestir. As forzas de seguridade presentáronse na casa de Concepción para preguntar polo grupo pero ela dixo que cearan e marcharan e non os volverá ver. Malia todo detivérona por refuxialos. Tamén se levaron a Gabino Fernández Garriba por colaboración cos rojos e a Silverio Fernández Prieto por administrarlle vivendas. Gabino acusábano de acubillar a rojos na súa casa. Manifestou que á noite do 10 de xuño de 1939 petaron na porta e atopouse a un grupo de homes que lle dixeron que tiñan fame, entón ofreceulles comida e durmiron esa noite. Viu que traían armas. Un era o coñecido como "Sargento de Casaio", de Casdenodres, ían con el os irmáns Souletín e Alfredo Yáñez de Corzos. Este estivera na súa casa catro meses antes e entrou dicindo a contraseña “clavo” e el contestou “hierro”. Na declaración dixo que escoitara unha conversa entre eles na que dicían que o fillo da “Bruja de Espino” asasinara a Moisés Rodríguez e que dita bruxa e as súas tres fillas estiveron vivindo cos “rojos” e que eran as queridas dos que estaban presentes cando roubaron en Castromao e cando sostiveron un tiroteo coas forzas de A Gudiña. El manifestou que cando chegaron a Curra foi obrigado a axudalos e citou a veciños que os acubillaron. Concepción foi unha deles.

Concepción saíu do cárcere en liberdade condicional coa liberación definitiva do desterro o 23 de abril de 1944, aos 26 anos de idade, e deixou notificado que viviría en Matarrosa del Sil, en León.
(Fonte: Expediente persoal da reclusa Concepción Escuredo Rodríguez, ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24049/009; Caixa 24049/009.)

Vid: Expediente de responsabilidades políticas de Concepción Escudero Rodríguez, ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/47; Caixa 7210/47.
Expediente persoal da reclusa Concepción Escuredo Rodríguez, ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24049/009; Caixa 24049/009.
BOE nº 234 de 21/08/1944, fecha de la orden: 07/07/1944, pagina 6325, columna 1.
https://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_%C3%81lvarez_Arias

09 noviembre 2025

PURIFICACIÓN DIZ PENA

Naceu en Viladerrei, Trasmiras, o 27 de decembro de 1901. Aos quince realizou o exame de ingreso no instituto de Ourense e matriculouse nel desde 1916 ata 1919 cursando por libre. Obtivo unhas boas cualificacións e o 12 de xullo de 1922 realizou o Depósito do Título de Bacharelato. 

(Fonte: Expediente Académico de Purificación Diz. AHN. Universidades. 5491. Exp.2)

A continuación matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade Central de Madrid e residiu na Rúa de San Vicente, nº 60. Acadaría cualificacións moi destacadas como as matrículas de honra en Bioloxía e e Física Xeral e, en 1924, obtén a titulación.

(Fonte: Expediente Académico de Purificación Diz. AHN. Universidades. 5491. Exp.2)

Regresa a Galicia  e casa con Antonio Fernández LLuvet, propietario da droguería America en Vigo e Purificación abre a súa farmacia nesa cidade na rúa avenida García Barbón.

Tiña un irmán, Manuel Diz, que era mestre no pobo de Illa, Entrimo, que foi depurado e apartado da docencia pero solicitou a revisión do expediente para a súa reposición na escola.

(Elaboración propia a partir do Expediente académico)

02 noviembre 2025

GREGORIA MATORRAS

Pode ser interesante facer mención dunha muller que non naceu en Ourense pero si faleceu na nosa cidade. Trátase de Gregoria Matorras, nai do libertador de Arxentina, Chile e Perú, José de San Martín. 

Era natural de Palencia, en concreto de Paredes de Nava, e naceu en  1738. Con 28 anos marchou a Arxentina e alí casou con Juan de San Martín, militar e gobernante de Río da Plata, e residían en Yapeyú. Este enfermou e o matrimonio trasladouse a vivir a Bos Aires pero a idea era trasladarse a España. Chegaron no barco Santa Balbina a Cádiz  Residiron en Málaga, tamén en Madrid...pero en 1786 faleceu Juan de San Martín.

