Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Pedagoga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pedagoga. Mostrar todas las entradas

31 diciembre 2015

PIEDAD FERNÁNDEZ LÓPEZ

Piedad naceu na vila de Castro Caldelas o 19 de xaneiro de 1899. Era filla de Pascasio Fernández e Remedios López. 

Aos quince anos, no ano 1914, ingresou no Instituto Provincial de Ourense e matriculouse por libre en materias soltas e o 13 de agosto dese ano solicitou o Certificado de traslado  á Escola Normal de León. 

De aquí pasaría á Residencia de Madrid, dirixida por María de Maeztu, onde permaneceu desde 1919 ata 1924. Consta que se matriculou no Instituto Cardenal Cisneros no ano 1920-1921. Logo estudou na Escola Superior de Madrid na que destacou polas súas brillantes cualificacións foi nomeada profesora de Pedagoxía da Escola Normal de Mestras de Baleares cun soldo anual de 1500 pesetas. En 1929 foi pensionada pola Xunta de Ampliación de Estudos designándolle o cargo de repetidores de Español na Escola Normal de Carcassonne, na comarca de Languedoc en Francia.

En 1932 regresou a Ourense por concurso de traslados e ocupou a praza de profesora auxiliar na Escola Normal de Mestras de Ourense exercendo tamén como Inspectora de ensino primario

Nestes anos a ATEO era unha asociación que tiña unha grande aceptación dentro do maxisterio ourensán. Se ben é certo, foron poucas as mulleres que chegaron a afiliarse (Ver entrada de Mulleres na ATEO), si houbo mestras e inspectoras que simpatizaron coa agrupación, entre as que figuraba Piedad Fernández.

Pero Piedad enfermou e tivo unha longo padecemento ata que faleceu o 12 de xuño de 1933 aos 33 anos de idade.

(Fonte: El Pueblo Gallego, 15 de xuño de 1933, p. 11)


O seu falecemento foi moi sentido polos membros da ATEO da que dicían que compartía con eles os ideais republicanos:

Una prolongada enfermedad arrebató la vida de la Srta. Piedad Fernández, Inspectora de primera enseñanza de Orense. Su abolengo republicano encuadró a esta compañera en una conducta de liberalidad y le legó la más rica de las herencias una vida sin prejuicios. Doble motivo tenemos para lamentar la pérdida de Piedad Fernández. Lo lamentamos por maestros y niños, la lloramos porque esta Inspectora era de las nuestras. Reciba su familia el aliento consolador que le envían los muchachos de la ATEO.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Esta entrada é un pequeno extracto dun estudo que estou elaborando sobre inspectoras ourensás)

03 enero 2014

MARÍA JESÚS GONZÁLEZ VÁZQUEZ

María Jesús González naceu en Ourense onde vive na actualidade aínda que gran parte da súa vida transcorreu en Madrid.

Pedagoga, articulista e conferenciante, publicou temas de Educación, Opinión e Xénero en revistas como Cadernos para o Diálogo, Intento, Xénero e Educación (Revista Iberoamericana) e diversos medios convencionais e digitales, así como dous libros de Narrativa: Coincidimos un tempo(2003) e Praceres Recuperados(2006).

Colaborou como representante de Galicia no libro didáctico de Poesía Mapa infantil para un Xogo de Damas(2009).

Algúns dos seus textos aparecen seleccionados en cadernos didácticos para o profesorado de Lingua Española(Recursos Oxford de Educación) e en tres ocasiones obtivo o premio "8 de Marzo" de relatos de mulleres.
Profesora de Pedagogía, Directora dun centro cultural, a autora desenvolveu unha intensa actividade no Movemento Asociativo e foi Presidenta da Federación de Mulleres Progresistas de Madrid da que foi cofundadora.

04 octubre 2011

ERNESTINA OTERO SESTELO

Ernestina Otero naceu en Redondela no ano 1890 foi mestra e pedagoga. Mencionámola neste blog pois estivo a traballar unha década na nosa provincia polo que foi unha muller que aportou moito á cultura de Ourense.

Foi a maior de sete irmáns, e co esforzado apoio dos seus pais destacou no seu afán polo coñecemento e a formación. Realizou os seus primeiros estudos en Redondela e os de mestra elemental e superior en Pontevedra, finalizados en 1908. Foi unha das primeiras mulleres en obter o título o a Escola de Estudos Superiores de Maxisterio en Madrid, na segunda promoción (1910-1913). En 1914 casa co farmacéutico redondelano Luís Pereira Míguez.

En 1908 conseguiu o título de mestra superior na Escola Normal de Pontevedra, posteriormente, ingresou na Escola Superior do Maxisterio de Madrid (1910-1913), onde recibiu a influencia da Institución Libre de Ensino, fundamentalmente de Luís de Zulueta. En 1914 foi nomeada profesora de pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra. 

Implicouse no fomento da asistencia dos nenos á escola, impulsou a creación de centros escolares, ampliou a educación de adultos, colaborou coas xuntas municipais na utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres artesanais e industriais, e fomentou o estudo e investigación das características xeográficas e culturais de Galicia. 

Tamén colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos e noutras iniciativas como a Escola Rural Galega. En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a favor do Estatuto de Autonomía.

Coa Guerra Civil Española foi separada da cátedra e dada de baixa na escala (12 de xuño de 1937). Unha vez terminada a guerra, revisouse o seu expediente e volveu ao seu cargo pero con "traslado forzoso e inhabilitación para cargos directivos e de confianza". Así, empezou de novo en Ourense onde permaneceu dez anos e implicouse na vida cultural e social ourensá. O 1 de outubro de 1951 ocupou de novo a praza de profesora numeraria de pedagoxía da Escola Normal de Pontevedra.

Vid: Puga Pereira, Manuel. Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga.
Olalla Márquez Losada, "Ernestina  Elena Otero Sestelo", Album de mulleres
Wikipedia: Ernestina