(Entrada suxeita a publicación)
Naceu en Cancienes, na parroquia do Concello de Corvera en Asturias. Presentouse ás oposicións de Maxisterio en 1917 na provincia de León. Foi destinada á Rúa, en Ourense, en 1923. En 1925 destinárona á escola de Celanova. Inscribiuse ás oposicións á Inspección que se convocaron en maio de 1932 e aprobounas obtendo unha das primeira prazas. Foi nomeada inspectora e destinada a Ourense cun soldo de 5000 pesetas. Tiña baixo a súa responsabilidade a zona seis da provincia que comprendía as escolas do concello de San Ciprián de Viñas e as do partido xudicial de Celanova, menos Pontedeva e Quintela de Leirado. Posteriormente adxudicáronlle a de Carballiño. Seguiu os paos do seu irmán, Manuel Maceda, que era Inspector Xefe da provincia. Realmente a familia ao completo estaba dedicada á docencia pois outros irmáns, doña Divina e Don Clarencio, eran mestres en Madrid e a súa cuñada Concepción Ramón Amat, casada con Manuel Maceda, era profesora e durante algúns anos tamén Directora da Escola Normal de Ourense.
Foi moi participativa nos eventos pedagóxicos que se celebraban nas diversas localidades da provincia. En Ourense adoitaba a celebrarse os Cursillos de Información Cultural y Pedagógico nos que se desenvolvía un amplo programa de conferencias e charlas impartidas tanto polos membros da inspección como polo profesorado. Aurora Maceda participou en maio de 1933 pronunciando unha serie de conferencias interesantes sobre a práctica docente e a pedagoxía. Demostraba que era unha profesional preocupada pola praxis docente e a metodoloxía. Levou a cabo unha experiencia co alumnado do grupo Curros Enríquez comezando a dividir a clase en tres seccións. Ás nenas máis pequenas comezou repartíndolle figuras recortables e mentres o efectuaban inicia coas maiores de segundo e terceiro grupo o estudo das plantas. Examinaron as diferenzas entre as plantas vivas e as mortas e tamén fixo referencia da circulación da sabia e a xeración da mesma. A inspectora falaba con eles con amabilidade e gañando a súa confianza. En relación ás plantas tamén leu composicións, fixeron exercicios de redacción sobre elas. Mentres as nenas maiores redactaban puido dedicarse ás nenas pequenas facendo sinxelos exercicios de cálculo a base de xogos. Despois do recreo seguiu o desenvolvemento da clase a base de exercicios de debuxo, redacción, escritura de cantidades e problemas. A lección resultou ser moi interesante polo que a inspectora foi moi felicitada[1]. A máis diso, dona Aurora interveu nas Conferencias de Pedagogía celebrado en Ribadavia en marzo de 1934 onde a inspectora disertou sobre “La enseñanza del lenguaje”. Nesta conferencia resaltou a importancia que sempre se lle concedeu ao ensino do idioma ocupando sempre un lugar preferente nos programas escolares como medio de robustecer e acrecentar a personalidade. Fixo consideracións sobre as dificultades que ofrecía a ensinanza da materia posto que a linguaxe era o resultado da asociación das ideas de das palabras que serven para a súa expresión. Nesta disertación deu mostras dun grande coñecemento pedagóxico pois era defensora de que o período de aprendizaxe debía anteporse ao ensino sistemático do idioma. Que primeiro se debía atender ao desenvolvemento integral do neno, á formación do seu pensamento, ao desenvolvemento da súa linguaxe, ao exercicio dos sentidos, en especial o da vista, oído e tacto, que tan importante papel ían desempeñar nos exercicios da lectura e escritura. Falou da necesidade dunha ensinanza intuitiva da linguaxe, co fin de conseguir aumentar o número de percepcións na mente infantil, logrando que as palabras tiveran resonancia na súa alma e que respondesen a imaxes claras. Debíase evitar que o neno tivese máis palabras que ideas.
Puxo exemplos de aprendizaxe e aludiu ás opinións de Rousseau e Claparede sobre os perigos que no orden físico e psíquico pode producir o ensino prematuro da lectura. Fixo explicación do método ideovisual que no século XVIII tivo grandes precursores en Nicolás Adán e Jacot e que supuxeron unhas grandes vantaxas e efectos educativos de dito método. Remata dicindo “a la escuela que dice al niño escucha y repite, debe suceder la escuela que sugiere, observa, cuenta, razona y ama”[2]. Moi interesante era o concepto que tiña dona Aurora Maceda sobre a importancia da creatividade e a estética na escola que foi o tema central da súa charla titulada “El arte en la Escuela”. Consideraba que toda a educación debía ser artística antes que científica. Referíndose á Psicoloxía aformaba que o home é un influxo natural do medio e que é máis interesante e instrutivo para un neno contemplar unha bonita paisaxe que unha obra científica. En relación a isto consideraba que a construción das escolas debían estar en lugares con vistas panorámicas de beleza natural. Para cultivar a beleza na infancia era esencial que houbese limpeza no local da escola e que os mapas e láminas que pendían das paredes nalgunhas das escolas eran focos de sucidade e microbios e, polo tanto, deberían desaparecer. No seu lugar falaba de embelecer as escolas valéndose de frisos que puideran facer os propios nenos; de macetas e plantas que eles mesmos puidesen coidar e estatuíñas de barro que o nenos e nenas modelaran[3].
