Naceu en Ourense ás seis da mañá na casa de Cardenal Quevedo sen número o 1 de xaneiro de 1905 e era filla de Elías Puga de la Torre de profesión comerciante e natural de Tamallancos e de Elisa Noguerol. No ano 1917, cando tiña 12 anos, ingresou no Instituto Provincial de Ourense e alí cursou cinco anos, dous por libre e tres por oficial conseguindo o Título de Bachiller no ano 1922.
En 1924 matriculouse na Facultade de
Ciencias da Universidade de Madrid, tiña
daquelas 19 anos. Fixo o preparatorio e varias materias do primeiro curso entre
os anos 1924 e 1929 que foron Física Xeral, Mineraloxía e Botánica; Zooloxía
xeral; Química xeral e Histoloxía. No curso 1930-31 xa aparece matriculada na
Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago ata 1933. O cinco de abril de
1933 solicita certificación académica para a Universidade de Madrid.
Nese mesmo ano casou co funcionario do Banco de España, José Antonio Trullenque Aguiar e tiveron dous fillos, Esther e Pepito.
Esther tiña varios irmáns entre eles Ramón Puga Noguerol o fundador de Radio Ourense, Cadenaser; Arturo que era oficial de infantería; Cándido, empregado de banca e corredor de comercio, Gerardo, Elías que falecería nunhas operacións militares...