Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta M. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta M. Mostrar todas las entradas

25 marzo 2026

CHEGAMOS A MIL ENTRADAS E SERÁN MÁIS. MIL HISTORIAS DE MULLERES OURENSÁS. UNHA REVOLUCIÓN SILENCIOSA E PACÍFICA

 8 de marzo
O blog celebra ás mil mulleres ourensás.
Mil entradas, mil vidas de logros e camiños.

Este blog forma parte da miña vida desde hai quince anos (aos que habería que engadirlle outros tantos previos ao seu nacemento durante os cales especialiceime no tema). Esta sendo un caderno virtual que enche horas dedicadas a  tecer historias das nosas mulleres ourensás. Todas estas mulleres están sendo a miña compaña diaria. Coa disciplina diaria así  vai coséndose este caderno con mil fíos de ouro. 

Están sendo moitas, moitas as familias que contactan comigo para agradecerme que falara das súas nais, avoas, parentas... e ofrécenme máis datos, información e incluso bonitas fotografías para completar as entradas. Unha xenerosidade que me enche de gratitude.

A todas as persoas que me seguen e están interesadas nestas historias quero transmitirlles o meu agarimo.

As nosas mulleres conforman una grande diversidade social, ideolóxica, profesional, económica...porén todas teñen unha mesma características, ter sido ourensás que principiaron camiños, talvez, sen elas percibilo así. Para min todas teñen o mesmo valor, foron quen de ir facendo unha revolución silenciosa e pacífica nunha cidade tranquila e moi recalcitrante aos cambios. Aínda sí, todas estas donas sumáronse ao grande fluxo de mulleres que estaban a espertar esixindo o respecto á súa valía.

O meu agradecemento inmenso á xente desta cidade e...como non, de todas partes. Desexo que vivamos coa ilusión de chegar a un mundo de igualdade, porque non nos levemos a enganos, somos iguais, somos capaces, somos fortes.

Seguimos na andaina....

11 febrero 2026

MISIÓNS PEDAGÓXICAS EN OURENSE E CÁTEDRAS AMBULANTES EN OURENSE. DAS MISIÓNS PEDAGÓXICAS ÁS CÁTEDRAS AMBULANTES DOUS MODELOS DE CULTURIZACIÓN DO POBO CON PROPÓSITOS ANTAGÓNICOS.


A educación e a cultura foron, ao longo da historia contemporánea de España, campos de disputa política e ideolóxica. Máis alá da súa función formativa, convertéronse en ferramentas para modelar identidades, valores e formas de entender a comunidade e a cidadanía. Neste contexto insírense dúas experiencias especialmente significativas e contrapostas: as Misións Pedagóxicas da Segunda República e as Cátedras Ambulantes impulsadas durante o franquismo. Aínda que ambas se presentaron como proxectos de “culturización do pobo”, responderon a obxectivos profundamente diferentes e, en moitos aspectos, antagónicos.

O proceso de alfabetización e difusión cultural no medio rural galego, particularmente na provincia de Ourense, coñeceu durante o século XX dúas iniciativas institucionais de grande impacto, mais de raíz ideolóxica e propósitos antagónicos. Por unha banda, as Misións Pedagóxicas da Segunda República (1931-1936), inspiradas nos ideais do Giner de los Ríos e da Institución Libre de Enseñanza, concibían a cultura como un dereito democrático e un instrumento de emancipación cidadá. O seu obxectivo era "derrubar o muro da monotonía" e levar ás aldeas, mediante bibliotecas, cine, teatro ou museos itinerantes, as ferramentas para unha comprensión crítica do mundo. Inspiradas polos ideais republicanos de progreso, laicidade e xustiza social, buscaban reducir as desigualdades culturais e integrar o campesiñado nun proxecto de cidadanía moderna.

Tras a Guerra Civil, o réxime franquista, a través da Sección Feminina da Falanxe, implantou un modelo alternativo e reactivo: as Cátedras Ambulantes (a partir de 1941) e concibíronse como un instrumento de adoutrinamento ideolóxico e moral, orientado á difusión dos valores do réxime franquista, a exaltación do patriotismo e a subordinación da cultura a fins políticos e relixiosos. Este organismo, dirixido por Pilar Primo de Rivera, buscaba "formar á muller" segundo os valores do nacionalcatolicismo, converténdoa en gardiá do fogar e transmisora da ideoloxía do Estado. As súas cátedras, impartidas por "misioneiras do servizo social", levaban ás vilas e parroquias ourensás ensinanzas prácticas (coidados do fogar, puericultura, labores) indisociables dun adoutrinamento político e moral profundamente conservador, que pretendía reeducar á sociedade desde o ámbito privado e doméstico.

Este traballo examinará a transición dende un modelo republicano, laico e emancipador a outro franquista, católico e adoutrinador, analizando como a mesma xeografía – o rural ourensán – foi obxecto de dúas campañas de "culturización" con fins opostos, reflectindo así a fractura política e social de España. Parte da hipótese de que, malia compartir unha mesma metodoloxía aparente —a itinerancia e o contacto directo co mundo rural—, ambos modelos representan proxectos de culturización radicalmente distintos: un emancipador e plural, outro uniformizador e autoritario. Analizar o tránsito “das Misións Pedagóxicas ás Cátedras Ambulantes” permite, por tanto, comprender como a educación e a cultura poden ser empregadas tanto para ampliar dereitos e capacidades cidadás como para lexitimar e reproducir estruturas de poder.

Este será o marco conceptual conciso para contrastar ambos proxectos, subliñando o seu antagonismo e a súa implantación no contexto ourensán.

AS MISIÓN PEDAGÓXICAS

As Misións Pedagóxicas creáronse por decreto o 29 de maio de 1931(publicado na Gaceta o 30 de maio) e a súa función era espallar a cultura, por medio de bibliotecas, charlas, exposicións… Había un Padroado das Misións Pedagóxicas cuxo presidente era Manuel Cossío e que contaba cun orzamento inicial de 300.000 pesetas e a el debíase informar das actividades e propostas que facían as Misións Pedagóxicas das localidades.

Pois ben, estas tamén funcionaron na nosa provincia. Vilas e pobos como Xinzo, Beiro, Canedo, Canda e Piñor de Cea, Avión, Mezquita, O Barco…. solicitaban ao padroado a formación da bibliotecas pois consideraban que era preciso desenvolver o labor cultural.

Pero sen dúbida, foi Parada do Sil o máis activo para organizar as Misións Pedagóxicas pois o maxisterio da comarca levou a cabo diversas tarefas de promulgación cultural sendo a súa principal promotora Rosa Pons, a mestra. E dicían

De acuerdo todos los maestros nacionales de este municipio, emprenderán una campaña pedagógica y cultural por todas las escuelas del mismo, consistente en una serie de conferencias con las que procurarán elevar el nivel de cultura y educación cívica y moral del pueblo, así como también le ayudarán a interpretar el espíritu de la República en sus disposiciones de carácter pedagógico y social. (1)

O día 13 de novembro de 1932 organizaron un amplo programa e dicían o seguinte:

El primer acto se celebrará el próximo domingo día 13 a las dos de la tarde en el local de la escuela de niños de Parada del Sil y en él tomarán parte los señores maestros siguientes: Doña Rosa Pons de Yañez, de Parada; Don Nicolás Martín Grande, de Guendón y don Eduardo López Otero de Sacardebois.(2)

Na localidade de Teimende celebráronse outras Misións o día 4 de decembro de 1932. Nelas intervén unha muller interesante chamada Elvira Coello, unha mestra e :

Habla de las grandezas de España en el transcurso de los tiempos; compara las grandezas del Estado español con las miserias que padeció en todo tiempo el pueblo; culpa de este abandono a la Monarquía y presenta la esperanza que en el régimen republicano debemos tener, convencidos de que ha de llevar a España a nuevas grandezas basadas en la educación de todos sus habitantes…(3)

En Lobios tamén van organizarse as Misión e expresan deste xeito o seu contento:

“¡Que satisfacción es ver cumplido el ideal que en nuestras conciencias radica! Los maestros que forman la sociedad Loviense de Trabajadores de la Enseñanza, estarán satisfechos, poseídos de ese bienestar moral que nos embarga al ver coronados nuestros esfuerzos con los laureles de la victoria.” .(4)

En Carballiño, Viana, Entrimo, Lardeira de Carballeda, Avión…Pobos e pobos que querían o desfrute das vantaxes que lles ofrecía o Padroado das Misións Pedagóxicas e cuxos mestres e mestras non paraban de solicitarlles bibliotecas, exposicións itinerantes… 

AS CÁTEDRAS AMBULANTES E A SÚA ACTIVIDADE EN OURENSE

As Cátedras Ambulantes non xorden nun baleiro histórico, senón que son o resultado dun longo proceso de intervención do Estado no ámbito educativo e cultural, condicionado polo triunfo franquista na Guerra Civil e pola configuración do réxime como un sistema autoritario, nacionalcatólico e profundamente centralizador. Os seus antecedentes remóntanse, en primeiro lugar, á tradición das iniciativas de educación popular e extensión cultural que, desde finais do século XIX e comezos do XX, tentaran achegar a formación ás clases rurais e obreiras. Experiencias como as Universidades Populares, as escolas de adultos, as cátedras ambulantes agrícolas, as campañas de alfabetización ou, especialmente, as Misións Pedagóxicas da Segunda República (1931-1936) estableceran a idea de que a cultura podía —e debía— chegar ás zonas máis afastadas do país mediante dispositivos itinerantes.

