Etiquetas

01 octubre 2023

TERESA QUIROGA BOUZO

Trátase de Teté Quiroga, irmá xemelga de Ana María Quiroga. Seu pai era José Quiroga Fragosa que era tenente coronel de infantería. Estamos ante unha muller polifacética pois era pintora, amante e practicante da danza e xogadora de baloncesto, actividades e aficións que, segundo ela complementábanse. Casou co industrial Manuel Ojea González en xuño de 1964.

Era unha especialista en danzas do folclore galego e dirixiu a agrupación "Bazar". A agrupación levou o terceiro premio no Concurso Nacional que se celebrou durante doce días no Teatro María Guerrero de Madrid. Outra das súas aficións sería o baloncesto do que lle apaixoaba a técnica.

No aspecto artístico, preparouse na Escola de Artes e Oficios para entrar na Escola de Bellas Artes de San Fernando, aínda que abandonou o proxecto ao casar. Destacou de primeiras na pintura e comezou a levar premios de cartelería de Nadal xunto co presitixioso Conde Corbal. 

Dicían dela que non era unha pintora cerebral, senón que era intuitiva, cunha visión  manierista da pintura chea do seu propio lirismo. Pintora nada amanerada e moi natural e inqueda.

(Fonte: "María Teresa Quiroga", La Región, 24 de decembro de 1960, p. 1)

Pintaba ao óleo cunha técnica impresionista cunha pincelada rotunda, ás veces aplicada con espátula, con cores vibrantes e ben equilibrados. Traballou temáticas variadas como maternidades, paisaxes naturais e urbanos, escenas de Ribadavia (a xudería) e de Ourense; escenas nocturnas nas que captaba a noite e as luces intensas.

Realizou diversas exposicións que tiñan grande repercusión social. 

(Fonte: La Región, 5 de setembro de 1972, p. 6)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid. El pueblo gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El Pueblo Gallego, 28 de febreiro de 1975, p. 15; El pueblo gallego, 4 de marzo de 1975, p. 16; Guadalupe Espinar: "María Teresa Quiroga. Polifacética y Baloncestista", La Región, 12 de xuño de 1961, p. 4; Alvarez Alonso, "María Teresa Quiroga una pintora que triunfa en Carballiño", La Región, 10 de setembro de 1972, p. 5.)