Ao quedar viúva, Gregoria enfróntase a unha situación de penuria e escaseza económica e na necesidade de sacar aos seus fillos adiante levándoa a redactar unha carta solicitando unha pensión. Como non foi escoitada, dirixíu a súa reclamación ao rei facendo e este vai transixir concedéndolle unha pensión vitalicia.

Gregoria, un tanto maior, tomou a decisión de trasladarse a vivir a Ourense, si, á nosa cidade, pois aquí residía a súa filla  María Elena, o seu xenro e a súa neta Petronila.  Na cidade tivo numerosas relacións sociais e boa veciñanza. Aquí faleceu en 1813, tiña 75 anos e ao seu sepelio asistíu numerosísima xente ourensá.

Foi enterrada no convento de Santo Domingo o 29 de marzo de 1813. (Esta data da inhumación recóllea El Eco de Galicia, non obstante, noutras fontes indican que faleceu o 1 de xuño de 1913).

(Fonte: «La madre de San Martín en Orense», El Eco de Galicia, 10 de xuño de 1907, p. 1-2).

Despois os seus restos foron trasladados a Arxentina, onde repousaban os do seu home. A cidade ourensá realizou unha ofrenda a Arxentina que consistíu nun cofreciño que contiña a terra do Convento de Santo Domingo onde estivera soterrada Gregoria. Foi encargado de recibir esta homenaxe o Sr. Casals que era o agregado cultural da Embaixada de Arxentina en Madrid. A terra foi enviada como reliquia  a Bos Aires. 
A prensa informou da noticia do seguinte xeito:


(Fonte: « Tierra española del lugar donde reposan los restos de la madre del general San Martín», El Correo gallego, 8 de xullo de 1947, p. 6).

Nesta entrada non poñemos a imaxe de Gregoria Matorras que circula por internet pois, segundo un artigo de prensa indica que o retrato que se atribúe a Gregoria Matorras non se corresponde con ela, senón que se trata dunha muller da que non se coñece o nome: «Los falsos padres del general San Martín» en Infobae.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes: «Gregoria Matorras», https://es.wikipedia.org/wiki/Gregoria_Matorras; Hemeroteca; «Héroes y genios. Siluetas Históricas. Don José de San Martín», Hojas Selectas, 1908, nº 73, pp. 535).

26 octubre 2025

AMELIA DELGADO MOLDES

Amelia estivo presa no cárcere de Ourense acusada de auxiliar aos fuxidos do monte. Naceu en Oulego, Rubiá, en 1901. Seus pais eran Ignacio Delgado e Margarita Moldes. Nos arquivos consta tamén Petra Delgado Moldes, quen probablemente fose a súa irmá e que tamén estivo sometida á xustiza e foi represaliada. 

Amelia vivía en Armadelo, comarca do Bierzo, provincia de León, estaba viúva de Joaquín Soto con quen tivera nove fillos. 

Amelia foi detida e o 29 de xaneiro de 1944 ingresou no Cárcere de Ponferrada e o 4 de abril de 1944 conducírona ao cárcere de Ourense. Acudiría xunto con Carmen García Conde quen tamén foi detida pola mesma causa.

(Fonte. Extracto da confirmación de cárcere. Expediente da reclusa Amelia Delgado Moldes. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24041/070
Signatura:Caixa 24041/070 (07)

