Etiquetas

26 mayo 2024

AS OURENSÁS EXILIADAS

(Fonte. Fotos extraídas da Arquixo Xeral da Administración.)

Nas guerras e nas ditaduras as mulleres son as grandes sufridoras pois arrebátanlle a forza que lles dá a vida. Neste recanto que é a nosa provincia tamén se sufriu o indecible. Mulleres viúvas, mulleres orfas, mulleres que quedan sen fillos. Son as que choran por dentro e por fóra. Saír, fuxir da situación é unha solución. A continuación aparecen nome de mulleres que marcharon, exiliáronse para non sufrir máis pero na distancia a dor é moi intensa. 

Estas ourensás que marcharon eran mulleres que solicitaban asilo político principalmente en México, o país colaboracionista coa República. Este país acolleunas e deulles a oportunidade de continuar vivindo.
Nuns casos marchou a familia completa e noutros só ía muller cos seus fillos. O buque Ipadema foi para moitas o seu barco da liberdade, así chamado polos exiliados. Pero todas levarían unha pesada carga, a pena.

Lucinda Barros Janeiro. Naceu en 1925 en Alvite, Beariz. Foi rumbo a EEUU e saíu dese país o 8 de maio de 1947 e exiliose a México a onde chegou o día 9 de maio de 1947. Foi acollida como asilada política. (Fonte: ES.28005.AGASignatura copia digitalAGA,RIEM,228,155)

Marina Bermúdez Novoa. Naceu en Ourense o 24 de maio de 1920. Casada con Matías Vázquez. Exiliouse cos seus fillo e arribou en Cuba  o día 16 de febreiro de 1948 colle o avión cara México a onde chega dous días despois o 18 de febreiro. Vai por un ano como exilada política e prohibíuselle facer actividades lucrativa ou remuneradas. Viaxou cos seus fillos Justo Antonio e David que tiñan catro e un ano de idade. (Fonte: ES.28005.AGA; signatura. AGA,RIEM,268,172)

María Bouzas Pérez. Naceu o 28 de maio de 1908. O seu home era Antonio Fernández Carnicero. Saíu de Francia o 21 de decembro de 1938 e entrou en Veracruz, México, o 16 de febreiro de 1939.
Antonina Fernández García de Barón. Naceu en Ourense o 31 de marzo de 1909. Exiliouse en 1939 a Veracruz, México. Regreou depois de 30 anos. (Fonte: ES.28005.AGA. Signatura. AGA,RIEM,083,100.)

Amelia Fernández Losada. Naceu en Ourense o 27 do 2 de 1920. Era unha moza estudante e aos 18 anos, en 1939 marcou no buque Ipadema a Veracruz, México a onde chegou o día 7 de xullo de 1939. Foi acollida como exilada política.

Laura Fernández Soto. Naceu en Nogueira de Ramuín o 29 de agosto de 1906. Marchou a Francia e estivo en Tarbes (Hautes-Pyrénées, Francia) e en 1946 marchou para Cidade de México en avión. Foi rexistrada como inmigrante exiliada política por un ano refrendable (Fonte: ES.28005.AGA. Signatura. AGA,RIEM,255,109.)

Pura González Barreras. Naceu en Vilar o 27 de agosto de 1916. Estivo refuxiada en Francia e hospitalizada en Foix. (Fonte: Le Midi Socialiste, 4 de marzo de 1939.)

María Otero Janeiro: Naceu en en Alvite, Beariz o día 22 de novembro de 1925. Exíliase a Cidade de México a onde chega facendo para antes en Cuba, o 5 de xaneiro 1947. Foi admitida en México en calidade de Asilada Política. (Fonte: ES.28005.AGA. Signatura. AGA,RIEM,025,123.)

Emilia Ramirez Perea. Naceu en Ourense o 22 de outubro de 1902. Exiliouse a Verecruz, México, a onde chegou o 10 de maio de 1939. Tiña 36 anos. Foi como asilada política por un período de un ano prorrogable. (Fonte. ES.28005.AGA. Signatura. AGA,RIEM,214,125)

Antonia Rodríguez de Álvarez. Naceu en Ourense o día 25 de agosto de 1919. Exiliouse e embarcou para Veracruz, México, a onde chegou o día 16 de marzo de 1941 cando tiña 21 anos como refuxiada política. (Fonte: ES.28005.AGA. Signatura. AGA,RIEM,012,119.)

Carmen Valero de Vizcarra. Naceu en Ourense o 1 de abril de 1908. Estaba casad con Augusto Vizcarra e era empregada de comercio. O matrimonio tiña un fillo chamado Augusto. A familia embarcou para o exilio no buque Ipanema con rumbo a Veracruz, México a onde chegou o día 7 de xullo de 1939.

Josefa Losada Vázquez. Naceu en Manzaneda o 1 de novembro de 1897. Estudou maxisterio e Josefa estaba afiliada á U.X.T e converteuse en Presidenta do Consello Local de Narón.O 7 de xullo de 1939 embarcou nun buque "Ipanema" rumbo a Veracruz, México. Con ela levou aos seus cinco fillos (Fonte: ES.28005.AGA. Signatura: AGA,RIEM,084,055).
(Fonte: Azucena Rodríguez. Ateneo de México.) Barco Ipadema, "Barco da Liberdade"