Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta U. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta U. Mostrar todas las entradas

23 marzo 2025

MARÍA DEL CARMEN ELODIA UGÁS Y ÁLVAREZ

O acceso das mulleres á carreira de maxisterio non tivo ningún reproche social dado que a docencia sempre foi ben vista para ser desempeñada por unha muller, aínda que iso suspuxese ir a pobos moi afastados, de moi difícil desempeño, lonxe da súa familia e vivir soas, a máis das veces, en condicións moi paupérrimas.

Un dos primeiros títulos de mestra superior que recibiu o Instituto de Ourense foi o de Carmen Elodia en 1907. Sería, polo tanto, das primeiras mestras que exerceron na nosa provincia a comezos do século XX. Desempeño nada doado tendo en conta as características xeográficas do territorio.

En 1908 foi traballar á escola de Chas, Montederramo, e gañaba 375 pesetas. Ao ano seguinte, en 1909 estaba ocupando a praza de interina na escola de Xermade, Muíños, cun soldo de 500 pesetas.

Por suposto, a mestra debía residir na localidade onde estaba a escola e convivir coas xentes do pobo que, normalmente, apreciaban e tiñan en grande consideración á mestra. 

Pero Carmen estivo sancionada durante tres meses sen emprego e soldo segundo a Real Orden do 23 de xaneiro de 1913 na que se dicía que serían sancionados os docentes que deixaran a súa escola ao cargo de persoal non titulado. Por tal motivo, non se lle permitiu acudir á escola ata pasados os tres meses, incorporarse en xuño dese ano  Dita penalización considerábase relevante e quedaría reflectida no seu expediente. Así mesmo, tamén fan unha amonestación ao presidente da Xunta Local pois este outorgoulle a Carme a licencia de pemiso de xeito verbal. A continuación recóllese o texto literal da sanción:

(Fonte: Noticias e informaciones. Ministerio. El suplemento de la Escuela moderna. (1913, 1 de marzo), nº 1695; p. 430.
Ben é certo, que as dificultades para desempeñar o traballo docente en pobos moi afastados facía que os  mestres e as mestras marchasen e deixasen a escola ao cargo dunha persoa sen titulación. Esta práctica era motivo de delacións por parte das xentes do lugar. O Ministerio de Instrución Pública, creado en 1900 e cunha duración ata a guerra civil, tiña a pretensión de mellorar a situación educativa do país. Primeiro con García Alix e despois con Romanones, pretendeu rexenerar a ensinanza. En 1913, cando foi sancionada Carmen, estaba ao frente do ministerio Antonio López Muñoz.

Vid: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo (1912), Número 16, p. 3; Instrucción ( 1908, 20 setembro), El Miño, p. 1; Instrucción (1907, 1 de maio). El correo de Galicia , p. 2; Ministerio (1913). El magisterio español, Número 4119, p. 12.; Ministerio ( 1913) Suplemento a La Escuela moderna, n.º 1.707, p. 707.

28 abril 2024

CÁNDIDA URIEL DIEZ

Naceu en Gomara, Soria, en 1908. Non é a primeira vez que se incorporan neste blog a mulleres que non naceron en Ourense pero si son mencionadas debido a que no seu periplo profesional afincáronse por algún tempo na nosa cidade e, por suposto, serían exemplo para moitas das ourensás.

Cándida conta cun amplo e interesante currículo. Era licenciada en Químicas e foi nomeada Axudante de Complementos de Física na Universidade de Zaragoza. No ano 1933 estivo exercendo no Instituto de Ferrol e, en 1939 veu destinada como profesora no Instituto ourensán. En 1942 consegue a Cátedra e comeza a exercer en diferentes institutos. 

No ano 1961 estaba exercendo no Instituto de Palma de Mallorca e foille concedida unha beca para os Estados Unidos. Froito desta experiencia son os libros que Cándida escribiu sobre a ensinanza neste país.


