A Casa do Mestre era unha institución na que se prestaba axuda, asesoramento aos mestres e mestras e tamén formación para a mellora profesional e cultural destes.
A iniciativa de crear a Casa do Mestre en Ourense xorde en 1935 cando unha comisión de mestres visitou aos inspectores o 21 de febreiro para informarlles da vontade de que se creara esa asociación tal como se fixera noutras provincias galegas e a inspección acolleu de bo grao a proposta. A ela tamén se adheriu a Normal de Ourense que, por medio do seu director Vicente Risco, considerou: "No puede la Escuela Normal, como formadora de maestros, permanecer ajena a lo que tienda su dignificación y a la defensa de sus legítimos derechos profesionales. No ha de regatearles, pues, su ayuda para lograr que la Casa del Maestro cumpla los fines con que se funda" (1).
A idea principal que motivaba a este grupo de mestres a formar el Hogar del Maestro ou La Casa del Maestro era sumar a forza de todas as asociacións de mestres e constituír unha potente organización encargada de soster e defender os intereses do maxisterio:
Es verdad que existen diversas asociaciones profesionales, por ello se debe más al esfuerzo generoso de algunos compañeros que a la voluntad unánime de la clase. Y esto sucede, principalmente, por la forma peculiar de nuestro trabajo, que realizamos completamente aislados y, consecuencia lógica de ello, por nuestra falta de relación. Sintiendo, pues, esta necesidad de unirnos, y, por otra parte, considerando criminal contribuír a la atomización del Magisterio creando una asociación más, los maestros que suscriben se dirigen a todos los compañeros de la provincia con el propósito de crear entre todos el "Hogar del Maestro" que tan buenos resultados está dando ya en los lugares donde funciona. El Hogar del Maestro podría ser el local social de todas las Asociaciones de la provincia, cuyos socios, por el mero hecho de adherirse en bloque a la Asociación a que pertenecen se considerarían como miembros del Hogar. Podría ser, además, el centro social de todos aquellos compañeros que, sin pertenecer a ninguna Asociación deseen formar parte de él....(2)
A pretensión era organizar o Fogar do Mestre como unha Sociedade cultural, administrativa e recreativa. Cultural porque contaría cunha Biblioteca, realizaría Cursiños de conferencias, charlas científicas e "todo lo que tienda a una mayor elevación y dignificación de la clase". Tamén faría un labor administrativo porque todos os docentes que non residisen na capital poderían acudir para resolver asuntos. E por último, sería recreativa pois sería un lugar de xuntanza e encontro de compañeiros.
Os promotores da idea foron os mestres Abel Carvajales, Celso Baratta, Enrique Castro, Manuel Vidal e Cervantes Villamarín, algúns deles pertencentes á A.T.E.O. Esta comisión animou a que se adheriran cantas máis institucións mellor, como a Normal, a Inspección, as Asociacións de mestres, os docentes de xeito individual...Apremiaban a que se constituíse prontamente para formar unha Directiva. Desde ese intre Cervantes Vilamarne foi o encargado de recoller as adhesións de mestres que tiñan que facerse, de momento, na rúa Dous de Maio número 4, aínda que a asociación pretendía contar cun edificio céntrico para animar á adhesión do maxisterio. Nun primeiro momento e provisionalmente, a Casa instalouse na Praza do Trigo número 2, primeiro piso.
O 3 de marzo de 1935 convocouse ao maxisterio a unha asemblea no terceiro piso do antigo Hospital para a constitución do Hogar do mestre ou Casa do mestre. Esta foi moi concorrida e sentaron as bases para a creación da institución da que sería presidente Celso Baratta e actuaría como secretario Cervantes Villamarne.
Unha vez acordada a súa creación pasouse á redacción do proxecto do regulamento no que se indicaba:
No Capítulo 1º abordábase que a finalidade da Sociedade que eran establecer lazos de amizade e compañeirismo entre o Maxisterio; organizar unha biblioteca de cultura profesional y e xeral para o uso dos asociados; organizar museos e exposicións escolares e tamén viaxes e excursións para elevar e dignificar a clase; celebrar veladas culturais e organizar cursiños e conferencias; resolver aos compañeiros asuntos; poder concertar con hoteis e fondas uns prezos de aloxamento a prezos mínimos; establecer a Sección de Socorros Mutuos; ofrecer un centro de reunión agradables; ofrecer domicilio social ás asociacións de mestres; traballar na mellora da función docente. Tamén se dispuxo que a asociación non trataría asuntos políticos nin relixiosos.
