No ano 1928 matricúlase na carreira de Farmacia pero nos Rexistros de Matrícula so consta que realizou un curso por libre pero grazas á información facilitada poa súa neta, Marta Martínez, que se puxo en contacto con este blog, sabemos que Rosa Jares rematou a carreira de Farmacia en tempos da República (conservando a familia o seu título) e que se colexiou no Colexio de Farmacia co número 40.
Exerceu en Viana do Bolo, na farmacia situada na Praza Maior, ata os anos 1975-76. Casou con Manuel Pérez Puga e tiveron catro fillos: María Rosa, José Manuel, Herminda e Concepción.
A fotografría da entrada foi cedida por Marta Martínez, neta de Rosa Jares. Desde aquí agradezo encarecidamente a súa colaboración así como do resto da súa familia. As palabras non chegan a demostrar o que para min significa esta axuda, así que, Marta, unha aperta grande.
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p.59, 233.
El Correo gallego, 20 de agosto de 1955.
