Sira, realizou o exame de ingreso na Escola Normal de Mestras o 14 de xuño de 1919. Posteriormente matriculouse por oficial nos catro cursos de maxisterio desde 1919 ata 1923. Comezou asistindo como oínte ás clases coa autorización da dirección e dos mestres que na Normal impartían clases pero cando quixo examinarse das materias foille negado por unha cuestión de idade. Por conseguinte, Sira enviou unha instancia solicitando permiso para poder realizar os exames das materias do primeiro curso que, finalmente, lle consentiron.
Tivo unhas cualificacións de sobresaliente en todos os cursos e titulou como mestra en 1923.
Entre 1924 e 1931 tamén se matriculou por libre no Instituto Provincial e varias das materias fóronlle conmutadas por ter feito estudos de maxisterio, e en 1932 consegue o título de Bacharelato.
Sira presentouse ás oposicións de maxisterio en 1926 e exerceu como mestra interina na escola de Paradaseca.