Etiquetas

13 junio 2011

ROSA JARES HERRERO

Naceu en Mourisca (Viana do Bolo) o 15 de febreiro de 1909. 

No ano 1928 matricúlase na carreira de Farmacia pero nos Rexistros de Matrícula so consta que realizou un curso por libre pero grazas á información facilitada poa súa neta, Marta Martínez, que se puxo en contacto con este blog, sabemos que Rosa Jares rematou a carreira de Farmacia en tempos da República (conservando a familia o seu título) e que se colexiou no Colexio de Farmacia co número 40.

Exerceu en Viana do Bolo, na farmacia situada na Praza Maior, ata os anos 1975-76. Casou con Manuel Pérez Puga e tiveron catro fillos: María Rosa, José Manuel, Herminda e Concepción. 

Vid: Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (I e II), en Revista Minius.
Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p.59, 233. (Foto extraída de Fleire Quintas).l
El Correo gallego, 20 de agosto de 1955.