A causa da detención de Amelia Delgado foi por colaboracionismo cos fuxidos. Así indica a acusación:
La presente causa se instruye con motivo de un atestado instruido por fuerzas de la Guardia Civil de Ponferrada (León), destinadas a la Persecución de huidos, contra las vecinas de Arnadelo, en el Municipio de Oencia (León), AMELIA DELGADO MOLDES Y ANTONIA GARCÍA CONDE, por complicidad con los elementos huidos, que el día 25 de Enero de 1943, llevaron a cabo un robo a mano armada, cometido en el pueblo de Robledo de la Lastra, Ayuntamientod e Rubiana (Orense), del que resultó muerto FRANCISCO GÓMEZ PUENTE, "El Minero". Casi todos los cargos existentes contra las encartadas, se fundan en declaraciones prestadas por testigos del atestado, de que sus implicaciones, son que las mismas contribuyeron a preparar el crimen y mantuvieron relación con los malhechores; pero fuera de esto que, naturalmente es una mera suposición, nada existe en autos que corroboren la culpabilidad de dichas individuas, las cuales ante el Juez Instructor negaron resueltamente su cooperación con los criminales, demostrando AMELIA DELGADO MOLDES, que los huidos habían dado muerte a su marido a finaldes del año de 1939, y la imposibilidad de que se entrevistase en su domicilio, días antes del hecho de autos, con su cuñada ANTONIA GARCÍA CONDE, por encontrarse reñidas ambas desde hacía más de un año...(1)

Dado que non se puido xustificar a implicación irecta destas dúas mulleres, o xuíz acordou a prisión atenuada, polo que Amelia foi posta en liberdade o 17 de setembro de 1944. Foron nove meses de prisión, Amelia tiña 43 anos.

(1) Expediente da reclusa Amelia Delgado Moldes. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24041/070. Signatura:Caixa 24041/070 (15)

(Elaboración propia a partir do expediente citado)

19 octubre 2025

ANTONIA GARCÍA CONDE

Antonia naceu en 1918 en Robledo da Lastra, pobo que pertence ao concello de O Barco de Valdeorras. Seus pais eran Hermenegildo e Regina, estaba casada con Casimiro Delgado do que tiña un fillo e o matrimonio residía en Arandelo, pertencente á provincia de León.

Antonia foi conducida á prisión de Ponferrada o 29 de xaneiro de 1944  e no mes de febreiro decídese o seu traslado ao cárcere de Ourense. E, en efecto, o día 4 de abril de 1944 trana á prisión da capital para poñela á disposición do Xuíz Militar número 3 de Ourense. O expediente de Antonia vincularase ao de Amelia Delgado Moldes que era a súa cuñada. O motivo da detención foi, segundo a acusación, por colaborar cos autores de cometer o atraco a man armada no pobo de Robledo da Lastra, Rubiá, do que resultou morto Francisco Gómez Puente coñecido como El Minero.

Pero non puido demostrarse nin xustificarse dita colaboración polo que se enviou un oficio no que se indicaba que Antonia podería ter unha pena atenuada, isto é, cumprila na súa casa. Foi así como recobrou a liberdade o día 11 de setembro de 1944.

(Elaboración propia a partir do expediente. Expediente persoal da reclusa Antonia García Conde. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24070/005. Caixa 24070/005)

12 octubre 2025

JOAQUINA DOMÍNGUEZ BASALO

Joaquina era filla de Manuel e Honorinda e naceu o 18 de decembro de 1921 no pobo de A Mezquita, partido de Viana do Bolo. Residía no pobo de Vilavella e foi detida o 3 de decembro de 1949 cando tiña 29 anos. O Xulgado Militar número 2 de Ourense instruíu a causa e pedíase para ela cinco anos de cárcere por auxiliar a "bandoleros" en concreto, Joaquina agochou e serviu de mensaxeira a Cándido Losada Estévez, o Malvavisco. O 24 de marzo de 1950 fíxose firme a condena por parte do Consello de Guerra. 

Joaquina coñeceu a Cándido Losada, o Malvavisco, un guerrilleiro antifranquista que traballaba como obreiro no ferrocarril. Cándido formou parte de partidas de asalto na zona e participou no asalto ao cuartel de Nueva Puebla en Requeixo inmediatamente despois de coñecerse o levantamento. Logo fuxiu a Francia en 1944 e alí caeu prisioneiro mentres recollía unhas mazás dun pomar e conseguiu escapar e volver ás montaña galego-portuguesas e vivir agochado nas aldeas fronteirizas. Cándido tiña un amplo coñecemento das aldeas do nordeste de Portugal, pois alí traballara como carpinteiro.

