Etiquetas

08 junio 2025

MAURA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

Naceu no pobo de San Esteban o 9 de xaneiro de 1886. Fixo o exame de ingreso no Instituto ourensán o 7 de xuño de 1913 cursando tan só dúas materias por oficial. O 13 de agosto de 1914 solicitou unha certificación de traslado para a Escola Normal de León. Aprobou as oposicións de maxisterio en 1917 e comezou traballando nas escolas para nenas da provincia. Estivo na praza de Nogueira, logo na de Vilariño de Couso e, en 1927, déronlle a de Cota en Friol, Lugo, pero, en 1933, xa veu exercer á escola de Vilamartín de Valdeorras. 

Os veciños de Friol lamentaron a marcha da mestra pois tíñanan en grande estima pola súa entrega na ensinanza e polo seu labor coas nenas:

(Fonte: Cota. Friol. (1933, 10 setembro). El Pueblo Gallego, p. 12)

Estando nesta escola foi sancionada  en maio de 1940 pola comisión de depuración co traslado forzoso dentro da provincia e prohibición de solicitar praza nun período de dous anos. Así foi como, dous meses máis tarde, en xuño, enviárona para a escola de Piñor de Cea. 

Vid: Arquivo do Instituto Otero Pedrayo.Expedientes persoais de alumnos iniciados en 1912. (113/2.8).