Etiquetas

06 marzo 2010

LIA DEL RÍO ANTA

Naceu en Ourense en 1893 e o seu pai era avogado. Aos 15 anos fixo o ingreso no Instituto Provincial e estivo matriculada ata o ano 1911, ano en que titulou.

No ano 1915 foi nomeada secretaria da Normal de Mestras de Ourense. No ano 1920 confírmaselle a praza na Normal para impartir a materia de Música pero, en 1929, foi nomeada auxiliar de Ciencias:

(Fonte: La Región, 9 de febreiro de 1929, p. 8)

Casou con Modesto Vázquez que tamén era profesor na Normal de Mestres. Lía sería nomeada, de novo, Secretaria da Normal en 1940. Ese ano impartía tamén a materia de Música como auxiliar pero solicitou a excedencia. En 1954 cónstanos que estaba na Normal de Madrid pois no Boletín Oficial do Estado do 27 de xuño de 1954 figuran os ascensos profesionais e económicos dos profesores adxuntos nas Escolas Normais segundo Orde do 20 de maio de 1954 e na lista de ascensos figura Lía del Río Anta. 

Era unha muller de convicións conservadora e  desempeñou o cargo de Presidenta da Xunta de Señoritas do "Roperillo" que tiña unha finalidade benéfica e en 1928 intégrase na Sección Feminina de Ourense.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. ) Vid: Benso Calvo, C. e Cid Galante, R.Mª, "A incorporación das mulleres ao ensino secundario en Ourense", Sarmiento, 2007; Ministerio de Educación Nacional, Boletín Oficial del Estado, 27 de Junio de 1954, p. 4367.Vid: Noticiero de Vigo, 7 de febreiro de 1915, p. 1; La Región, 26 de xuño de 1915, p. 1; La Región, 16 de outubro de 1920; p. 3; La Región, 4 de decembro de 1928, p. 1; la Región, 9 de febreiro de 1929, p. 4; La Región, 6 de febreiro de 1940, p. 3.