Josefa Pérez Pérez, que era do pobo de Vilavella e viciña de Joaquina, era a noiva de Cándido e agochouno na súa casa en varias ocasións. Joaquina coñeceuno e tamén colaborou acubillándoo na súa casa e levando cartas deste a outro bandoleiro recibindo por esta axuda 50 pesetas. Así que, Cándido seguía en contacto con outros fuxidos mais non chegou a pertencer a ningún grupo xa que era de carácter desconfiado. O seu actuar de xeito individual axudouno a sobrevivir ata 1952, ano en que cruzou a Francia por segunda vez.

Joaquina viuse envolta na causa instruída polo «procedemento sumarísimo por delitos de formar partidas armadas dedicadas á bandidaxe e terrorismo e por auxilios a malhechores» e que se atopaban xa case todos en prisión entre eles Antonio López Núñez, coñecido co alcume de "El Objetivo" que colaborara con varias partidas armadas contactando con "Roces", "El Guerrilleiro", "El Mario", "O Langullo" e que testimoniou sobre os asaltos efectudos por eles. Unha vez que as autoridades militares coñeceron os feitos procederon a deter a un grande número de persoas vinculadas entre si, entre elas estaba Joaquina que ingresou na prisión de Ourense e con ela irían á súa nai e irmás xa que foran tamén colaboradoras.

(Fonte:  Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1949 a 1951. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2245. Libro 2245, p. 184).

Estando na prisión o director da mesma recibe un comunicado o 3 de xullo de 1950 no que se indicaba que Joaquina fora trasladada á Prisión Central de Segovia  o 21 dese mesmo mes, sempre e cando se acreditase que tiña algún tipo de afiliación directa cos grupos de asalto. 

Dito establecemento era un reformatorio para mulleres. Segundo se indicaba, alí ían parar as mulleres que o franquismo consideraba máis perigosas. No expediente non se especifica a razón do traslado de Joaquina a Segovia dado que na ficha de detención indicábase que era unha delincuente ocasional. Nun principio non se tiña previsto que se trasladara pero veu unha orde que indicaba o obrigado cumprimento:

(Fonte: A.H.U.S. Expediente de Joaquina Domínguez Basalo. C-24045/074 (08)).

O xornal Público recolleu nun interesante artigo publicado o 3 de maio de 2025 cales eran condicións de dita prisión no que se di que o trato ás mulleres era moi malo, que sentían moito frío, había moita humidade, e a comida era "terrible". A celda de aillamento consistía nun colchón no chan e unha dura incomunicación por tempo longo. Malia todo, as reclusas conseguiron forxar unha interesante resistencia ao franquismo.

(Fonte. https://www.publico.es/politica/memoria-publica/carcel-segovia-escuela-resistencia-mujeres-peligrosas-franquismo.html.)

(Fonte: Por Arturo Francisco Barbero - Trabajo propio, CC BY-SA 4.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=122963702)

Con sorte para Joaquina, anuouse o seu traslado  á Prisión de Segovia e no entanto ela solicitou poder ingresar  no Patronato Central de Nuestra Señora de La Merced para a rendición das penas por traballo desempeñando e dirixe a solicitude ao director da prisión ourensá para ocupar a plaza vacante de modista que quedara no establecemento. 

Quen levaba os asuntos da rendición de penas por traballo era o Patronato Nuestra Señora de la Merced. Este foi creado o 7 de outubro de 1938 e dependía do Ministerio de Xustiza. Tiña a sede central en Madrid  e Xuntas locais nos lugares onde residían as mulleres e fillos presos e que se acollían á rendición de penas por traballo. A rendición de penas por traballo ocorríuselle ao xesuíta José Agustín Pérez del Pulgar en 1938 quen indicaba que era xusto que os presos contribuísen co seu traballo á reparación dos danos que causaron. Este sistema permitía reducir o tempo da condena, dignificación persoal e incluso, dicíase, contribuíase ao "engrandecemento da patria"

