María realizou os estudos no Instituto ourensán no que ingresou no ano 1921. Fixo simultaneamente os estudos de Bacharelato, Maxisterio e a carreira de música converténdose nunha virtuosa pianista. Rematou os estudos cunhas cualificacións sobresalientes e en 1929 sacou as oposicións e comezou a traballar de mestra estando destinada na escola de Castrelo de Miño. As súas irmás Dolores e Justa Elisa tamén sacarían a carreira de maxisterio.
En xullo de1932 casou con Juan Hernández Herrón, mestre tamén pero logo dedicouse ao periodismo exercendo como tal en Madrid. O matrimonio trasladouse, polo tanto, a Madrid pero María continuou exercendo o maxisterio no grupo escolar Zumalacárregui no que impartía clases de música e canto.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid:Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930). Tese inédita; https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.9774.php; Vida gallega, 20 de xullo de 1932; Vida Gallega, 30 de setembro de 1922; La Región, 15 de xuño de 1932, 6; El Diario de Pontevedra, 10 de outubro de 1906; La Región, 16 de decembro de 1916; Vida Gallega, 10 de febreiro de 1929, p. 36.