Reeditamos esta entrada debido á circunstancia afortunada de que, en decembro de 2025, Pilar Valverde Arias, filla de Celsa Amelia, contactou comigo tras comprobar que neste blog se facía referencia á súa nai.
En efecto, Pilar Valverde Arias e máis eu mantivemos unha conversa telefónica nese mesmo mes, na que me relatou a traxectoria vital e profesional dos seus pais, ambos docentes de sólida formación intelectual, que estiveron baixo a vixilancia da Comisión de Depuración do Maxisterio. Froito deste intercambio, Pilar e máis eu elaboramos conxuntamente esta entrada a modo de homenaxe a Celsa Amelia. Quero deixar aquí constancia do meu máis sincero agradecemento a Pilar pola súa inestimable axuda, xenerosidade e disposición.Celsa Amelia naceu o 3 de setembro de 1910 en Rodeiro (Pontevedra). Procedía dunha familia numerosa: tiña tres irmáns maiores —un licenciado en Dereito, outro en Medicina e Marina, que tamén exerceu como mestra— e dous irmáns menores, dos cales un faleceu na fronte de Asturias e o máis novo cursou estudos de Medicina. O pai, propietario do pazo de Trasulfe, era un home disciplinado e recto, que inculcou nos seus fillos o valor do estudo como medio de promoción persoal e social. Por este motivo, a familia trasladouse a residir a Ourense co obxectivo de que os fillos puidesen matricularse no Instituto da cidade, onde Celsa e os seus irmáns obtiveron o título de bacharelato.[1]
En 1920, con apenas dez anos, Celsa Amelia inscribiuse no Instituto ourensán. Cursou dous anos pola modalidade libre e os catro restantes como alumna oficial, acadando cualificacións excelentes ao longo de toda a súa etapa formativa. En 1926 obtivo o título de bacharelato. Nun primeiro momento, un dos seus irmáns, que xa estudaba en Santiago de Compostela, comezou a preparala para o ingreso na Facultade de Farmacia. Porén, o pai considerou máis axeitado que realizase estudos de Maxisterio, polo que solicitou o seu traslado á Escola Normal de Pontevedra, onde obtería finalmente o título de mestra.
En 1933 presentouse aos Cursiños de selección profesional do Maxisterio e exerceu como mestra interina en Vilagarcía de Arousa. Posteriormente foi destinada a Novás, no concello do Rosal [2], localidade á que chegou acompañada dun dos seus irmáns
(Fonte: «Instrucción Pública. Nombramientos interinos», El pais diario republicano, 15 de maio de 1933, p. 2).
(Fonte: «Sociedad», Nuevo heraldo , 15 de setembro de 1934, p. 2).
(Fotografía cedida por Pilar Valverde Arias, filla de Celsa Arias e José Valverde).
(Fotografía cedida por Pilar Valverde Arias, filla de Celsa Arias e José Valverde)
(Fotografía cedida por Pilar Valverde Arias, filla de Celsa Arias e José Valverde)
Foi en Novás onde coñeceu a quen sería o seu futuro esposo, José Valverde, tamén mestre destinado na zona. José Valverde, nado o 19 de xuño de 1909 [3] era un home de ampla cultura e profunda formación intelectual. Realizou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, onde obtivo o título en 1930 con brillantes cualificacións. En 1934 foi destinado á escola de Novás[4] onde coñeceu a Celsa Amelia, coa que contraeu matrimonio.
O inicio da ditadura supuxo un período especialmente duro e represivo para o núcleo familiar. Cómpre salientar que o cuñado de Celsa, tamén mestre e casado coa súa irmá Marina Arias, foi “paseado” na Coruña, en Riazor, e a día de hoxe aínda non se localizaron os seus restos.