Porén, tras a Guerra Civil, o franquismo reinterpretou e resignificou este modelo de intervención cultural. O réxime asumiu a itinerancia como ferramenta eficaz para penetrar no mundo rural, pero abandonou calquera pretensión de pluralismo, espírito crítico ou democratización cultural. Pola contra, adoptou un enfoque doutrinador, no que a educación popular se concibía como un medio para consolidar a orde política, moral e relixiosa do “Novo Estado”. Neste sentido, as Cátedras Ambulantes deben entenderse como herdeiras formais —pero non ideolóxicas— das Misións Pedagóxicas, substituíndo o seu carácter emancipador por un proxecto de control cultural e social.

A orixe institucional das Cátedras Ambulantes sitúase en 1945, no marco do Ministerio de Educación Nacional e, máis concretamente, baixo a órbita do Servizo Español do Maxisterio e de organismos vinculados á Formación do Espírito Nacional. Foron impulsadas nun contexto de posguerra marcado polo illamento internacional do réxime, a necesidade de lexitimación interna e a vontade de moldear ideoloxicamente ás novas xeracións e á poboación rural adulta. A súa creación tamén estivo influída polo ideario falanxista de “cultura ao servizo da patria” e polo peso crecente da Igrexa católica no sistema educativo e cultural español. O seu nacemento responde a dous factores principais:

  • Reacción ao modelo republicano: Tras a derrota das políticas laicas e coeducadoras da República e as súas Misións Pedagóxicas, o réxime franquista precisaba un instrumento para reeducar á poboación, especialmente ás mulleres do medio rural, segundo os valores do nacionalcatolicismo.
  • A "Revolución desde o fogar": A ideoloxía franquista asignaba á muller un papel esencial como "raiña do fogar", gardiá da moral católica, transmisora da ideoloxía do movemento e reprodutora biolóxica e cultural da "esencia patria". A súa formación era, pois, unha cuestión de Estado.

No que respecta á súa organización, as Cátedras Ambulantes estruturáronse como equipos itinerantes compostos por mestres, instrutores culturais, representantes da Sección Feminina, sacerdotes e, en ocasións, persoal técnico encargado de medios audiovisuais (proxectores de cine, diapositivas, radio, etc.). Estes equipos desprazábanse por comarcas rurais previamente seleccionadas polas autoridades provinciais, permanecendo varios días ou semanas en cada localidade. A actividade desenvolvíase en escolas, casas consistoriais, igrexas ou centros sociais, e combinaba conferencias, clases prácticas, proxeccións cinematográficas e actos de exaltación patriótica e relixiosa.

O planteamento pedagóxico das Cátedras Ambulantes baseábase nunha concepción vertical e unidireccional da cultura: non se trataba de dialogar coas comunidades rurais nin de fomentar a súa participación, senón de “iluminalas” desde arriba cos valores oficiais do réxime. A estrutura e o modo de operar reflectían o carácter militarizado e misioneiro do propio franquismo.

As cátedras integrábanse no Servizo Social da Muller, de obrigado cumprimento para todas as mulleres solteiras entre os 17 e os 35 anos para obter certos títulos e papeis oficiais. As monitoras das cátedras eran xeralmente instrutoras ou "xefas" deste servizo. As docentes eran coñecidas como "misioneiras" ou "catedráticas ambulantes". Eran mulleres seleccionadas pola Sección Feminina, con formación en ensinanza doméstica, enfermaría ou puericultura, e sobre todo, cunha ideoloxía falanxista probada. O seu  labor era tanto pedagóxica como de vixilancia e control social.

Os contidos incluían alfabetización básica, nocións de hixiene e economía doméstica, formación agraria elemental, pero tamén —e de maneira central— educación política e moral de carácter nacionalcatólico. A transmisión dunha identidade española homoxénea, a exaltación do Caudillo, a defensa da unidade da patria e a conculcación de roles de xénero tradicionais foron elementos nucleares do seu discurso. 

Metodoloxicamente, as Cátedras Ambulantes desprazábanse cun pequeno equipo portátil (máquina de coser, utensilios de cociña, botiquín, carteles, bandeiras) e utilizaban manuais específicos editados pola propia Sección Feminina, como a Cartilla de Cocina ou Formación Político-Social, onde se inculcaban os roles de xénero e a obediencia ao réxime. Empregaron recursos modernos para a época, como o cine educativo, as exposicións móbiles e os materiais visuais, o que lles confería unha aparencia de innovación. Con todo, esta modernidade técnica coexistía cunha concepción profundamente conservadora e autoritaria da educación. Fronte ao espírito crítico e creativo promovido polas Misións Pedagóxicas republicanas, as Cátedras Ambulantes apostaron pola disciplina, a obediencia e a interiorización dos valores do réxime.

Máis alá da alfabetización ou a mellora das condicións de vida (que eran efectos secundarios), os seus propósitos fundamentais eran o control ideolóxico, estender a presenza do Estado franquista a cada aldea, neutralizando posibles resistencias e creando adhesións; reforzar e uniformizar o modelo de muller submisa, dedicada á esfera privada e subordinada ao home; introducir técnicas domésticas modernas (hixiene, nutrición) sen cuestionar nin a estrutura patriarcal nin a ditatorial. Era unha modernización para a autarquía e a tradición.

En síntese, as Cátedras Ambulantes constitúen un exemplo paradigmático de como o franquismo instrumentalizou a cultura e a educación como ferramentas de control social. A súa orixe responde a unha continuidade formal con iniciativas previas de extensión cultural, pero o seu planteamento ideolóxico e organizativo revela unha ruptura profunda cos principios democráticos e emancipadores que inspiraran experiencias anteriores.

En Galicia e, concretamente, na provincia de Ourense, onde o rural era vasto e illado, as Cátedras Ambulantes tiveron unha presenza significativa, sendo un dos instrumentos máis visibles co que o franquismo buscou penetrar e reconfigurar a vida cotiá das mulleres.

As Cátedras Ambulantes de Ourense, denominadas “Francisco Franco” (nome xenérico das cátedras), foron creadas en 1946 e desenvolvéronse en diferentes localidades da provincia cunha permanencia media de 45 días, aínda que este período podía ampliarse en función das circunstancias. Ao longo de cada ano organizábanse seis cátedras ambulantes en distintos puntos da xeografía ourensá. Para a súa planificación, a provincia dividíase en zonas que eran previamente estudadas e analizadas co fin de determinar os lugares máis axeitados para a súa implantación. Estas cátedras estaban subvencionadas pola Delegación Nacional e contaban coa cooperación económica dos concellos, da Inspección de Ensino, dos servizos de Extensión Agraria, así como coa participación de médicos, alcaldes, veterinarios e mestres, entre outros. A dirección das Cátedras Ambulantes estivo a cargo de Pilar Santalices Cid.

(Pilar Santalices Cid. Fonte: "La Cátedra ambulante realiza un gran labor", La Región, 21 de febreiro de 1963, p. 6)

A ensinanza abranguía numerosos campos, ensinaban corte, curtido de peles, traballos de corda e rafia, alfombras, avicultura, cunicultura, traballos manuais, cociña labores, relixión, economía doméstica, convivencia social, cancións, danza.

As clases eran para os nenos, nenas, mozos e mozas do pobo pero de xeito separado e intercalándose entre as faenas agrícolas. Comezaban cunha misa dialogada á que asistía todo o pobo, e logo comezaban as clases facendo un descanso de doce a dúas e continuaban á tarde ata a noite. O profesorado era seleccionado en cursos nacionais e provinciais. Os medios cos que contaban eran material ordinario, televisor, magnetofónico, proxección de cine con películas, cociña de gas butano que transportaban nun vehículo remolque, que como se dicía, era como unha vivenda volante.

Estiveron en Poboa de Trives, tamén en Oímbra onde a instrutora xefa foi María Eugenia Armada, Rocío de Alba foi a profesora de traballos manuais, María del Prado Trincado encargouse do curso de cociña, de corte, confección e política encargouse Nelly Costela, a ximnasia e baile galego foi impartida por Pepita Castro e a relixión estivo a cargo do párroco Antonio Rodríguez Rodríguez.(5). 

O día 6 de abril de 1959 e durante uns meses, tamén interviñeron no pobo de Cualedro onde catro afiliadas á Sección Feminina, María Eugenia Hermida Alonso; María Teresa Quirós Llordén; María Nelly Costela Mazorra e Amalia Hervella Martínez desenvolveron diversos cursos que se estruturaban de mañá e de tarde como labores e traballos manuais e corte e confección, cociña práctica, conservería, puericultura, ensinanza doméstica e educación física. Pola noite ensinaban baile e canto rexional, industrias rurais, convivencia social, cultura xeral e na parroquia proxectaban películas do Ministerio de agricultura. Seica a concorrencia foi masiva. É de comprender, pois as xentes do lugar sentíanse illadas e a presenza destas "misioneiras" supuña unha ruptura da súa rutina. Pero non cabe ningunha dúbida que o obxectivo principal era crear unha expectativa favorable cara ao franquismo. (6)

En ocasións, as cátedras ambulantes asociábanse a outras propostas formativas de cara ao mundo rural, especialmente as que tiñan que ver co campo. Por exemplo, en Xinzo da Limia dende o 15 ao 20 de abril leváronse a cabo unhas xornadas de divulgación agrícola. En concreto, no pobo de Rebordechá houbo unha sesión promovida pola cátedra ambulante que estaba actuando en Cualedro para mulleres e nenos con proxección de documentais sobre a crianza de pitas e porcos. (7) 

Desde logo, a intervención da cátedra ambulante non deixaba indiferente xa que facía participar a un grande número de xente e sempre eran despedidas con grande recoñecemento por autoridades varias. Estiveron en Avión durante 45 días e en xuño de 1959 os seus cursos foron clausurados con eloxios por parte do subxefe provincial do Movemento, señor Fariña. Nesa ocasión, nenos e nenas dos pobos bailaron muiñeiras e xotas rexionais e cantaron cantigas e na parroquia expuxéronse os traballos realizados durante o curso. (8) 

O empeño propagandista das cátedras facía que o seu número aumentase así como a capacidade de intervención, en efecto, programaron que en setembro de 1959 se crearían cátedras ambulantes en catro pobos de Viana do Bolo. (9)

Outra das intervencións máis sonada foi en Guizamonde onde permaneceron de marzo a abril de 1960. Centráronse no coñecido barrio de "Wichita" coñecida por aquel entón como a "cidade sen lei". Un barrio marxinal e de xente moi humilde. Alí impartiron clases ás xentes máis humildes, ensinaron a cociñar ás mulleres e recibiron formación relixiosa. As mulleres indicaban que era como un bacharelato no quefacer diario de limpeza, organización doméstica, preparación de alimentos, hixiene, confección de roupa, xoguetes e "en fin cuanto en un hogar cristiano y español hay que hacer para que la vida sea grata y limpia y entre los vecinos reine el amor..." (10). As persoas maiores tamén recibiron atención e puideron ver proxeccións cinematográficas, escoitar charlas... Os veciños manifestaron que lles cambiara a vida.

(Profesoras da Cátedra. Fonte: "La Sección Femenina en Guizamonde", La Región, 21 de abril de 1960, p. 5. Tratada con IA).

As profesoras da Cátedra eran as que conducían as clases de xeito organizado e segundo un horario pero tamén contaban coa colaboración de diversas persoas de diferentes ámbitos profesionais para que impartisen conferencias e charlas ás xentes do lugar. Normalmente, nos pobos acudían os da Extensión Agraria que falaban de aspectos agrícolas e gandeiros en xeral e tamén asesoraban acerca dos mellores sistemas agrarios para o pobo en cuestión. 

(Obradoiro de costura. Fonte: "La Sección Femenina en Guizamonde", La Región, 21 de abril de 1960, p. 5. Tratada con IA).

As cátedras rolaban pola provincia, en decembro e xaneiro de 1960-61 estiveron en Vilardevós, logo en febreiro de 1961 en Laza cos mesmos propósitos e planteamentos; en xullo estiveron en Verín onde, entre outras actividades, impartiuse unha conferencia da pintura barroca por parte da señorita Durán Sotelo, deténdose en especial na pintura de Velázquez...En xuño de 1962 foron ao pobo de Rubiás, en Calvos de Randín... No ano 1963 visitaron Blancos, Todos eles pobos moi montañosos e remotos de moi difícil acceso o que obrigaba a limpar camiños para que puidesen circular os jeeps. En todos os pobos os alcaldes convértense en protagonistas por ser promotores de que acuda a Cátedra e dan os seus discursos cargados de consignas políticas. Trasmiras foi outro dos pobos nos que estivo a cátedra e nela participaron 150 nenos e nenas e máis mozos cun acto de clausura cargado de mensaxes laudatorios á cátedra. Outro pobo visitado foi San Xoán do Río, Baños de Molgas, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo, Abavides, Beariz, Desteriz, Lobios, Nogueira de Ramuín, Padrenda, Grou, Manzaneda..

A clausura das Cátedras adoitaba a ser un grande acontecemento para o pobo pois xuntábase toda a xente, acudía o Gobernador Civil e outras diversas autoridades....e convertíase nunha festa total na que se expuñan traballos, facíanse bailes galegos, música, discursos...Unha das máis sonadas foi a de Vilardevós en xaneiro de 1961 e a da Mezquita a onde acudiron altas autoridades, a prensa, a radio, as rexedoras provinciais do traballo e prensa e propaganda. Todo envolto no espírito do Movemento. (11)


Para concluír, cómpre sinalar que, aínda que ambos modelos de divulgación compartían a vontade de intervir no medio rural, respondían a obxectivos claramente diverxentes. Así, mentres as Misións Pedagóxicas procuraban achegar ao pobo unha cultura de carácter intelectual a través de ensinanzas relacionadas coa lectura, o teatro, o cine, a arte ou o museo, co propósito de enriquecer culturalmente a sociedade, fomentar o espírito crítico e impulsar o progreso, as Cátedras Ambulantes do franquismo orientábanse cara á transmisión de saberes que reforzaban os roles de xénero establecidos e contribuían á exaltación do espírito patriótico e á consolidación do réxime. Lonxe de constituír unha culturización emancipadora, tratábase dunha formación orientada á reafirmación dos valores franquistas, na que as denominadas “forzas vivas” exercían un papel de control e influencia destacado.

(1) (2) "Parada del Sil", Galicia, 12 de novembro de 1932, p. 3.
(3) "Nuestra labor. Pequeñas misiones pedagógicas", El Magisterio orensano, 8 de decembro de 1932, p. 2.
(4) "Pequeñas misiones pedagógicas", Galicia, 4 de xullo de 1933, p. 4.
(5) "El Gobernador Civil inauguró ayer tres escuelas en el Ayuntamiento de Villardevós", La Región, 4 de novembro de 1958, p. 2.
(6) "Cátedra ambulante de la Sección Femenina", La Región, 26 de abril de 1959, p. 7.
(7) "Divulgación agrícola", La Región, 3 de maio de 1959, p. 6.
(8) "Avión. Clausura de un curso de formación", La Región, 5 de julio de 1959, p. 7.
(9) "Reunión de la Comisión Permanente del Consejo Provincial del Movimiento", La Región, 27 de agosto de 1959, p. 6.
(10) "La Sección Femenina en Guizamonde", La Región, 21 de abril de 1960, p. 5.
(11) "Villardevós. Clausura de la Cátedra Ambulante", La Región, 4 de xaneiro de 1961, p. 5; "Clausura Cátedra ambulante de la Sección Femenina en la Mezquita (Viana)", La Región, 24 de decembro de 1961, p. 2.

Referencias bibliográficas

Borrás Llop, J. M. (2007). Las Misiones Pedagógicas (1931-1936). Madrid: Residencia de Estudiantes.
Cámara Villar, G. (1984). Nacionalcatolicismo y educación en la España de Franco. Madrid: Rialp.
Cuesta Bustillo, J. (dir.) (1998). Historia de la educación en España. Vol. II: De la Restauración a la II República. Ministerio de Educación.
Díaz-Faes, P. (2017). Misións Pedagóxicas e Cátedras Ambulantes: dúas formas de chegar ao rural galego. Universidade de Santiago de Compostela (Traballo de Fin de Máster inédito, consultable en repositorios).
Hernández Díaz, J. M. (2013). Educación y cultura en el primer franquismo. Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca.
Gallego Méndez, M. T. (1983). Mujer, Falange y Franquismo. Taurus.
López Sández, M. (2011). Mulleres no franquismo: a represión e a resistencia no rural galego. Laiovento.
Molero Pintado, A. (2000). La política educativa del franquismo. Madrid: UNED.
Otero Urtaza, E. (2004). As Misións Pedagóxicas. 1931-1936, Consello da Cultura Galega.
Otero Urtaza, E. (2006). Las Misiones Pedagógicas: una experiencia educativa en la España republicana. Santiago de Compostela: USC.
Richmond, K. (2004). Las mujeres en el fascismo español: la Sección Femenina de Falange. Madrid: Alianza.
Sanz Fernández, F. (1999). La educación en la España de posguerra. Madrid: Biblioteca Nueva.Se queres, podo:
Rodríguez González, M. A. (1999). "Sección Femenina: la "culturización" de la mujer en la Galicia rural" en VV.AA., Mulleres e Nacionalismo. Aproximación desde a Historia (pp. 149-162). A Nosa Terra.
Suárez Fernández, L. (1993). Crónica de la Sección Femenina y su tiempo. Asociación Nueva Andadura.

30 noviembre 2025

JOSEFINA MARTÍNEZ BIEL

Seguindo a recomendación que me fixo David Simón, a quen respecto moito polo seu estupendo traballo, vou dar entrada a Josefa Martínez Biel, muller da que non tiña eu referencia pero que David deuma a coñecer, algo que debo agradecer enormemente.

Naceu en Madrid no ano 1901 e residía en Xinzo da Limia no número 37 da rúa Progreso. Era filla de Andrés Martínez Veiga (Diario de un médico de guardia), ciruxián e dentista, do que temos interesante información grazas a David Simón. Josefina tiña catro irmáns: Lohengrin, mestre e galeguista, nome peculiar que nos leva a lendas artúricas, pois Lohengrim era fillo de Parzival; Parsifal, dentista, de nome tamén certamente mítico pois remite a Persibal, cabaleiro da Táboa Redonda; Roberto vinculado tamén ao oficio como mecánico dentista e Fausto, dentista e colaborador nos xornais locais. Polo tanto era unha familia de rango intelectual sobradamente recoñecido. 

Josefa, ou Pepita, segundo nos indica David Simón, parecía exercer como auxiliar de odontólogo, de feito, cando a Garda Civil  a detivo en maio de 1937 alcumábana "A dentista":

(Fonte: «Una detención», La Región, 26 de maio de 1927, p. 2)

O 14 de setembro de 1949 a Garda Civil detívoa en Lugo e conducírona ao cárcere da cidade luguesa pois foi acusada de manter relacións con «elementos perturbadores del orden». Así que, Josefina, tamén sufrirá o cárcere como os seus irmáns.

Unha vez ingresada en prisión, e tras un mes encarcerada, isto é, en outubro de 1949, enviou unha carta ao Capital Xeneral na que dicía que estaba delicada de saúde, que fora sometida a unha operación cirúrxica por parte do Doutor Peña Rey e que debía gardar repouso e ter tranquilidade e aproveitou para alegar que ela non cometera delito algún. Dicía así:

Excmo Señor Capital Gral octava Región: Josefina Martínez Biel, de cuarenta y nueve años de edad, soltera, ayudante y auxiliar de ondontólogo, procesada en causa que se tramita bajo el número 218 en el Juzgado Militar número 1, de la ciudad de la fecha, ante V.E. comparezco y con el máximo respeto expongo: Que como consecuencia del sumario mencionado me encuentro detenida en la prisión provincial de Lugo, con daño manifiesto de mi salud y peligro de sufrir graves accidentes. Es el caso excmo. Señor que, cual resulta acreditado en el certificado médico que se acompaña autorizado por el Sr. Peña Rey de Orense, el veinticinco de marzo del año actual fui sometida a una operación quirúrgica, despues de la cual estuve sujeta a tratamiento variado e intenso, durante semanas quedando resentida de riñones, habiéndome ordenado el médico que durante mucho tiempo hiciese vida tranquila, de reposo y con sujección a un régimen alimenticio especial especial. Bueno no se ocultará a su excelencia, en la cárcel ni puedo  hacer vida tranquila ni guardar reposo, ni procurarme una alimentación especial,  sino que, por el contrario, la intranquilidad es absoluta, los trastornos frecuentes y los peligros manifiestos...»(1)

Na segunda parte da instancia deféndese das acusacións das que foi obxecto e di:

 Por otra parte, se da la circunstancia de que no he realizado voluntariamente ningún acto delictivo, de que jamás he tenido relación con elementos perturbadores del orde, de que siempre, como mis mayores y todos mis familiares, figuré entre los amantes de la paz y defensores de la situación actual, verdadero ejemplo de dicha y bienestar, gracias al talento y ejemplaridad del Excmo. Caudillo.... »(1) .

Pero Josefina non obtivo a resposta desexada e seguiu cumprindo condena acusada de colaboradora dos «bandoleiros». A situación que estaba a vivir Josefina é dunha evidencia de desacougo, por iso, o 3 de xaneiro de 1950 volveu enviar outro manuscrito no que seguía declarándose inocente. Así mesmo, manifestou que súa nai, Mercedes, tiña oitenta anos de idade e dependía do sustento dela polo que suplicaba clemencia:

« ...que de prolongarse la detención de la dicente, su anciana madre, de 80 años de edad, se verá en la obligación de implorar la caridad pública por ser la que suscribe con su honrado trabajo de ayudante de auxiliar odontólogo la que atiende al sustento (...) Tenga a bien decretar la libertad de la suplicante ...(2)

De pouco valeu pois a condena foi de seis meses e tivo que cumprilos na súa totalidade saíndo en liberdade o 20 de abril de 1950. 

Unha vez libre continuou co exercicio de auxiliar de odontóloga pero foi denunciada por intrusismo e, de novo, en xuño de 1950 tivo que comparecer ante a xustiza:

(Fonte: «Gobierno Civil», El Progreso, 13 de xuño de 1950, p. 2)

Moitos detidos, tamén moitas mulleres, sufriron o engano dos infiltrados na guerrilla, e Josefina sería unha das represaliadas enganadas. (3)

(1) (2) Expediente procesual de Josefina Martínez Biel;
ES.GA.27028.AHPLU/1.3.2.7.PPL.02.01.02.92765-102.; caixa 92765-102
(3) Torna, C. « Jesus Costoya., outro infiltrado chave para acabar coa guerrilla nas Terras de Lemos», https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/infiltrados/20250913182032233767.html. Neste artigo faise mención a Josefína que, xunto con outras mulleres, caeu na rede dos infiltrados.

Outras referencias foron
«A familia Martínez Biel. Dentistas en Xinzo», https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/07/17/a-familia-martinez-biel-dentistas-en-xinzo/
«Los Martínez Biel, dentistas en Xinzo de Limia» https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2022/07/los-martinez-biel-dentistas-en-xinzo-de.html.
Foto da entrada: Recorte dunha fotografía publicada por David Simón no seu blog e logo mellorada por programa informático.

02 noviembre 2025

GREGORIA MATORRAS

Pode ser interesante facer mención dunha muller que non naceu en Ourense pero si faleceu na nosa cidade. Trátase de Gregoria Matorras, nai do libertador de Arxentina, Chile e Perú, José de San Martín. 

Era natural de Palencia, en concreto de Paredes de Nava, e naceu en  1738. Con 28 anos marchou a Arxentina e alí casou con Juan de San Martín, militar e gobernante de Río da Plata, e residían en Yapeyú. Este enfermou e o matrimonio trasladouse a vivir a Bos Aires pero a idea era trasladarse a España. Chegaron no barco Santa Balbina a Cádiz  Residiron en Málaga, tamén en Madrid...pero en 1786 faleceu Juan de San Martín.

Ao quedar viúva, Gregoria enfróntase a unha situación de penuria e escaseza económica e na necesidade de sacar aos seus fillos adiante levándoa a redactar unha carta solicitando unha pensión. Como non foi escoitada, dirixíu a súa reclamación ao rei facendo e este vai transixir concedéndolle unha pensión vitalicia.

Gregoria, un tanto maior, tomou a decisión de trasladarse a vivir a Ourense, si, á nosa cidade, pois aquí residía a súa filla  María Elena, o seu xenro e a súa neta Petronila.  Na cidade tivo numerosas relacións sociais e boa veciñanza. Aquí faleceu en 1813, tiña 75 anos e ao seu sepelio asistíu numerosísima xente ourensá.

Foi enterrada no convento de Santo Domingo o 29 de marzo de 1813. (Esta data da inhumación recóllea El Eco de Galicia, non obstante, noutras fontes indican que faleceu o 1 de xuño de 1913).

(Fonte: «La madre de San Martín en Orense», El Eco de Galicia, 10 de xuño de 1907, p. 1-2).

Despois os seus restos foron trasladados a Arxentina, onde repousaban os do seu home. A cidade ourensá realizou unha ofrenda a Arxentina que consistíu nun cofreciño que contiña a terra do Convento de Santo Domingo onde estivera soterrada Gregoria. Foi encargado de recibir esta homenaxe o Sr. Casals que era o agregado cultural da Embaixada de Arxentina en Madrid. A terra foi enviada como reliquia  a Bos Aires. 
A prensa informou da noticia do seguinte xeito:


(Fonte: « Tierra española del lugar donde reposan los restos de la madre del general San Martín», El Correo gallego, 8 de xullo de 1947, p. 6).

Nesta entrada non poñemos a imaxe de Gregoria Matorras que circula por internet pois, segundo un artigo de prensa indica que o retrato que se atribúe a Gregoria Matorras non se corresponde con ela, senón que se trata dunha muller da que non se coñece o nome: «Los falsos padres del general San Martín» en Infobae.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes: «Gregoria Matorras», https://es.wikipedia.org/wiki/Gregoria_Matorras; Hemeroteca; «Héroes y genios. Siluetas Históricas. Don José de San Martín», Hojas Selectas, 1908, nº 73, pp. 535).

17 marzo 2025

MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA

Hai tempo que recibín unha chamada desde Xinzo da Limia por parte dunha profesora, Lucía Laroá, que me informou do traballo que estaban a facer co alumnado do seu centro CEIP Rosalía de Castro. Contoume que estaban a recoller a traxectoria vital de moitas mulleres limiás coa finalidade de publicar un libro. Sentín unha grande emoción por esta marabillosa iniciativa xa que ía sacar á luz a mulleres da comarca que foron e son moi meritorias e porque considerei que se trataba dun gran labor didáctico e pedagóxico xa que implicaba aos cativos e cativas na aprendizaxe de seren recompiladores de historias ademais de seren capaces de valorar o rol das mulleres na historia. 

Lucía Laroá invitome a prologar o libro e, sinceiramente, sentinme moi alagada. Nese prólogo expresei o grande valor que ten este traballo e desde aquí quero amosar o meu agradecemento a Lucía e a toda a ANPA do centro por contar comigo e agardo que continúen adiante.

Moitas grazas por todo e moitos parabéns. Recomendo que lean o libro pois as historias son moi interesantes e os debuxos dos nenos e nenas son verdadeiramente dunha grande beleza. (clican na imaxe e poden ler o prólogo que lles adiquei).

30 enero 2025

BELÉN MARTÍNEZ CARBONELL


Belén Martínez Carbonell é a nova Secretaria Xeral do Servizo Europeo de Acción Exterior un dos altos postos da diplomacia europea e estamos a referirnos a unha ourensá de nacemento. 

En efecto, naceu en Ourense en 1969 e realizou os estudos no Colexio Concepción Arenal. Logo fixo estudos de Ciencias Políticas en Madrid e de Diplomacia na Universidade Libre de Bruxelas. No Colexio Europeo obtivo un Master en Estudos Políticos Europeos Avanzados.

En 1994 comezou a súa carreira diplomática na Unión Europea e ocupou varios cargos, entre eles, traballou na Delegación da UE en EE.UU.

É unha muller moi valorada e é considerada unha peza clave pois o seu cargo significa coordinar a posición das capitais e a toma de posicións comúns.

Significar os logros das nosas ourensás, como Belén Martínez, é relevante para dar mostra fehaciente da capacitación das mulleres en todos os ámbitos. 

Numerosos medios de comunicación tanto estatais como estranxeiros así como locais fixeron eco deste nomeamento polo que denota a importancia e o rango do mesmo. 

Así que, as nosas mulleres ourensás non se arredran ante retos tan relevantes.

27 enero 2025

ANUNCIACIÓN DE LOS MOZOS VARONA

Non era natural de Ourense pero formou parte do plantel de profesorado da Escola Normal de Mestras de Ourense, a onde chegou en 1915, practicamente cando se acababa de inaugurar o  novo centro na rúa do Progreso.

Naceu en 1886. Tiña o título superior de maxisterio pola sección de Ciencias. En 1904 estaba traballando como interina na escola de Arenillas de Muñó en Burgos. En 1908 presentouse ás oposicións e estivo exercendo en diferentes escolas da provincia da provincia burgalesa. 

Aos 29 anos, en 1915, concedéronlle a praza numeraria de Física, Química e Historia Natural na Normal de Ourense e, de feito, nese ano vai exercer como directora accidental. Compartirá claustro con interesantes profesoras normalistas da capital: Leonor López Pardo, Josefa Rosón, Pilar Martínez Álamo, Sara Fernández... Permanecerá na nosa cidade exercendo a docencia na Normal de Mestras ata 1920, ano na que deixou a cidade xa que foi nomeadad inspectora na provincia de Burgos.

Era unha muller propia do seu tempo pois, tal como era o pensamento da época, concebía que a educación era importante para as mulleres pero para que estas soubesen transmitir cultura aos seus fillos, xa que o lugar das mulleres é o fogar, para o cal debe formarse. Estas ideas eran as que expresaba nas conferencias que chegou a impartir. Polo tanto, non avogaba por unha educación resarcidora e emancipadora da muller, senón que seguía na defensa da muller tradicional. Criticaba que era unha aberración que a muller quixera dereitos para si e que o había que facer era preparala para ser muller e nai.

Non deixa de ser un tanto paradóxico que mulleres que chegaron a ocupar altos cargos administrativos, como é o caso, logo non sexan conscientes de que estaban ocupando espazos que foron vetados ao longo dos tempos e, polo tanto, estaban exercendo unha profesión e  non precisamente estaban nas súas casas. Polo tanto, estamos evidenciando como as mulleres destes tempos eran fillas das ideas que ao longo da vida foran inculcándose. Non obstante, como adoito a dicir, moitas delas, aínda que non de pensamento, si polos seus actos foron abrindo pasos inéditos para as mulleres e moitas delas acabarían aproveitándoos para sentirse máis libres.

Exerceu con entrega todos os anos de servizo pero faleceu moi nova, o 1 de novembro de 1934, con 48 anos. 

(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. ) Nombramientos. Burgos. El magisterio español , 1904 Julio 16, p. 5; Diario de Burgos, 1908 febrero 11, p. 2; Boletín Oficial de la Provincia de Valladolid, 14 de abril de 1910, p. 326; Instrucción Pública. El Progreso, 1915 abril 10, p. 1; El Magisterio Gerundense, 1913 junio 25, p.10; De sociedad. El castellano, 02 de novembro de 1934, p. 2.)

19 enero 2025

MULLERES OURENSÁS QUE ESTUDARON NO INSTITUTO CARDENAL CISNEROS DE MADRID

(Fotografía extraída de internet pero envellecida por min cun programa on line para darlle un aire retro.)

Hai que valorar o interese por parte das ourensás de comezos do século XX de proseguir os estudos de primaria e cursar o bacharelato. Iso leva a pensar a que terían en mente acceder á Universidade. Cando eu fixen o estudo das mulleres ourensás que realizaron estudos de secundaria observei que,en efecto, unha grande porcentaxe encamiñábanse a facer estudos de maxisterio e  universitarios pero tamén había quen titulaba no bacharelato pero, logo, non continuaban estudando. Isto inducía a pensar que habería mulleres ourensás que cursaban estudos secundarios sen máis ambición que complementar e ampliar as aprendizaxes da primaria e adquirir uns coñecementos que consideraríamos de "adorno".

Dito o cal, sabemos que no primeiro terzo do século XX houbo numerosas inscricións de ourensás no Instituto de Ourense. Algunhas delas non remataron aquí os estudos de bacharelato pois solicitaron traslado ao prestixioso e notable Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. 

O Instituto Cardenal Cisneros de Madrid fundouse no ano 1845, en tempos de Isabel II. Foi chamado así na honra do fundador da Universidade de Alcalá. O edificio é de grandes dimensións, de espazos amplos aptos para o estudo e o acollemento de grande número de estudantes. Destaca nel a grande escaleira de mármore como un eixe central do edificio.

(Fotografía extraída de internet pero envellecida por min cun programa on line para darlle un aire retro.)

O centro acolleu desde os seus inicios a un grande número de alumnado. Primeiro chegaron os mozos e pouco a pouco comezaron as primeiras matrículas femininas que foron incremetándose ata 1930. Pero coa chegada da Guerra Civil o centro pasou a ser masculino. Coñecidas e recoñecidas mulleres estudaron neste lugar, estamos a referirnos a Clara Campoamor, Victoria Kent, Hildegart Rodríguez Carballeira. Nesas aulas tan enormes, coas bancadas en pendente, escoitarían as leccións dun claustro selecto. Hoxe en día, aínda mantén o encanto de antaño.
(Fotografía extraída de internet pero envellecida por min cun programa on line para darlle un aire retro.)
Pois ben, este instituto tan prestixioso, tamén contou coa presenza de mulleres ourensás que percorrerían os seus espazos e quen sabe, talvez, chegaron a coñecer ás prestixiosas alumnas que se mencionaron anterior. Ditas ourensás foron:

Alvida González González. Natural de Vilardevós. Estudou desde 1920 a 1922.

Teresa Vaamonde Valencia. Natural de Toén, Ourense. Estudou de 1919 a 1921. Posteriormente fixo estudos de Filosofía e Letras, especializándose en Historia e opositou a prazas de Biblitecaria e Arquivística.  (Falarei da súa traxectoria nunha próxima entrada do blog.)

María de los Ángeles Fernández Núñez. Natural de O Barco de Valdeorras. Estudou desde 1915 a 1919.

Eudosia Montes Villamarín. Natural de Puga, Toén. Estivo cursando dous anos, 1920 a 1922.

María Gracia López Placer. Natural de Coles. Realizou o ingreso no Instituto Cardenal Cisneros en 1922 e estivo dous cursos académicos, de 1922 a 1924.

María Purificación Pardo de Castro. Natural de Ourense. Naceu o 7 de setembro de 1905. Realizou o ingreso no Instituto ourensán en 1915 cando tiña 10 anos e estudou ata 1918 obtendo unhas notables cualificacións. A continuación solicitou traslado ao Instituto Cardenal Cisneros. Rexistrouse no Instituto de Madrid en 1919 e realizou dous cursos, de 1919 a 1921. Era filla de Isauro Pardo y Pardo e de María de la O Castro y Garcés. En 1961 recibiu o título de Marquesa de Leis tras o falecemento do seu irmán, Ramón Pardo de Castro que faleceu nun accidente de aviación.

Rosa Pardo de Castro. Naceu en 1908 en Ourense e irmá de Purificación. Fixo o exame de ingreso no Instituto ourensán o 10 de xuño de 1918. Cursou por oficial un ano matriculándose en catro materias (das que non constan cualificacións) e, en 1919, solicitou o traslado de matrícula ao Intituto Cardenal Cisneros, xunto coa súa irmá.

Piedad Fernández López. Naceu en Castro Caldelas o 19 de xaneiro de 1899. Fixo o exame de ingreso no Instituto Ourensán pero, a continuación, foi á Escola Normal de León. Logo foi a Madrid e cursou un ano no Instituto Cardenal Cisneros, de 1920-21. Sería inspectora de ensinanza primaria e exerceu en Ourense. (Poden ver a súa traxectoria na entrada no blog que fala sobre ela.)

Alicia González González. Naceu o 28 de xuño de 1904 en Vilardecervos e era filla dun mineiro. Fixo o exame de ingreso no Instituto ourensán o 20 de setembro de 1917. A continuación matriculouse por libre no curso 1917-18 e por oficial no seguinte curso, de 1918 a 1919. O 13 de abril de 1920 solicitou unha certificación académica para o Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. 

Aurea González González. Naceu en Vilardecervos o 24 de novembro de 1901. Era irmá da anterior. Realizou o exame de ingreso no instituto de Ourense o 20 de setembro de 1917. Matriculouse por libre no curso 1917-1918 e por oficial no curso 1918-19. O 13 de abril de 1920 solicitou o certificado académico para trasladarse ao Instituto Cardenal Cisneros de Madrid.

13 enero 2025

O EXIGUO FEMINISMO OURENSÁ DE COMEZOS DO SÉCULO XX E A APARICIÓN DO MDM NA TRANSICIÓN


Toda vez que a educación da muller ourensá se xeneralizaba cada vez máis[1] e estas comezaban a acceder ao mundo laboral de carácter profesional interesa saber se tamén se mergullaron con maior compromiso nas posturas feministas e reivindicativas que agromaban nesta época. Por suposto que a educación nestes anos estaba excesivamente “controlada” no senso de inculcar uns valores moi tradicionais, pero non pode negarse que foi un instrumento que coadxuvou á autoestima e maior confianza da muller facéndoa máis reflexiva, crítica e comprometida, unhas novas calidades e responsabilidades que comezaban a espertar o interese da prensa ourensá do momento: 

Estas calidades que forman el carácter neto de la mujer de antaño: fragilidad, indecisión y timidez, se trocaron por otras que constituyen el de la mujer moderna: fuerza, voluntad y serenidad. Por eso las vemos con una confianza en sí mismas muy grande, van elevándose triunfadoras y dominantes a la altura del hombre, creándose, por lo tanto, cierta libertad y posición que las hace independientes....[2] 

Nin que dicir ten que o devandito artigo exprésase en termos dunha educación liberadora ou resarcidora da situación de inferioridade que vivía a muller, unha idea tamén manifestada pola escritora e articulista ourensá Corona González[3] quen editou numerosos artigos en A Nosa Terra dos que destacariamos aquel no que se acusaba aos pais de negarlle unha formación ás súas fillas o que as obrigaba a casar para ser mantidas e depender toda a súa vida:

“As mulleres precisan da educación e da instrucción mais que os homes. Educar unha muller é educar a Sociedade. Educar un home é educar nada máis que un home! (...) Os pais que tein fillos e fillas só se ocupan da instrucción dos fillos, algunhas veces facendo grandes sacrificios, incluso empeñándose para conquerir dar carreira algún...A muller precisa saber gañar a vida sin non for mais (sic), pol-o menos tanto como o home. A muller pra abrirse camiño na vida pasa moitos mais apuros e desgostos –sen contar os traballos- que o home. É necesario ensinarlle a traballar, para ser independente, e facerlle comprender que non é necesrio o casamento nen ser monxa, pra ser feliz n´este mundo. Só pode adquerir a súa independencia por medio do traballo, e o día que as nosas mulleres podan gañar a vida independentemente, sin precisar de ninguén, terán independencia de carauter, e poderán casarse, ou non, sin ter medo a quedar solteiras, pois non precisan de un que as manteña...

É preciso ós homes comprender e ver o necesario que é a educación e instrucción na muller, por iso quen teña súas fillas pense un pouco o que vae ser d´elas o día que pechen os ollos, si non ven o americano rico que salve a situación antes... [4]

Na mesma liña sitúase un habitual articulista do xornal La Región, Salvador Padilla. Entre os artigos destacamos o titulado “La mujer debe estudiar” publicado o 13 de xuño de 1930 onde se aludía ao monopolio exercido polos homes sobre os medios de vida e os estudios pechando todas as portas da posibilidade de que a muller viva independentemente e reitera na responsabilidade dos pais para proporcionarlle ás fillas unha educación: “es preciso, pues, que los padres nos preocupemos del porvenir intelectual de nuestras hijas”[5]

Cando a muller accedeu á universidade[6], abríronselle novas perspectivas no ámbito laboral e no terreo da súa autopercepción e mentalidade –xa de por si rupturista por encamiñarse a un mundo pensado para os homes- adquirindo unha maior concienciación para reivindicar posturas e servir de canais de transmisión das novas ideas. E en efecto, Blanca Calvo[7], mestra ourensá e escritora en diversos xornais galegos como El Heraldo, El Compostelano, La Región e algúns en A Nosa Terra, tamén avogaba pola culturización da muller e a apertura dos estudios superiores como fórmula de abrirlle novos horizontes á muller. Transcribimos a continuación o gran artigo publicado en La Región en 1918 baixo o título “La necesidad de la cultura en la mujer y medios de propagarla”:

La importancia de la misión de la mujer, ha sido unánimamente reconocida por todas la sociedades y por todos los pueblos, aún los menos civilizados.
La mujer ejerce su influencia en el hogar doméstico, que es la mejor escuela para la formación del carácter, y todos sabemos, que es antes por el carácter que por la inteligencia, por lo que son grandes o pequeñas las naciones. En la infancia, el hombre es materia moldeable, y la madre el artífice que le dá forma, y de eque este artífice sea más o menos habil, dependen la mayoría de las veces, los resultados de la obra educativa. ¡Cuántos niños vemos malograrse física y moralmente por incapacidad de las personas que han guiado sus primeros pasos en el intrincado camino de la vida!.
La mortalidad infantil está en armonía con la cultura de la mujer hasta el punto, que donde esta aumenta, aquella disminuye en España, desgraciadamente, está en ese terreno a una altura lamentable, pues es, despues de Turquía, la nación que ofrece la cifra más aterradora de niños muertos por la ignorancia de las personas que los rodean, especialmente la madre...
Con razón podemos decir, parrodiando el Gran Capital y gran estadista del siglo XIX que madre, es también lo que hace falta en España...
Pero a la mujer no podemos sólo mirarla bajo el título de madre, es también hija, esposa, y es, sobre todo, jujer y en cualquiera de estas acepciones merece el cultivo de todas sus facultades, que la coloquen en la categoría a que Dios la hizo merecedora al darle una conciencia racional y una inteligencia, que en nada desmerece a la del hombre.
Como afortunadamente, hoy están todos de acuerdo sobre este asunto, no es necesario insistir en el. Pero siendo indispensable educar debidamente a la mujer es preciso proporcionarle medios. Pues bien, esto es lo que ha sucedido con la mujer. Nada se la ha pedido, para nada se le ha exigido capacidad y hsta el único medio de cultura puesto a su alcance, las Normales, estaban tan faltas de medios, que eran lugares más propios para rechazar que para atraer a los amantes de la ciencia.
La buena voluntad de algunos, deseosos del bien patrio, ha entreabierto a la mujer las puertas de la Escuela Superior, y digo entreabierto, porque en lugar de dejar franca la entrada, como se hace con todos los demás centros docentes, se limita el número de plazas, y se somete a la aspirante a ingresar en ella a un examen riguroso que es como si al que quisiera seguir la carrera de abogado se le exigiera para entrar en la Universidad el conocimiento de todas las leyes...
Y sin embargo, la hemos visto lanzarse en tropel a esa pequeña brecha, lo que demuestra de una manera clara que si estaba satisfecha del exclusivismo que con ella se empleaba, ni carecía de deseos de verse redimida del estigma de la ignorancia con que hasta ahora se la señalaba.
Es, por lo tanto, de absoluta necesidad abrir a la mujer nuevos horizontes que le sirvan como estímulo de la educación primero y como medio de vida después. A la mujer no se la ha excluido de ninguna de las cargas que pesa sobre todo ciudadano, ni se la ha considerado inferior para el castigo en el Código Penal, es pues justo que tampoco se vea rechazada de los cargos retribuidos del Estado, y téngase presente, que cada puesto que a ella se le otorgue, será una persona a la que se proporcione un medio de vida, y muchas las que por alcanzarlo cultiven su inteligencia. Además, como ejemplo, es contagioso y la influencia del medio tan grande podría ser esta una forma de regeneración social, pues el vicio es hijo predilecto de la ignorancia y elevar el nivel del pubelo física , moral e intelectualmente es el fin que todos los buenos patriotas debemos perseguir”[8]

Obviamente, o movemento feminista que vai xurdir na segunda metade do século XIX, ía ver á educación como factor decisivo para o recoñecemento da igualdade de xéneros, do mesmo xeito que resaltaba que as pautas educativas e os mecanismos diversos deste podían ter un papel de reforzo na diferenciación entre sexos tal como xa plasmara John Stuart Mill en 1869[9]. E nesa liña encádranse os artigos referenciados anteriormente. En España os postulados sobre o feminismo enfocáronse dende diversas ópticas: o católico que o que pretendía era manter o orden social establecido dende tempos pretéritos porque era o que mellor se encadraba dentro dos seus postulados; o filantrópico e paternalista que procedía daqueles grupos sociais máis acomodados cunha intención de limar asperezas á cuestión da explotación feminina; e o socialista ligado á estrutura socioeconómica do momento. Reivindicacións sucesivas traduciranse por medio de asociacións, organismos diversos e sindicatos.

En España, o feito de que as mulleres se organicen colectivamente para esixir os deus dereitos políticos é un fenómeno tardío en relación ao resto dos países europeos por razóns económicas (a tardía industrialización) e ideolóxicas (o deficiente desenrolo do sistema liberal). Os primeiros balbucidos de sindicación feminina apareceron no último carto de século do XIX, pero non será ate 1920 cando se poida falar de sindicación feminina. O proceso reivindicativo cobra especial importancia a partir dos anos vinte sobre todo no sector industrial, seguido do grupo de comerciantes e servizo doméstico, sendo as agricultoras as que menos participan nas manifestacións[10]. A educación da muller non podía quedarse na mera forma, de tal xeito que será un instrumento para unha concienciación maior facendo brotar unha muller máis comprometida e reivindicativa. Pioneiras nestas lindes serán as mestras por verse nunha situación discriminatoria con respecto ao home[11]. Esta conciencia de grupo foi xa recollida pola Condesa de San Luís quen nunha conferencia sobre a Educación feminista pronunciada en 1922 en Madrid di, entre outras cousas:

  “...vemos ahora centenares-que mañana serán millares-de muchachas estudiantes, yendo resueltamente-como hicieron sus compañeras de otros países-a la conquista de cátedras universitarias; y estas muchachas, cuyo ideal no es solamente la emancipación, sino también la instrucción y la cultura, serán, en un mañana cercano los mejores paladines de un feminismo bien entendido”[12]

A Condesa de San Luís[13] defendía que a muller debía bastarse por si mesma, é dicir, emancipada, e o home tiña que acatar esta situación. Para a esta pensadora existía unha correlación entre analfabetismo e feminismo indicando que os países máis analfabetos eran os máis antifeministas.

