(Foto particular e logo procesada con IA e tratada cun envellecemento.)
Mulleres represaliadas polas súas ideas, por encubrir ás súas familias, por axudar aos fuxidos. Mulleres na retargarda e escudos dos seus. Moitas foron detidas, encarceradas, torturadas e sinaladas. Algunhas van aparecendo nos arquivos e imos reconstruíndo as súas vidas.
Os Anuarios estatísticos ofrecen datos aínda que, certamente, considéranse datos oficiais hai que tomalos con reserva pois non é estrano que se desmarquen da realidade. O caso é que moitas, foron moitas as mulleres do Estado que sufriron a pena do cárcere por delito de rebelión, segundo os datos que se amosan estariamos a falar dunhas 87.588, pero non se descarta que fosen máis.
Foron procesadas e castigadas por alzar a súa voz contra os golpistas, de tal xeito que as mulleres non quedaron ao marxe dos acontecementos e facendo tamén fronte contra a ditadura sabendo que puñan en xogo a súa liberdade. Hai que seguir pescudando nos arquivos para coñecer cantas mulleres de cada provincia, realmente foron detidas e encarceradas. Aínda queda moito por facer.
(Elaboración propia. Datos extraídos a partir do Anuario Estatístico de 1946-47.)