No ano 1915 foi nomeada secretaria da Normal de Mestras de Ourense. No ano 1920 confírmaselle a praza na Normal para impartir a materia de Música pero, en 1929, foi nomeada auxiliar de Ciencias:
Casou con Modesto Vázquez que tamén era profesor na Normal de Mestres. Lía sería nomeada, de novo, Secretaria da Normal en 1940. Ese ano impartía tamén a materia de Música como auxiliar pero solicitou a excedencia. En 1954 cónstanos que estaba na Normal de Madrid pois no Boletín Oficial do Estado do 27 de xuño de 1954 figuran os ascensos profesionais e económicos dos profesores adxuntos nas Escolas Normais segundo Orde do 20 de maio de 1954 e na lista de ascensos figura Lía del Río Anta.
Era unha muller de convicións conservadora e desempeñou o cargo de Presidenta da Xunta de Señoritas do "Roperillo" que tiña unha finalidade benéfica e en 1928 intégrase na Sección Feminina de Ourense.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes. ) Vid: Benso Calvo, C. e Cid Galante, R.Mª, "A incorporación das mulleres ao ensino secundario en Ourense", Sarmiento, 2007; Ministerio de Educación Nacional, Boletín Oficial del Estado, 27 de Junio de 1954, p. 4367.Vid: Noticiero de Vigo, 7 de febreiro de 1915, p. 1; La Región, 26 de xuño de 1915, p. 1; La Región, 16 de outubro de 1920; p. 3; La Región, 4 de decembro de 1928, p. 1; la Región, 9 de febreiro de 1929, p. 4; La Región, 6 de febreiro de 1940, p. 3.