Ilustración 43.- Noticia de prensa
(Fonte:
“Pensionadas al extranjero”, La Región, 17 de abril de 1936, p. 6)
Houbo en Galicia, a comezos de século XX, unha preocupación pola teoría e práctica educativa o que levou a certos intelectuais e profesionais se animasen a pedir pensión noutros países para enriquecer os seus coñecementos. No 1907 creouse a JAE (Junta de Ampliación de Estudios) que era un organismo oficial que promovía os intercambios científicos e culturais que contribuísen á renovación cultural do país para coñecer correntes educativas europeas e americanas. Tanto docentes como inspectores, catedráticos…aproveitaron estadías no estranxeiro para profundar nos coñecementos adquiridos nas normais e na práctica do ensino. Os destinos en países europeos dotaba de privilexio todos estes profesionais. Pois ben, Aurora Maceda Aurora sería unha destas privilexiadas e quixo aproveitar esta oportunidade e en abril de 1936 saíu no expreso con destino a Francia, Bélxica e Suiza onde permanecendo uns meses visitando as escolas o que lle outorgou unhas miras dunha pedagoxía renovadora como logo se deixa translucir cando daba os cursos e charlas. Todo isto é mostra dunha muller que amosaba gran preocupación pola metodoloxía e cunha perspectiva moderna.
Faleceu o 6 de abril de 1951 e na revista La
Escuela Española dedicáronlle as seguintes palabras:
Ha sido modelo (ejemplar, ascético si se quiere) de educadoras y su muerte deja un vacío enorme, no sólo en el Magisterio sino concretamente en la Inspección a la que rendía su vida y sus desvelos. En Orense, y concretamente en Celanova, se la quería de verdad.
Tamén a prensa local non aforrou palabras o día
do seu pasamento:
En la tarde de ayer, a las siete, tuvo lugar la conducción al cementerio de San Franciscmo, del cadáver de la señorita Aurora Maceda López, inspectora de primera enseñanza (…) El dolor producido por su muerte quedó patente en la gran manifestación de duelo que le acompañó hasta la última morada (…)En la presidencia del duelo iban representaciones de la familia, de la Inspección de Primera Enseñanza, de la Delegación Administrativa de Primera Enseñanza, de las Escuelas del Magisterio, de las Asociaciones piadosas de que formaba parte; entre ellas el Patronato de Asistencia a Domicilio del Enfermo Pobre y la Catequesis franciscana y del Instituto de Enseñanza Media.
Las alumnas de la Escuela del Magisterio “Concepción Arenal” que rodeaban la carroza fúnebre fueron rezando el Santo Rosario hasta el cementerio…
Figuraban, además, en la comitiva, numerosos maestros de toda la provincia”.
Pero se houbo un lugar onde lamentaron a súa
morte ese foi Celanova, pois foi nese lugar onde Aurora comezou a traballar
primeiro como mestra e logo como Inspectora:
Ha causado en esta villa un profundo pesar por el inesperado fallecimiento de la señorita Aurora Maceda López, inspectora de Primera Enseñanza. Aquí se le tenía un gran afecto y se le recordaba con cariño, pues había regentado durante varios años una de las escuelas de Celanova hasta que hizo oposiciones a Inspectores; luego tuvo esta zona hasta fecha reciente en que fue nombrada para la zona de Carballiño. También en el cementerio de nuestra villa reposan los restos de su madre con quien convivía durante su estancia entre nosotros. Por eso, Aurora Maceda, como familiarmente le llamábamos, sentía una gran predilección por Celanova de la que conservaba gratísimos recuerdos y uno de sus mayores deseos era hablar de los pormenores de la villa. Sabemos que conservaba con gran cariño un pergamino encerrado en lujoso marco que le habían dedicado los maestros de Celanova cuando obtuvo plaza en las oposiciones de inspectores: con todo ello los maestros de este ayuntamiento no podían olvidarla…”
[1] “Desarrollo del Cursillo de Información Cultural y Pedagógico”, El Magisterio Orensano, nº 57, 24 de maio de 1933, p. 1 e 4; [2] “la semana pedagógica de Ribadavia” La Zarpa : diario de los agrarios gallegos: Año XV Núm. 4080 - 12 abril 1934, p. 6; [3] “Desarrollo del Cursillo de Información Cultural y Pedagógico”, El magisterio orensano, 24 de maio de 1933, p. 1; [4] “Necrológicas”, Escuela Española, nº 519, 19 de abril de 1951, p.237; [5] “Necrología”, La Región, 8 de abril de 1951, p. 3; 6] “Celanova”, La Región, 13 de abril de 1951, p. 3.
(Elaboración propia a partir de diferentes fontes) Vid: El magisterio español, Número 5055, 9 de marzo de 1918, p. 314; El magisterio español: Revista General de la Enseñanza, Número 8984, 17 de maio de 1932, p. 267; El magisterio español : Revista General de la Enseñanza, Número 9084, 7 de xaneiro de 1933, p. 38; El magisterio español: Revista General de la Enseñanza, Número 7964, 20 de febreiro de 1928, p.558; Distrito Universitario: Semanario de 1ª Enseñanza, Número 1088, 13 de setembro de 1923, p.3; El Progreso: semanario independiente, Número 11611, 10 de novembro de 1932, p.13;; El Pueblo gallego: rotativo de la mañana, Número 3115, 23 de marzo de 1934, p. 10; La Zarpa: diario de los agrarios gallegos, Núm. 3503. 13 de decembro de 1932, p. 7; El Pueblo gallego : rotativo de la mañana, Número 3363, 17 de xaneiro de 1935, p. 13; MARÍN ECED, Teresa, La Renovación Pedagógica en España (1907-1936), Madrid, CSIC, 1990, p. 368. COSTA RICO, Antón, Historia da educación e da cultura en Galicia, Xerais, 2004, pp. 996 e 1001.