Etiquetas

26 octubre 2022

CELSA ARAÚJO FERNÁNDEZ

Naceu en Anaigo, Palmés, Ourense o 28 de maio de 1951. Os seus pais eran José Araújo e Celsa Fernández. Celsa destacou na práctica do judo sendo unha das primeiras ourensás que practicou este deporte no que acadou numerosos premios, outra das súas compañeiras sería a tamén ourensá Charo Rodríguez. 
Na súa época había pouco máis de cen mulleres en toda Galicia que se dedicaban a esta especialidade. Formou parte do Judo Club de Ourense e entre os seus logros está haber sido campiona de Galicia en 1972 co cinturón verde. A raíz deste campionato foi premiada na cidade como mellor deportista feminina do ano 1972.
Pero ese mesmo ano 1972  traeríalle máis alegrías pois no Campionato de judo celebrado en Madrid Sita acadaría o sexto posto nacional en cinturón verde.

Foto: La Región.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes). Vid: La Región, 31 de maio de 1951, p. 2; El Pueblo Gallego, 30 de maio de 1972, p. 14.