Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Enxeñeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enxeñeira. Mostrar todas las entradas

03 marzo 2020

HERMINIA DOMÍNGUEZ GONZÁLEZ

Herminia Domínguez González naceu en San Xoan do Río en 1965 e é catedrática e investigadora acérrima. Exerce como profesora na Facultade de Ciencias no Campus de Ourense e é unha das mellores investigadoras de España no eido das Ciencias e da Tecnoloxía dos alimentos.Os seus estudos son os máis citados nas investigacións que se están a levar neste campo. Herminia mantense no ranking das 427 mellores investigadoras de España.

Ingresou o 16 de marzo de 2022 na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). A investigadora e docente da Facultade de Ciencias é a primeira muller científica técnica que accede a esta institución como académica numeraria e a primeira procedente do campus ourensán. 

A liña de investigación é o aproveitamento dos residuos de biomasa vexetal para obter produtos de interese na industria alimentaria e farmacéutica. Herminia Domínguez, avoga por ampliar e aplicar os coñecementos científicos que permitan desenvolver tecnoloxías máis limpas e eficientes para o fraccionamiento e conversión da biomasa renovable nas futuras biorrefinerías. Segundo ela é preciso un aproveitamento racional e completo da biomasa vexetal, especialmente da que está infrautilizada ou se considera un residuo, para avanzar cara á sustentabilidade non só porque reduce o seu impacto ambiental, senón porque pode converterse nunha materia prima renovable, contribuíndo a xerar riqueza local.

O labor que desempeñan as mulleres no ámbito da investigación é encomiable pois ben é sabido do arduo esforzo que supón. Malia os avances que se teñen dado no recoñecemento da muller na investigación é certo  que aínda hai diferenzas de xénero nestes ámbitos. Sabemos que a investigación é un exercicio vocacional pero moi complexo e de moitas horas de dedicación e ás veces non se ve moi recoñecido. Por iso, é loable traer a mulleres ourensás que persisten nese camiño de demostrar a súa valía pois abren o camiño a moitas outras.


24 julio 2018

EVA FERNÁNDEZ MORÁN


Eva Fernández é filla de pai ourensán e nai canaria. Aos oito anos veuse para Ourense e residiu en Xeixalbo. Viaxiera desde moi nova por ter formado parte do Grupo Castro Floxo, unha escola e unha experiencia de vida para Eva.
Eva titulouse en Enxeñería Técnica Agrícola e cunha beca marchou a Coímbra onde contactou coa enxeñería do medio ambiente. Posteriormente fixo os estudos de Grao en Ciencias Ambientais en Salamanca.
Coa beca Erasmus foise a Berlín. Ao finalizar realizou un máster en Ciencias Ambientais en Glasgow. Natural Power apareceu na súa vida e desde entón realiza un traballo que lle encanta dentro do sector das enerxías renovables.


02 junio 2015

EVA DAFONTE

Considero moi interesante introducir no blog a mulleres ourensás moi novas que están tendo éxito na súa profesión. Este é o caso de Eva Dafonte que é enxeñeira informática que traballa na CERN e que foi galardoada co premio Ada Byron que concede o Cpeig.
Eva é experta en replicación de bases de datos usando Oracle Streams e na rede de computación de Gran Colisionador de Hadrones.
Vid: La voz de Galicia

23 septiembre 2012

EDITA DE LORENZO RODRÍGUEZ

Naceu en Ourense en 1968 aínda que a súa familia é de Nogueira de Ramuín. Os seus pais emigraron a Suiza e regresaron a Galicia cando Edita tiña cinco anos. A familia instalouse en Vigo, o seu pai comezou a traballar nos Asteleiros. A Edita gustábanlle as matemáticas e física e comezou en Vigo a carreira de TELECO cando acababan de instaurarse estes estudos en Vigo. Dos 125 matriculados, vinte eran mulleres e, entre elas, estaba Edita. Ao rematar a carreira trasladouse a Boston para realizar parte da súa Tese de doutoramento. Actualmente ocupa o cargo de Directora da Escola de Teleco en Vigo. Unha carreira e un cargo que é un reto para unha muller cando sempre se asociaron as enxeñerías para os homes. Unha das liñas nas que investigou foi a de deseñar unha técnica para detectar o cancro de mama.
Vid: Xornal, 5 de setembro, 2010.