Comezou os estudos de Maxisterio matriculándose no Instituto no ano 1908 tras realizar o exame de ingreso o 1 de xuño de 1908. Cursou tres cursos por libre ata 1911 e para os exames acudiu á Escola Modelo do director Angel Ferrín. Non nos consta que exercera como mestra podemos pensar que fixo os estudos para ampliar a cultura como era propio de moitas familias de certo nivel económico e social.
Como curiosidade poderiamos dicir que Carlota Feijóo doou en 1966 ao Museo do Pobo español unha bata do século XVIII, pódese ler no seguinte enlace: Doazón dunha bata do século XVIII.
Vid: Cid Galante, Rosa, A muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento.