Etiquetas

26 febrero 2018

RITA FERNÁNDEZ QUEIMADELOS

Facemos unha nova entrada no blog mencionando a Dona Rita Fernández Queimadelos. Naceu na Cañiza o 12 de abril de 1911 pero estivo moi ligada á cidade de Ourense pois os seus pais, Domingo Fernández e Modesta Queimadelos, eran os comerciantes donos da Mercería La Modernista que estaba situada entre as rúas Calvo Sotelo e San Miguel. 

As súa infancia e adolescencia pásaa na cidade de Ourense. Fixo o exame de ingreso ao Instituto o 4 de xuño de 1922. Cursou os seis anos do bacharelato desde 1922 a 1928 todos pola opción oficial e obtivo unhas cualificacións notables e de sobresaliente nas materias de Xeografía xeral de Europa, Nocións de Aritmética e Xeometría, Xeografía especial de España, Aritmética, Alxebra e Trigonometría e debuxo no que ademais obtivo Premio. O 32 de agosto de 1928 solicita certificación académica para trasladarse á Universidade de Santiago (1)

Cando ten 17 anos marca a Santiago de Compostela coa súa avoa materna onde estuda Ciencias Químicas e Ciencias Exactas e tamén na materia de Debuxo  na Escola de Artes e Oficios. Aquí sería onde lle xorde a ela a vocación de arquitecta. Grazas ao apoio das avoas pode estudar Arquitectura en Madrid. 

Ao finalizar os estudos entra a traballar no Organismo DXRD. Ao casar e ter fillos abandona por uns anos a súa profesión. Trasládase a Murcia pois ao seu home trasladárono alí e ela vai a exercer de forma libre a súa profesión cos cargos de Arquitecto Escolar Provincial da Rexión de Murcia e Arquitecto municipal de Mula. Logo vai a Barcelona polo novo destino que vai tendo o seu home e alí, Rita, deixa a práctica profesional. Falece en 2008 á idade de 97 anos.
(1)Segundo datos do expediente académico consultado no AIOP)