No Congreso Feminista de Xenebra, celebrado en 1920, acordouse, entre outros, puntos importantes, a concesión do dereito ao voto á muller, o goce dos mesmos dereitos que o home incluso dentro do matrimonio, o acceso á educación xeral, técnica e profesional en iguais condicións co home para desempeñar oficios e empregos civís, administrativos e xudiciais. En definitiva incidiuse no trato igualitario entre ambos os dous sexos[14]

Pero: Como se viven estas reivindicacións na provincia ourensá? ¿respírase o mesmo ambiente e latexan nas mulleres os mesmos intereses? Podería pensarse que son estas novas ideas na defensa da igualdade de oportunidades que o home as que animan ás ourensás a realizar uns estudios superiores?. 

A prensa confírese como un medio de confrontación entre os diversos postulados sobre o feminismo uns na súa defensa e outros na máis férrea oposición como, por exemplo, o que se publicou no periódico La Zarpa, que puña de relevo os postulados da Igrexa en col do papel de submisión que debía asumir a muller unha mensaxe que de seguro tería unha gran incidencia na sociedade ourensá polo influxo que exercía dita Institución na provincia:

  “ La filosofía socialista típica quiere constreñir a todas por igual, sin tener para nada en cuenta el sexo; y en igual error cae el feminismo moderno que exige a cada mujer total independencia económica, al paso que niega al hombre la calidad de cabeza de familia...Ambos sistemas repugnan al catolicismo...”[15].

Apareceron excepcionalmente dentro da Igrexa algunhas opinións defendendo a igualdade entre homes e mulleres como as manifestadas polo Bispo de Ourense, Don Florencio, quen indicaba que nos evanxeos xa se defendía por dereito propio recibido de Cristo:

“Se habla hoy mucho de hacerla igual al hombre en cargos, en derechos y funciones civiles, ello significa que si “hacerla” quieren es porque “igual no la encuentran. Cuestión absurda a la luz de los principios evangélicos que informan la acción católica en que siempre la mujer por derecho propio recibido de Cristo y no de los hombres, con gracias singularísimas y realces de gloria que sobre los mismos ángeles la levantan, intervino; cuestión vana y puereil si todos los hombres, por muy sabios legisladores que se consideren, sintieran y discurrieran en cristiano” [16].

Sumándose á cruzada da Igrexa en contra do feminismo outros articulistas de forma individual tamén o deploraban indicando que ía acabar, polo erróneo das novas orientacións, coa muller de principios:

“...No es esta la verdadera emancipación de la mujer...antes bien es la corrupción del carácter propio de la mujer y de su dignidad de madres, es el trastorno de toda la sociedad familiar...”[17];

“Si lógico, natural y humano es que la mujer aspire a ser la verdadera compañera del hombre, la que con él comparta deberes y derechos, que hasta ahora sólo acaparaba; y sea su auxliar en todo aquello que no implique menoscabo del sexo; nada más irracional, denigrante y antipático, que trate de inmiscuirse en cosas que no la incumben, y pretenda suprimir la barrera que la naturaleza colocó entre uno y otra. La mujer, mujer en el amplio sentido de la palabra, es una cosas; la mujer marimacho es otra; y así como el hecho de poder dar rienda suelta a su inteligencia y facultades ( tan refrenados hasta ahora) indican un gran adelanto de ideas y es el reflejo de una progresiva civilización, la exageración de sus cualidades, y el convertirse en imitación del hombre en todo, hasta en sus vicios, es humillante para ella y depresivo para la sociedad. Hay quienes entienden por feminismo la abolición absoluta de los atributos y cualidades propios de la mujer, para igualarse al hombre, no sólo en sus derechos, sino tambien en sus aficiones, actitudes, gustos, etc...”[18]

Outra óptica menos combativa era a expresada por artigos diversos que matizaban que podía defenderse o feminismo sempre e cando reivindicara as facetas encomiables da muller:

“La mujer gallega cuando su marido parte y la deja en medio de la soledad y en la esfumada lejanía, sobre ella pesan los deberes de ciudadanías que antes exigían al marido, más ella no tiene un código de leyes que le dé los derechos que exornan y defiendan a aquel. A ella que por ser débil precisa más del amparo invulneráble, se la deja en la bella suevia abandonada al hielo dela envidia, al fuego de pasión desordenada, al vendaval huracanado de todas las calamidades y miserias humanas. No queremos a nuestras mujeres como a las sufragistas inglesas con la bomba y petardo en mano; pero si la ansiamos libre y con sus derechos ya que se la graba con todos los deberes....”[19]

“Ahora bien si el feminismo no pretende arrancar a la mujer de su vocación natural; si lo que quiere y pide es una mayor protección para ella, a fin de que su misión aparezca en toda su grandeza, y no como una servidumbre fatal, garantizando a las mujeres derechos para facilitarla el cumplimiento de sus deberes, en ese caso el feminismo representará un anhelo de progreso social...”[20]

“Pero el feminismo no surgirá , no recogerá sus frutos si no es encauzado por derroteros racionales, más prácticos, más contundentes....Mujer, esposa y madre son las tres concepciones. Es el punto de partida del feminismo”[21]

Pero poucos eran os artigos que defendían o feminismo máis íntegro pero cando o facían argüían que era necesario conceder os dereitos civís ás mulleres para que a sociedade progresara e avanzara, é máis, este era necesario nunha sociedade que se desenvolvía[22]

En definitiva, a conciencia feminista sería apoiada dende diferentes frontes ideolóxicos pero en Ourense, a falta dun movemento feminista como tal debido a que os intereses das clases sociais da época non canalizaban as súas miras cara a emancipación da muller, habería, máis ben, iniciativas individuais. Situación análoga vivíase no resto de Galicia onde as manifestacións en col das razóns do feminismo proviñan de posturas particulares como a do avogado Portal Fradejas quen reivindicaba o dereito das mulleres a ser consideradas cidadás, tamén Sofía Casanova de Culleredo colaboradora asidua do periódico ABC polos anos vinte e considerada unha escritora feminista, Delfina Mediero Miguélez, que dende postulados católicos defendía os dereitos e deberes civís e políticos da muller, etc.[23].

Pero non cabe dúbida que vai haber sectores sociais que amosaban unha grande inquedanza polos cambios que se aveciñaban en relación ás actitudes das mulleres que vían imparable, sobre todo a partir dos anos vinte. As xentes ourensás que ata agora viviran nun certo letargo e sen demasiadas perturbacións, temían que as mulleres cobraran protagonismo social. Por tal motivo, combatíase esa tendencia ferreamente nun ton de ferinte ironía, como o seguinte escrito publicando en La Región en 1928 e asinado por un ourensán do pobo de Cea :

-Vamos a atacar un tema de actualidad, eh? ¿qué te parece el feminismo?
-¡Oh, el feminismo!, sí, eso de las mujeres.
-…Pues te diré, son el mismísimo demonio!, como ahora, las mamás modernistas no se cuidan de sus hijos ni los crían ellas, tienen poco que hacer y no se les va el tiempo…
-Si, es verdad, pero yo lo juzgo un peligro, un mal que, quizás, no tenga remedio ¿No te parece?
-Te equivocas, Pérez, tiene una solución muy sencilla. Porque contra ese partido que trata de arrebatarnos la supremacía, que trata por lo menos, de igualarse a nosotros, podemos tomar el nuestro, el “masculinista”.
Haríamos grandes mítines de propaganda, manifestaciones públicas…diciendo “Maridos, no hagáis el primo; vuestras mujeres os la quieren dar con queso. Evitadlo, inscribiéndoos en el partido masculinista, el más numeroso que ha existido, u otros que dijeran: “Abajo las faldas, boicot a las mujeres”…Serían…menos feministas y más femeninas…”[24]

Así que, o feito de que moitas mulleres ourensás accedesen aos estudos superiores e exerceran a profesión e protestasen ante os abusos, obviamente, supuña franquear as liñas impostas para elas. Non pode negarse que contribuíron sobradamente a contía de mulleres que nestes anos en todo o estado accedían á universidade coa intención de emanciparse.

Foron mulleres que estudaron, que se formaron, que traballaron, que contribuíron á sociedade de xeito construtivo e abriron paso ás futuras xeracións. En gran medida, foron transgresoras polos seus feitos, aínda que mentalmente non o fosen tanto, e iso é o que conta pois, ao seu xeito, romperon os estereotipos establecidos na época para a muller. Hai que velo como un importante logro para unha pequena cidade de interior e así debe entenderse.

Vexamos como esta cita extraída dun artigo de opinión de Pedro Lucini, escrito en Madrid e que La Región publicou o 30 de xuño de 1928 fala dos cambios na vida das mulleres:

¿Donde están aquellas mujeres espirituales, cándidas, aficionadas a la lectura de novelas románticas? ¿Donde están aquellas mujercitas ingenuas, que ansiosas de llegar a la más perfecta feminidad, soñaban con imitar a las heroínas….estas cualidades que forman el carácter neto de la mujer de antaño: fragilidad, indecisión, timidez, se trocaron por otras que constituyen el de la mujer moderna “fuerza, voluntad y serenidad”. Por eso vemos que con una confianza en sí mismas muy grande, van elevándose triunfadoras y dominantes a la altura del hombre, creándose, por lo tanto, cierta libertad y posición que las hace independientes.

A República abriu portas para as mulleres: o recoñecemento xurídico, o dereito ao voto, o divorcio, o matrimonio civil, a participación na política...Non obstante, non foron pasos fáciles e seguros pois a rémora da tradición impedía unha unidade de acción conxunta e incluso a implicación das forzas políticas que non todas estaban de acordo con estes avances das mullers. Pero o proceso quedou truncado pola guerra civil e todo voltou atrás. Repregrouse, de novo, a vida das mulleres e estas tiveron que voltar ao mundo da discreción a volver ser nai, filla e muller titelada.

Pero cando a ditadura desapareceu xordiu en Ourense no 1975 un interesante movemento que é o MDM, Movemento Democrático das Mulleres, unha agrupación que xa tiña nacido noutras cidades galegas como Vigo e Ferrol. Estaba formado por un conxunto de mozas ilusionadas que se reunían en casas particulares (normalmente na Torre de Ourense) para debater e falar dos asuntos que interesaban á muller e tamén realizaban encontros e charlas para difundir as súas ideas. Asuntos de igualdade de xénero, contra a violencia e a liberación da muller. Mozas como María de los Ángeles Fernández Tovar, María del Carmen Méndez Nóvoa, Teresa Heredero del Campo, María Dolores Alonso Reverter, Mayuca Tesouro, Rebeca López de Turiso, María Concepción Álvarez Álvarez que foron pioneiras e que considerábanse comprometidas para facer espertar nas mulleres de Ourense unha conciencia de grupo. 

Os seus ideais ían encamiñados a concienciar ás mulleres para facer delas mulleres activas e comprometidas. a continuación aparece un chamamento a todas as ourensás no que fan unha crítica pola falta de preocupación por parte do goberno polos asuntos das mulleres.


Ofrecían conferencias cun programa centrado nos asuntos que eran de interese para as mulleres:

(Fonte: Comunicados do Movemento Democrático de Mulleres de Ourense. ES.GA.15078.AHF10M/6.3.//00169-005. Caixa 00169 005)
[1] A educación da muller sempre estivo relegada a cubrir uns obxectivos precisos ligados ao que ía ser a súa vida doméstica e familiar. Non obstante, os avances experimentados durante o primeiro tercio de século no tocante á educación da muller foron máis que evidentes, tanto que houbo unha reducción considerable do analfabetismo feminino e procédese á incorporación das primeiras mulleres aos estudios secundarios e universitarios. As ourensás tamén participarán deste fenómeno como tiven ocasión de comprobar para elaborar a miña tese doutoral sobre a Muller e educación en Ourense.
[2] LUCINI, Pedro, “Las mujeres del siglo XX”, La Región, 30-6-1928, p.1
[3] A escritora Corona González naceu en A Rúa pero vivíu en París, Londres, Brasil, Arxentina... sempre acompañando ao seu home que era conselleiro delegado do Banco Español de Río. Nos países estranxeiros tivo ocasión de coñecer a emigración galega e este sería un tema recorrente nos seus artigos. Colaboraba de forma asidua co semanario A Nosa Terra . Os seus escritos tiñan un carácter reivindicativo en defensa da lingua, da muller e da súa cultura e educación e un dos máis interesantes é o titulado “Para os pais que tein fillas” publicado en A Nosa Terra. Sobre a traxectoria periodística Corona González, vid: MARCO, Aurora, As precursoras, A Coruña, A Voz de Galicia, 1993, pp. 185-188; RIOS BERGANTINHOS, Noa, A mulher no nacionalismo galego (1900-1936). Ideología e realidade, Santiago, Laiovento, 2001, pp. 136-139.
[4] GONZÁLEZ, Corona, “Para os pais que teñen fillas”A Nosa Terra, , 1-4-1927, p. 9.
[5] PADILLA, Salvador, “La mujer debe estudiar”, La Región, 13-6-1930, p. 1.
[6] A este respecto debemos remitirnos aos artigos publicados nos anteriores números da revista Minius sobre a incorporación da muller ourensá á Universidade. Vid: CID GALANTE, Rosa María, “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1930) (I)”, Minius, nº XI, 2003, pp. 139-156; “As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II), Minius, nº XII, 2004, pp. 73-102.
[7] Sobre a traxectoria de Blanca Calvo vid: MARCO, Aurora, As precursoras....Op.cit.,(not.4), pp. 177-179
[8]CALVO, Blanca, “Necesidad de la cultura en la mujer y medios de propagarla”, La Región, 22-2-1918, p. 1.
[9] NUÑO GÓMEZ, Laura, Mujeres: de lo privado a lo público, Tecnos, Madrid, 1999, p. 34.
[10] Vid: CAPEL MARTÍNEZ, Rosa María, “Mujer y trabajo en la España de Alfonso XIII”, en AA,VV., Mujer y sociedad en España (1700-1975), Ministerio de Cultura, estudios de la Mujer, 1986, pp. 231-232; El trabajo y la educación de la mujer en España (1900-1930), Madrid, Ministerio de Cultura, Instituto de la Mujer, 1986, pp. 218 e ss; DOMÍNGUEZ JUAN, María Milagros, Representación de la mujer en las revistas femeninas, Madrid, Universidad Complutense de Madrid, Facultad de ciencias políticas y Sociología, Departamento de Teoría Sociología, 1988, p. 70, pero no capítulo 3 fai unha análise da evolución do movemento feminista dende a súa orixe no século XVIII ate o XX e os diferentes tipos de feminismo según as diferentes perspectivas que del se foron forzando; ALTED VIGIL, Alicia, “La mujer en las coordenadas educativas del régimen Franquista”, Actas IV jornadas de investigación interdisciplinar: Ordenamiento jurídico y realidad social de las mujeres, Madrid, Universidad Autónoma de Madrid, 1989, p. 425-437; RAMOS, María Dolores, “La mujer, sujeto creador y objeto de creación en el discurso literario. Una perspectiva histórica. 1880-1918”, Actas de las VII Jornadas de Investigación interdisciplinaria: Mujer y hombres en la formación del pensamiento occidental, Volume II, Madrid, Ediciones de la Universidad Autónoma de Madrid, 1989, p. 234.; “Historia social: un espacio de encuentro entre género y clase”, Ayer, nº 17, 1995, p. 87-102; RODRÍGUEZ DE LECEA, Teresa, “Mujer y pensamiento religioso en el franquismo”, Ayer, nº 17, 1995, p. 173-200; FOLGUERA CRESPO, Pilar, “Revolución y Restauración. La emergencia de los primeros ideales emancipadores (1868-1931)”, en GARRIDO GONZÁLEZ, Elisa (ed.)., Historia de las mujeres de España, Madrid, Ed. Síntesis, 1997, pp pp. 482-483;ORTIZ ALBEAR, N., “Las mujeres durante la Restauración” en CUESTA BUSTILLO, J., (dir) Historia de las mujeres en España. Siglo XX, Madrid, Instituto de la Mujer, 2003, pp. 304-309.
[11] BALLARÍN, Pilar, “Maestras, innovación y cambios”, Arenal. El magisterio de las mujeres. Revista de Historia de mujeres, Vol.6, nº 1 enero-junio 1999, pp. 105,107,109.
[12] CONDESA DE SAN LUÍS, Educación Feminista, Publicaciones de la Real Academia de Jurisprudencia y legislación, Ediciones Reus, Madrid, 1922, p. 13-14.
[13] Outras disertacións sobre o feminismo foron as pronunciadas por María Valero de Mazas polos anos vinte, destacamos a titulada “Charla sobre el encauzamiento del Feminismo español” pronunciada no Ateneo de Madrid o 12 de Maio de 1919 e “Charla Jurídico-social (Por las mujeres para los hombres)” celebrada no Ateneo de Madrid o 2 de Marzo de 1920. Vid: VALERO DE MAZAS, María, Pequeñas y serias cuestiones sociales, Granada, Editorial Urania, 192?.
[14] “Congreso Feminista de Ginebra”, La Región, 5-8-1920, p. 1.
[15] SOTO Y PEÑA, “La mujer obrera”, La Zarpa, 13-11-1930, p.1.
[16] FLORENCIO, Bispo de Ourense, “Carta Pastoral. Juventud femenina, La Región, 25-3-1930, p. 1.
[17] ECHÁVARRI, María, “La personalidad de la mujer”, La Región, 24-2-1933, p. 1.
[18] ADRIANA, “El dique del feminismo”, La Región, 3-9-1927, p. 1.
[19] YEBRA RODRÍGUEZ, Germán, “La emigración y el feminismo”, La Región, 6-1-1918, p. 1.
[20] GUERRA, A., “La acción feminista”, La Zarpa, 26-12-1923, p. 1.
[21] “Lo que debe ser el feminismo”, La Zarpa, 6-6-1926, p. 1.
[22] QUADRAS BORDES, “Justicia para todos”, La Región, 28-3-1924, p. 1.
[23]Vid: RODRÍGUEZ GALDO, Mª Xosé (coord.), Textos para a Historia das mulleres en Galicia, Santiago, Consello da Cultura Galega, 1999, pp. 541-548.
[24]SEVILLANOS, Angel, “Feminismo”, La Región, 10 de xaneiro de 1928, p. 1