No Capítulo 2º tocaba o tema dos socios, indicándose que podían ser todos os mestres e mestras de primeiro ensino nacionais e tamén se acollía aos estudantes da Normal. Cada novo socio debía vir avalado por dous asociados. Os integrantes pagarían unha cota de 1,5 pesetas ao mes.
No Capítulo 3º tratábase da Xunta xeral e indicábase que a Xunta xeral reuniríase en sesión ordinaria nos meses de xullo e xaneiro de cada ano. Celebraríanse xuntas extraordinarias cando fose necesario. Na discusión de todo asunto concederíanse dúas quendas en pro e dúas en contra procedéndose despois á votación secreta. Na xunta de xaneiro presentábase a memoria de todas as actividades realizadas.
No Capíutlo 4º abordábanse as funcións e a constitución da Xunta Directiva que estaba composta polo Presidente, Vicepresidente, Secretario, Vicesecretario, Contador, Tesoureiro, Bibliotecario e cinco vogais. Todos eles reunínanse unha vez ao mes e miraban pola admisión de socios, velar polo cumprimento do regulamento, convocar e presidir as xuntas xerais e presentar a memoria anual.
No Capíutlo 5º, 6º e 7º falábase das funcións dos membros da directiva
O regulamento continuaba ata catorce capítulos nos que se falaba das cotas dos asociados, de que as asociacións de mestres podían ter domicilio na Casa do Mestre para xuntas e reunións para o cal fixouse unha paga mensual. Un dos capítulos a destacar era o XIII no que se abordaba o Socorro Mutuo coa finalidade de auxiliar aos compañeiros por motivos de enfermidades, falecemento, suspensión de haberes, petición de anticipos, etc...
A partir de entón comezou a adhesión docentes, en total 229 mestres e 90 mestras, isto é, as mestras supuñan case un terzo dos afiliados pois eran o 28% do total. As mestras, moitas delas xa coñecidas por nós son:
A intención da Casa do Mestre era aglutinar as Asociacións de mestres que se crearan, non obstante, a Asociación de mestres do partido de Ourense acordou darse de baixa da institución por non estar conforme coa forma de actuar da mesma. Así mesmo, algúns comezaron a criticar a Casa do Mestre no momento en que se estaba a redactar o regulamento por considerar que parte dos mestres proviñan da case extinta A.T.E.O e querían empregar a institución con fins políticos.
"Fraguada esa Casa del Maestro por destacados elementos de la ya muerta Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, cuyo órgano en la Prensa fue la ya también desaparecida revista A.T.E.O y alentada por quienes al comienzo de la República, dejando a un lado sus creencias religiosas, se alistaron en el partido Socialista para alcanzar pingües enchufes, no es de extrañar que quedase convertida en su primera Asamblea del día 22 en una nueva sucursal de la Casa del Pueblo..." (3)
Non obstante, os da A.T.E.O non simpatizaron coa creación do Fogar do Mestre aínda que algúns membros da asociación foran os que incitaran á súa organización (como xa indiquei anteriormente). O que si manifestou a A.T.E.O foi que se desmarcaba totalmente desta nova empresa pois ela seguiría cos seus propósitos.
O día 22 de abril de 1935 celebrouse unha asemblea ás dez da mañá nunha das aulas grandes da Anexa Graduada para facer, por fin, realidade a Casa do Mestre, como así sería. Pero a institución non empezou con bo pé xa que comezou a ter os seus detractores tal como se constatou por varios artigos de prensa que falaban de malas prácticas. Un artigo asinado por X dicía, en referencia á asemblea celebrada o día 22, que se cometera frauda no escrutinio da elección da Xunta Directiva:
En ella se descubrió el gato encerrado...que en torno a esta cuestión flotaba en el ambientey que tenía integrados a los elementos profesionales y no profesionales de la enseñanza, entre ellos a nosotros.
