Antonia naceu en Corgo, Lugo, en 1886. Estudou maxisterio por libre na Escola Normal da Coruña e conseguiu o título de mestra superior. Isto permitíalle rexentar escolas completas e nas cidades.
Realizou as oposicións entre 1907 e 1909 e tivo o seu primeiro destino na escola anexa á Escola Normal de Pontevedra en 1908.
Preparou as oposicións para a inspección e chegou a ser a primeira muller en Galicia en conseguilo. Veu destinada a Ourense en 1920 sendo a primeira inspectora en Galicia.
Tamén tivo unha estadía no estranxeiro para ampliar os estudos e profundou nas pedagoxías modernas.
Exerceu sempre en Ourense como inspectora e tivo un grande recoñecemento na cidade. Xubilou en 1956.
Teño constancia que ela residía na Avenida de Zamora e de que faleceu en decembro de 1985, aos 99 anos, e está enterrada no Cemiterio de San Francisco da cidade de Ourense.
Para coñecer máis en profundidade a traxectoria desta muller ver enlace: Artigo de R.M.Cid Galante Revista Eduga