En 1938, José Valverde foi reposto no Maxisterio,[6], aínda que continuou baixo a vixilancia da Comisión Depuradora. Finalmente, en maio de 1940, dita Comisión acordou o seu desprazamento forzoso dentro da provincia á praza de Covelo, sen posibilidade de concursar a traslados nin a vacantes durante un período de tres anos.[7]
Posteriormente realizou en Santiago de Compostela os estudos de Filosofía e Letras, nos que obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura[8] especializándose en Xeografía, disciplina na que deixou unha fonda pegada intelectual. Paralelamente, impartiu clases de Latín e Grego en diversos centros educativos e academias da cidade de Vigo, entre elas a Academia Mezquita. Mentres tanto, Celsa exercía como mestra en Domaio, na outra beira da ría de Vigo, onde a familia residiu durante algúns anos.
A Comisión Depuradora tamén solicitou informes sobre Celsa Amelia. O seu expediente resolveuse en xaneiro de 1939 sen sanción. Segundo lembra Pilar, a súa nai contoulle que se librou da depuración grazas á intervención do pintor Luís Pintos Fonseca, membro do Sindicato Católico de Mestres, quen a adscribiu a dita organización. Non obstante, sufriu tamén o acoso dun falanxista que a sometía a continuas coaccións.
José Valverde faleceu en Sanlúcar de Barrameda, cidade na que é aínda lembrado e na que unha rúa leva o seu nome en recoñecemento á súa brillante traxectoria profesional. Foi un docente de ideas pedagóxicas progresistas e mostrou sempre un profundo interese pola relación entre o ensino e o coñecemento do medio. O seu labor investigador e o seu entusiasmo docente foron obxecto dunha publicación monográfica titulada"José Valverde, geógrafo gallego. Un exilio fecundo" da Universidade de Santiago. Neste volume recóllense diversos traballos que analizan a súa figura como intelectual humanista e docente. A obra inclúe unha achega da súa filla, Pilar Valverde Arias, titulada «El exilio fecundo», na que recompila testemuños do alumnado do seu pai, salientando a súa vocación docente, a súa xenerosidade persoal e a fonda influencia que exerceu nas súas traxectorias vitais, así como referencias aos mestres que marcaron a formación de José Valverde.
Celsa Amelia faleceu o 22 de agosto de 2012 en Sanlúcar de Barrameda, a terra que acolleu á familia con grande agarimo, aínda que lonxe do lugar que a viu nacer. Contaba 102 anos e unha vida chea de lembranzas marcadas por tempos especialmente difíciles. Foi unha muller fondamente comprometida co Maxisterio, compañeira inseparable do seu home tanto na vida como na vocación docente.
Grazas, Pilar Valverde Arias, por compartires a túa historia.
En 1938, José Valverde foi reposto no Maxisterio,[6], aínda que continuou baixo a vixilancia da Comisión Depuradora. Finalmente, en maio de 1940, dita Comisión acordou o seu desprazamento forzoso dentro da provincia á praza de Covelo, sen posibilidade de concursar a traslados nin a vacantes durante un período de tres anos.[7]
Posteriormente realizou en Santiago de Compostela os estudos de Filosofía e Letras, nos que obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura[8] especializándose en Xeografía, disciplina na que deixou unha fonda pegada intelectual. Paralelamente, impartiu clases de Latín e Grego en diversos centros educativos e academias da cidade de Vigo, entre elas a Academia Mezquita. Mentres tanto, Celsa exercía como mestra en Domaio, na outra beira da ría de Vigo, onde a familia residiu durante algúns anos.
(Fonte: «De Santiago», El Correo gallego, 15 de novembro de 1944, p. 2).
En 1943, Celsa solicitou o traslado por consorte á escola de Covelo. Deste xeito, José exerceu na escola de nenos e Celsa na de nenas. José nunca abandonou o seu afán de estudo e, ademais do dominio do alemán e do francés, aprendeu tamén inglés.
Segundo testemuña Pilar, Celsa Amelia era unha muller decidida e firme, que non se deixaba amedrentar. Relata que, naqueles anos, as mestras estaban obrigadas a dirixir talleres de costura para a confección de uniformes destinados aos soldados nacionais, unha tarefa que a súa nai vivía con notable incomodidade.
En 1952 constituíuse un tribunal de revisión de penas que levantou a sanción imposta a José Valverde, permitíndolle participar de novo en concursos de traslados e oposicións. Como consecuencia, decidiu solicitar destino en Sanlúcar de Barrameda.