Unha muller intelectual que se mostraba moi interesada pola metodoloxía didáctica das ciencias. En 1962 publicou os seguintes manuais: Enseñanza Moderna de las Ciencias I e Enseñanza de las Ciencias II.


Unha muller co compromiso de ofrecer unha ensinanza moderna e activa. E era frecuente que organizase excursións coas súas alumnas para visitar lugares de interese histórico-cultural. Desde logo, unha docente que en Ourense tamén deixou a súa filosofía educativa.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: La Región, 31de outubro de 1939; El Correo gallego, 21 de setembro de 1934; El Correo gallego, 15 de setembro de 1961; Baleares : órgano de Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S, 19 de abril de 1967; Flecha García, Consuelo, "Profesoras en la Universidad. El tránsito de las pioneras en España", Arenal, 17:2, Xullo-decembro de 2010, pp. 255-297; Fernández Llamas, P. et al. "Pioneras en la educación secundaria de Aragón", Historia de la Enseñanza Media en Aragón: [Actas del I Congreso sobre Historia de la Enseñanza Media en Aragón, celebrado en el I.E.S. «Goya» de Zaragoza del 30 de marzo al 2 de abril de 2009] / coord. por Guillermo Vicente y Guerrero, 2011, ISBN 978-84-9911-112-4, págs. 249-346)

23 febrero 2011

ALEJANDRA ULLOA SOTELO


Natural de Ourense. Era filla de Eduardo Ulloa, coronel da sanidade da armada, e Edita Sotelo.  Esta muller fai o legado máis importante á Institución de Horfos de Ourense. 

Estaba casada con Don Antero Rubín Homent, gobernador militar en Bilbao que era natural deTui e que faleceu o 1 de maio de 1935. Para Antero eran as súas segundas nupcias.

(Fonte: El Pueblo Gallego, 9 de xuño de 1966)

Alejandra  outorgou en testamento en favor do Asilo de Nenas Horfas as propiedades que tiña e entre as principais estaba a casa na rúa Espada nº 29.

Faleceu o 15 de xaneiro de 1966 e indicou no testamento que a educación que había que darlle ás nenas tiña que ser eminentemente relixiosa. Está enterrada en Redondela no panteón familiar.

Vid: HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, J.R., Las hijas de la Caridad en Ourense. Beneficiencia y enseñanza (siglos XIX y XX), Deputación Provincial, 2007, p.326. E outras fontes.


19 abril 2009

DOLORES USICH DE ROCAFULL

Naceu en Barcelona en 1866. Foi a fundadora da Academia- Colexio Inmaculada Concepción e a nai da profesora Concepción Rocafull Usich e cuñada de Concepción Rocafull Priante pois estaba casada con Don Enrique Rocafull, un comerciante de prendas que morrera por suicidio o 2 de xullo de 1916. Consta que solicitou a creación no ano 1902. No Centro impartíanse clases preparatorias para ingreso no Insituto Provincial e a Normal e ofrecían clases especiais para señoritas, de ampliación da primeira ensinanza con mecanografía, música, debuxo e labores útiles e de adorno. 

La Región, 8 de setembro de 1910.

La Región, 20 de outubro de 1912.

La Zarpa 4 de novembro de 1927.

O Colexio Academia estaba situado na rúa San Míguel, número 18. Pero houbo que realizar unha serie de reformas no local e por ese motivo o centro trasladouse á rúa Luís Espada.

O centro mantivo a súa actividade ata que en 1933 Dolores Usich se trasladou coa súa filla a residir a Vigo e o 3 de agosto de 1938 faleceu aos 72 anos na cidade olívica pero foi trasladada a Ourense onde descansa no panteón familiar no Cemiterio de San Francisco.

La Región, 5 de agosto de 1938, p 3.

El Pueblo Gallego, 5 de agosto de 1938, p. 7
(Elaboración propia a partir de diferentes fontes. Vid: Cid Galante, Rosa María e Benso, Carmen, "A participación da muller ourensá nos estudos secundarios" (1900-1930), Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185; El Pueblo gallego, 5 de agosto de 1938; La Región, 7 de xullo de 1937.)