Quedó demostrado por las discusiones habidas y las votaciones realizadas, que la etiqueta de la casa u Hogar del maestro, contiene como principal finalidad acabar con las asociaciones de maestros existentes, para absorber la acción de estas y después la nueva entidad poder servir de instrumento a la agrupación política en donde la idea haya sido incubada.
Y para final apoteósico de esta Asamblea la elección de Junta Directiva con una novedad en el procedimiento del escrutinio (...) después de haber empezado aquel se suspendió para ir a comer los escrutadores y mientras tanto, las papeletas...se las encerró en un cajón y cuando se les dio libertad, pasadas dos largas horas, cantaron nombres alocadamente..." (4)
O artigo remataba dicindo que, debido ao procedemento sospeitoso de manipulación, a Xunta Directiva que saíu nomeada non debería atreverse a exercer tal cargo. Desde logo, a nova entidade tivo os seus detractores e os ataques non pararon en días sucesivos manifestando que a Casa do Mestre enganara aos adheridos e asociados pois non era, como dicía, unha asociación neutra e que non abordaría temas políticos e relixiosos e por tal motivo, dicían, xa comezaban a producirse as baixas de gran número de inscritos. Contra estas arremetidas, os representantes da Casa do Mestre defendéronse dicindo que a elección da directiva fora limpa e legal.
Malia todo, a a Casa do Mestre inaugurouse e tería a súa sede na Rúa de Pontevedra, número 3, 1º piso ( este é o enderezo definitivo pero estou segura que o meu querido amigo Rafa Salgado sabe ubicala mellor). Xa desde os inicios comezou o irmanamento coa de Pontevedra e organizaron entre ambas as dúas unha xuntanza en Pontevedra coincidindo co día de Ourense. Logo, ata final de ano realizou diversas actividades centradas en charlas e conferencias. En xaneiro de 1936 cambiaron de directiva e sería nomeado presidente Celso Baratta e as actividades non cesaban. Organizaron unha exposición de libros escolares para que os docentes puideran incorporalos aos orzamentos de material; planificaron unha excursión para os escolares para que coñeceran a cidade que foi todo un éxito, chegando a inscribirse un total dous mil cincocentos nenos polo que a Casa tivo que organizar as visitas escalonadamente.
Como se dixo, dentro dos obxectivos da Casa do Mestre estaba a de organizar conferencias e charlas para o profesorado, pois ben, en decembro de 1935 o artista Manuel Torres Martínez disertou sobre "O debuxo infantil"; o 21 xuño de 1936 Emilio Amor, profesor de pedagoxía da Normal, pronunciou unha conferencia titulada "El crecimiento del niño en la edad escolar". Tamén organizaron charlas sobre as Misións Pedagóxicas impartidas por Enrique Azcoaga e Pedro Rubio.
A máis disto, preocupáronse de mercar libros para a biblioteca da Casa e entre os exemplares adquiridos estaban: Psicología pedagógica de Klemm; Pedagogía sistemática por Flitner; dous tomos de Orientación profesional de Chleusebairquer; La Educación Cívica de Kerschensteiner; Psicotecnia de Giese; Anormalidades mentales de Stern; La escuela nueva de L. Filho; La Educación de la mujer de Mirguet.
Non se pode negar a boa intención da institución da que hoxe falamos poi tiña entre os propósitos divulgar a cultura entre o maxisterio e tamén crear un centro a xeito de Colexio para atender as súas demandas. Non sabemos ata cando estivo funcionando pero cremos que foi clausurada durante a Ditadura, pois tamén a Casa do Mestre de Pontevedra foi pechada en agosto de 1936.
(1)"La escuela normal del magisterio primario de Orense y la casa del pueblo", La Región, 14 de marzo de 1935. (2) "Por el hogar del maestro", La Región, 23 de febreiro de 1935, p. 3; (3) "Lo que va a ser La Casa del Maestro", La Región, 3 de maio de 1935, p. 4; (4) "La Casa del Maestro", La Región, 24 de abril de 1935,p. 6. Vid: "Visita de una comisión", La Región, 22 de febreiro de 1935, p. 3; La Región, 3, 7, 12, 19, 21, 26, 28 de marzo de 1935, 10, 11, 18, 25 de abril de 1935; 1 de maio de 1935: 23 de febreiro de 1936; 16 de maio de 1936; 6, 20 de xuño de 1936; 2 de xullo de 1936.