En 1955 a familia xa estaba plenamente instalada na súa nova residencia; Pilar contaba entón con quince anos. José continuou exercendo a docencia e superou as oposicións á dirección escolar, chegando a dirixir o Grupo Escolar Xeneralísimo Franco ata a súa xubilación. Como sinala Pilar, “paradoxas do destino, aínda que en Sanlúcar ese colexio sempre foi coñecido como «El Pino», polo barrio no que estaba situado”. Pola súa banda, Celsa reincorporouse tamén á docencia no mesmo centro, onde exerceu ata a súa xubilación.
(Fonte: «Nombramientos», El Noticiero gallego, 4 de marzo de 1943, p. 2).
En 1952 constituíuse un tribunal de revisión de penas que levantou a sanción imposta a José Valverde, permitíndolle participar de novo en concursos de traslados e oposicións. Como consecuencia, decidiu solicitar destino en Sanlúcar de Barrameda.
En 1955 a familia xa estaba plenamente instalada na súa nova residencia; Pilar contaba entón con quince anos. José continuou exercendo a docencia e superou as oposicións á dirección escolar, chegando a dirixir o Grupo Escolar Xeneralísimo Franco ata a súa xubilación. Como sinala Pilar, “paradoxas do destino, aínda que en Sanlúcar ese colexio sempre foi coñecido como «El Pino», polo barrio no que estaba situado”. Pola súa banda, Celsa reincorporouse tamén á docencia no mesmo centro, onde exerceu ata a súa xubilación.
José Valverde faleceu en Sanlúcar de Barrameda, cidade na que é aínda lembrado e na que unha rúa leva o seu nome en recoñecemento á súa brillante traxectoria profesional. Foi un docente de ideas pedagóxicas progresistas e mostrou sempre un profundo interese pola relación entre o ensino e o coñecemento do medio. O seu labor investigador e o seu entusiasmo docente foron obxecto dunha publicación monográfica titulada"José Valverde, geógrafo gallego. Un exilio fecundo" da Universidade de Santiago. Neste volume recóllense diversos traballos que analizan a súa figura como intelectual humanista e docente. A obra inclúe unha achega da súa filla, Pilar Valverde Arias, titulada «El exilio fecundo», na que recompila testemuños do alumnado do seu pai, salientando a súa vocación docente, a súa xenerosidade persoal e a fonda influencia que exerceu nas súas traxectorias vitais, así como referencias aos mestres que marcaron a formación de José Valverde.
Celsa Amelia faleceu o 22 de agosto de 2012 en Sanlúcar de Barrameda, a terra que acolleu á familia con grande agarimo, aínda que lonxe do lugar que a viu nacer. Contaba 102 anos e unha vida chea de lembranzas marcadas por tempos especialmente difíciles. Foi unha muller fondamente comprometida co Maxisterio, compañeira inseparable do seu home tanto na vida como na vocación docente.
Grazas, Pilar Valverde Arias, por compartires a túa historia.
[1] A.I.O.P., Expedientes persoais
de alumnos iniciados en 1920,
ES.GA.36038.ACD.OP/1.2.2.2.3.6.79., 18/2.20.
[2] «Nombramientos», Magisterio español, 22 de maio de 1934,
p. 14.
[3] El Magisterio español, nº 9204, 19 de outubro de 1933, p. 29.
[4] «Nombramientos provisionales», El Noticiero gallego, 25 de maio de
1934, p.2.
[5] «Maestros suspendidos de empleo y
sueldo», El Diario de Pontevedra, 31
de agosto de 1936, p. 2.
[6] «Reposición de maestros que
estaban suspendidos de empleo y sueldo», El
Diario de Pontevedra, 8 de outubro de 1938, p.4; «Maestros repuestos», El Noticiero gallego, 11 de outubro de
1938, p. 2.
[7] «La Depuración del magisterio en
Pontevedra», El Noticiero gallego, 11
de maio de 1940, p. 2.
[8] «De Santiago», El Correo gallego, 15 de novembro de
1944, p. 2.







