Alberto Valín Fernández publicou o libro Galicia y la Masonería en el siglo XIX. Conspiración liberal, laicismo, galleguismo regionalista y protofeminismo, editado por Editoria en 2024. Trátase dun estudo de grande rigorosidade sobre unha temática verdadeiramente difícil por varios motivos, poque a Masonería era una organización de pouca visibilidade social, porque se caracterizaba por unha afiliación seleccionada e restrinxida e porque era considerada pola sociedade como unha organización un tanto oscurantista e demasiado liberal.
O interese deste estudo radica en que vai analizando o proceso da creación das logias en Galicia sen descoidar as referencias ás logias foráneas como inspiradoras das mesmas. Un traballo impresionantemente documentado que fai del un estudo único en Galicia.
Percorre Valín, as localidades, cidades, provincias nas que houbo un desenvolvemento das logias e ofrece un listado de nomes de persoas que se adheriron a elas. Explica que Galicia non foi, precisamente, grande acolledora da francmasonería, fala do "difícil horto de Galicia" xa que chegou máis tarde que noutros lugares.
Indícanos que a presencia das logias en Galicia durante o Século XVIII, o século das Luces non foi vista pola Igrexa galega con preocupación aínda que logo caeron sobre elas a prohibición por parte das bulas pontificias coo a de Clemente XII ou Benedicto XIV así como o Edito do Inquisidor Maior de España...
Pero o autor afirma que as logias galegas viviron numerosos atrancos. Alude ao primeiro "taller" francmasónico galego en A Coruña como a primeira loxia española constituída no recentemente inaugurado reinado de Fernando VII, unha logia contraria ao absolutismo borbónico fernandino e defensora do constitucionalismo e o liberalismo.
Despois adéntrase Valín nas diferentes logias en Galicia e de como estas estaban formadas por un amplo espectro de profesións e ideoloxías como liberais, galeguistas, intelectuais, militares incluso...Isto é, burgueses cuxo dinamismo social e económico propiciaba o discorrir das ideas. Todos eles atoparían na masonería unha maneira de irmandade de ideas. Logias que frutificaron máis durante a Revolución de 1868, malia que nesta terra o atraso económico era evidente e a burguesía liberal era máis ben escasa, sendo este grupo o que máis se implicou na formación das logias.
O estudo é de sumo profundo pero eu vou determe na parte na que fala da implicación da muller nas logias masónicas. Cómpre destacar que algúns francmasóns do século XIX manifestaron as súas preocupacións pola situación de marxinación na que vivía a muller. Non obstante, as logias masónicas, por tradición, contemplaban nos seus estatutos e artigos que as persoas admitidas tiñan que ser homes, pechando, consecuentemente, o acceso ás mulleres. Malia todo, Valín, fai alusión a esa Francia prerrevolucionaria de 1773 que vai permitir que se deixe aberto o acceso ás mulleres á sociedade de albaneis (como di, cun propósito prefeminista), aínda que sempre tutelada pola logia masculina.
En España o acceso da muller á masonería vai ser lento e con atrancos. Cada logia vai actuar segundo os seus criterios. Por exemplo a Gran Logia Simbólica Española permitirá que a muller teña o mesmo tratamento que o home mentres que El Grande Oriente Nacional de España establece un ritual diferente para adoptar ás mulleres e considerará que teñen un rango inferior aos homes.
O que si é digno a destacar é que a primeira logia propiamente de mulleres foi Minerva, creada en 1873 en Madrid. Unha logia que tivo unha considerable duración.
Pero: Que aconteceu en Galicia? Pois como di o profesor Valín:
Galicia...no se quedó sin una buena representación de estas decimonómicas aspiraciones protofeministas, mostradas por una buena parte de sus francmasones. Muchas fueron sociedades masónicas galaicas que tuvieron en su mismo seno, o en logia aparte bajo su protección, a mujeres de su entorno familiar y social. (páx. 451).
Recolle o libro que houbo en Galicia 37 fracmasonas e neste conxunto atópanse Melchora Salvador, "simbólico" Zaragoza, e Claudina Parada "simbólico" República. As dúas pertencentes á Logia Luz del Avia de Ribadavia. Tamén figuraba na relación de membros Amalia Fe Rodríguez. (páx. 369).
É pois, moi interesante todo o que achega este estudo. As mulleres galegas e, no caso que nos compete, ourensás, tamén viron nestas organizacións un xeito de posicionarse en igualdade aos homes. Sería moi interesante pescudar quen eras estas mulleres que pertenceron a esta Logia de Ribadavia pois deste xeito coñeceríamos as súas motivacións. O que podemos dicir é que as dúas, tanto Melchora como Claudina foron expedientadas pola súa vinculación coa masonería. Pero tamén deben mecionarse ás lobetonas da Logia Adalides del Progreso nº 396 de Verín e que eran as irmás Araceli e Irene Gálvez-Cañero Hermosilla, fillas de Santiago Gálvez Cañero que era o Presidente da Logia. (páx. 373).
Interpretamos que o que quere transmitirnos o profesor Valín é que estas mulleres formaron parte do que pode denominarse "protofeminismo" pois co xesto de integrarse nas logias están indicándonos uns ideais por diante da realidade social que as rodeaba.