Etiquetas

Neoliberalismo e muller

 Ninguén pode negar que o século XVIII foi decisivo para desmantelar as estruturas sociais, económicas e políticas de occidente. A ilustración permitiu concebir aos individuos como tales, é dicir, seres con definición, con capacidades e indivisible. Por conseguinte, ten de adquirir dereitos, dereitos por nacemento. Atrás quedará o concepto de "terceiro estado" ou "estado llano", un construto en alusión a "grupo indefinido destinado a producir".

Esta subversión do concepto social supuxo unha verdadeira revolución. Os ilustrados concebían aos seres humanos iguais entre si e con liberdades. O feito de seren libres fai posible que poidan decidir sobre política. Locke, Montesquieu, Voltaire, Rousseau...os principais intelectuais ilustrados dotan a estes novos individuos de capacidade de goberno e soberanía.

Seguidamente, ligado a estas novas ideas vén o liberalismo económico da man de Adam Smith pero que xa na antigüidade o propio Aristóteles viña a defender. A idea é que, a partir de agora, ademais de ter dereitos, cada individuo é quen de mellorar a súa situación económica grazas á súa capacidade de xestionar as súas propiedades privadas. Deste xeito considerarase que o privativo terá maior capacidade de produtividade ao poñer o propietario o afán de extraer os maiores beneficios. Todo isto redundaría nunha economía máis fluída e un país máis rico e própero.

Lamentablemente, en todas esas propostas e cambios a muller está ausente. É lamentable que as novas teorías descartaran ás mulleres destes novos beneficios. Por tal motivo, o libealismo non contribuíu a que a muller tamén se liberara. E o que é ainda peor, co desenvolvemento do capitalismo que veu da man das ideas liberais, as mulleres foron as máis prexudicadas xa que serviron de man de obra barata para o novo proceso fabril.

Na actualidade, o liberalismo está enxendrando o neoliberalismo. Un proceso de capitalismo máis agresivo que conduce ao novo colonialismo e imperialismo económico. Isto está traendo consecuencias nefastas. Vexamos por que:

As consecuencias sociais do neoliberalismo son moi negativas. A sociedade estase encamiñando a ser máis individualista, avogando máis polo ben individual e privado que polo ben comunitario. Priorízase o ben do "eu" ao ben de todos pois é a "miña liberade". A idea de liberade terxiverxada. Non é a liberdade para todos, é a liberdade para "min". Ese individualismo, esa idea de que "eu estou ben" pode conducir a non sentir empatía polas verdadeiras necesidades dos demais e, no caso concreto das mulleres e grupos minoritarios, quedan reducidos á marxinalidade. Algúns creran que as mulleres xa conseguiron o suficiente, que non precisan máis que xa teñen dereitos de abondo. Pero, non é así.

As consecuencias económicas do neoliberalismo tamén son gravosas pois estamos asistindo, como se dixo, a unha nova forma de colonialismo e imperialismo mundial e global. Os intereses económicos conducen a conflitos que arruínan países pois as guerras, agora, son económicas. Neste caso as mulleres tamén van ser as prexudicadas pois, debido ao afán de lucro empresarial,  son vítimas da explotacións e se lles ofrece uns postos laborais moi mal remunerados que non poden rexeitar, perciben un soldo inferior aos seus compañeiros desempeñando a mesma función, ameázanas con despedilas se quedan embarazadas... En fin, aproveitándose de que son máis sufridoras e menos conflitivas.

Así pois, nos novos tempos, aínda temos que ter consciencia da marxinación da muller. Déronse pasos importantes, pero nas crises cíclicas capitalistas son as peor paradas. Lembremos, seguimos en desvantaxa e non hai que relaxarse.

Rosa María Cid Galante.

5 de febreiro de 2021.