No expediente de Joaquina consta que dito Patronato emitiu un escrito con data do 7 de xullo de 1950 ao director da prisión de Ourense no que se dicía:

Sírvase V.S. disponer que por la Junta de Régimen de ese Establecimiento sea emitido informe acorde de si las penadas cuyos nombres se insertan al margen reúnen las condiciones exigidas por el Patronato Central para poder redimir su pena por el trabajo, en servicios de "destino", en la PRISIÓN PROVINCIAL DE MUJERES de Madrid-Ventas- Caso de que no sean peligrosas ni tengan antecedentes comunistas o masónicos y si por la conducta observada como internas fueron merecedoras de que les sean merecedoras de que les sean otorgadaos los beneficios que se conceden a los reclusos-trabajadores. (1)

Na marxe do escrito figuraba Joaquina Domínguez Basalo xunto con Agripina Pousa Rodríguez, Teresa Primo Fernández e Lucita Sánchez Barredo. En contestación á petición, o Xefe do Centro de Ourense, así como o capelán, o médico e a funcionaria emiten comentarios favorables polo que a Xunta do Réxime considerouna apta e por conseguinte comunican que Joaquina desempeñe traballos de modista.

(Fonte: A.H.U.S. Expediente de Joaquina Domínguez Basalo. C-24045/074 (14)).

Cinco anos permanecerá Joaquina en prisión. O día 18 de marzo de 1955 dáse por finalizada a condena pero o Ministerio de Xustiza por orde do 15 de febreiro de 1952 vai concedera a liberdade condicional a 52 reclusos e reclusas e entre o listado figuraba Joaquina Domínguez:

(Fonte: Boletín Oficial del Estado, nº 79, 19 de marzo de 1952, p. 1254).


(1)A.H.U.S. Expediente de Joaquina Domínguez Basalo. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24045/074; C-24045/074 (10).

«El Malvavisco, un sanebrés que abastecía de armas a los maquis»;  La Opinión de Zamora, (2013, September). Revisado o 9 de outubro de 2025;  website: https://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2013/09/01/malvavisco-sanabres-abastecia-balas-maquis-1177693.html.
Expediente persoal da reclusa Josefa Pérez Pérez; ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25107/006;
Caixa 25107/006.

05 octubre 2025

CELIA FERNÁNDEZ SEGUÍN

Celia naceu en Coalloso, Xinzo da Limia, en 1915. Era filla de Camilo e Soledad e era irmá de Carmen, Aurora, Francisco e Arturo Fernández Seguín. Estaba casada con Adolindo Pérez e tiñan dous fillos. 

Supostamente foi detida pola ser familiar de Carmen Fernández, súa irmá maior, que moi activa e moi vinculada aos movementos antifranquistas polo que estaba en busca en captura,sendo, finalmente, detida.

Celia entrou no cárcere de Ourense o 1 de febreiro de 1949, xunto coa súa irmá Aurora e os seus irmáns Arturo e Francisco.

(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1947 a 1949. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2244.Libro 2244. (356))

                                (Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1947 a 1949.                                                                                          ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2244.Libro 2244. (355))
Celia permanceu no cárcere once meses, recobrou a liberdade o 29 de decembro de 1949.

(Elaboración propia a partir dos expedientes. Expediente persoal da reclusa Celia Fernández Seguín.
ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24062/055. Caixa 24062/055; Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1947 a 1949.         ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2244.Libro 2244. (355)

28 septiembre 2025

FRANCISCA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

Naceu en Correxáns, Barco de Valdeorras, no ano 1885. Seus pais eran Ángel e María. Estaba casada con Alfonso Núñez e tiñan 4 fillos. Foi detida o 19 de novembro de 1941, logo conducida ao cárcere de Ourense e posta á disposición do Xulgado Especial de Fuxidos. 
Permaneceu no cárcere catorce meses, saíndo en liberdade o 20 de febreiro de 1942.

(Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1941 a 1942. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2241. Libro 2241. (33))

Expediente persoal da reclusa Francisca Rodríguez Rodríguez. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25133/008. Caixa 25133/008