RECANTO DE REFLEXIÓNS

14 mayo 2011

CARLOTA FEIJÓO SOTOMAYOR

Naceu en Ourense o 28 de febreiro de 1897 e era filla do propietario Urbano Feijóo Sotomayor, marqués de Santa Ilduara, que foi deputado pola provincia de Ourense e tamén  empresario en Cuba e integrante das FET de la Jons e sería nomeado embaixador en Monrovia no ano 57. Carlota era irmá de Elena, Ilduara e Mercedes que tamén figura neste blog.  

Comezou os estudos de Maxisterio matriculándose no Instituto no ano 1908 tras realizar o exame de ingreso o 1 de xuño de 1908.  Cursou tres cursos por libre ata 1911 e para os exames acudiu á Escola Modelo do director Angel Ferrín. Non nos consta que exercera como mestra podemos pensar que fixo os estudos para ampliar a cultura como era propio de moitas familias de certo nivel económico e social.

Como curiosidade poderiamos dicir que Carlota Feijóo doou en 1966 ao Museo do Pobo español unha bata do século XVIII, pódese ler no seguinte enlace: Doazón dunha bata do século XVIII.



Vid: Cid Galante, Rosa, A muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento.