Etiquetas

05 marzo 2011

ESTHER MARÍA DE LAS MERCEDES PUGA NOGUEROL


Naceu en Ourense ás seis da mañá na casa de Cardenal Quevedo sen número o 1 de xaneiro de 1905 e era filla de Elías Puga de la Torre de profesión comerciante e natural de Tamallancos e de Elisa Noguerol. No ano 1917, cando tiña 12 anos, ingresou no Instituto Provincial de Ourense e alí cursou cinco anos, dous por libre e tres por oficial conseguindo o Título de Bachiller no ano 1922. 

En 1924 matriculouse na Facultade de Ciencias da Universidade de  Madrid, tiña daquelas 19 anos. Fixo o preparatorio e varias materias do primeiro curso entre os anos 1924 e 1929 que foron Física Xeral, Mineraloxía e Botánica; Zooloxía xeral; Química xeral e Histoloxía. No curso 1930-31 xa aparece matriculada na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago ata 1933. O cinco de abril de 1933 solicita certificación académica para a Universidade de Madrid.

Nese mesmo ano casou co funcionario do Banco de España, José Antonio Trullenque Aguiar e tiveron dous fillos, Esther e Pepito.

Esther tiña varios irmáns entre eles Ramón Puga Noguerol o fundador de Radio Ourense, Cadenaser;  Arturo que era oficial de infantería; Cándido, empregado de banca e corredor de comercio, Gerardo, Elías que falecería nunhas operacións militares...

Vid: Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156.