Etiquetas

27 marzo 2009

DORA VÁZQUEZ IGLESIAS


Dora Vázquez Iglesias nace en Ourense o 21 de agosto de 1913. Dos seis aos trece anos estuda na Coruña onde reside, máis tarde, aos dezasete anos, comeza a estudar maxisterio na Escola Normal de Ourense, para exercer en Teimende, Ourense, durante 18 anos e en Lalín, A Coruña, durante 15. Comeza a publicar desde moza en publicacións como A Noite en 1948, Vida Galega, Vagalume, Céltica.
Escribe tamén en Maxisterio español, e en Escola española escribe relatos e contos infantís. Traballou para a radio no programa "Sempre en Galicia" e en RNE na Coruña en Emisión Bazar. 
É irmá da tamén escritora Pura Vázquez con quen publicou varios libros. 
Casa con Antonio Rodríguez Vázquez e teñen dous fillos, Antonio Afasto e Abelardo. 
En 1963 recibe o 2º Accesit Xogos Florais de Ourense por "Canto a la ciudad de Orense". A Primeira Mención Honorífica por teatro infantil, "En busca de un corazón" no II Concurso de teatro e literatura do Ministerio de Educación e Ciencia, Madrid 1971. En 1974 o Terceiro Premio Poesía Infantil "Caballito Repintado" Madrid Escola Española e o Primeiro Premio no I Certame de Panxoliñas de Valdeorras e o Bierzo por "Luces en Belén nacidas". Faleceu o 24 de setembro de 2010.
Obra:
Autobiografía-memorias. Orense: Diputación Provincial de Ourense. Biografía. As pontes do amor. Novela. Personalidade e obra de Pondal, 1960. Ensayo. Ganadora del Premio Casa de Galicia de Montevideo 1960 Palma y Corona (historias santas). Madrid: Escuela Española, 1964. Cuentos. Caminos de Plata y Sol. Orense: Comercial, 1966 Un poema cada mes. Orense: La Región, 1969. Poesía. Irmá. Orense: La Región, 1970. Poesía. Los poetas, 1971 Bergantiñá. Orense: La Región, 1971. Novela. Tres cadros de teatro galego. Orense: La Región, 1973. Teatro. Monicreques. Orense: La Región, 1974. Teatro. Oriolos neneiros. Orense: La Región, 1975. Poesía. Campo e mar aberto. Lugo: Celta, 1975 Duas novelas galegas. Orense: La Región, 1978. Novela. Cascabel, o cabaliño do circo, 1979. Cuento. Ganadora del IX Premio O Facho 1976 Fantasías infantiles. Orense: La Región, 1980. Teatro. Ronseles. Orense: La Región, 1980. Teatro. Viaxe o país dos contos e da poesía. Orense: Caja de Ahorros Provincial de Ourense, 1985 Oración junto al camino. Madrid: Rondas, 1985. Poesía. A xeito de antoloxía. Orense: Gráficas Gutenberg, 1992. Poesía. Mulleres amadas por grandes homes. Sada: Ediciós do Castro, 1993 Soñando con Ourense. Orense: Ayuntamiento de Ourense, 1995 Oración junto al camino. Orense: Gráficas Gutenberg, 1995. Poesía.