Etiquetas

19 octubre 2025

ANTONIA GARCÍA CONDE

Antonia naceu en 1918 en Robledo da Lastra, pobo que pertence ao concello de O Barco de Valdeorras. Seus pais eran Hermenegildo e Regina, estaba casada con Casimiro Delgado do que tiña un fillo e o matrimonio residía en Arandelo, pertencente á provincia de León.

Antonia foi conducida á prisión de Ponferrada o 29 de xaneiro de 1944  e no mes de febreiro decídese o seu traslado ao cárcere de Ourense. E, en efecto, o día 4 de abril de 1944 trana á prisión da capital para poñela á disposición do Xuíz Militar número 3 de Ourense. O expediente de Antonia vincularase ao de Amelia Delgado Moldes que era a súa cuñada. O motivo da detención foi, segundo a acusación, por colaborar cos autores de cometer o atraco a man armada no pobo de Robledo da Lastra, Rubiá, do que resultou morto Francisco Gómez Puente coñecido como El Minero.

Pero non puido demostrarse nin xustificarse dita colaboración polo que se enviou un oficio no que se indicaba que Antonia podería ter unha pena atenuada, isto é, cumprila na súa casa. Foi así como recobrou a liberdade o día 11 de setembro de 1944.

(Elaboración propia a partir do expediente. Expediente persoal da reclusa Antonia García Conde. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24070/005. Caixa 24070/005)