Exercía en 1919 en Ourense a profesión de comadrona, título que acadou na Facultade de Santiago. Tiña a consulta na rúa do Instituto número 30 pero logo trasladouse á rúa da Paz, número 16, terceiro piso.
Atendía partos, facía recoñecemento e seguimento do embarazo e tamén ofrecía pensión á parturentas garantizando hixiene. A consulta estaba aberta a todas horas e aseguraba discreción para aquelas mulleres que o precisasen.
(Elaboración propia)
Vid: La Región, 21 de xaneiro de 1917.