Para instalar a escola o/a solicitante debía enviar unha solicitude ao director do Instituto Provincial no que figurase a súa partida de nacemento, un documento de boa conduta, a explicación do tipo de escola que quería crear, o plano do local, o material do que ía dispor e o regramento escolar, un informe médico e da alcaldía sobre as condicións do local, outro de boa conduta e partida de nacemento . Realizados todos os trámites o Reitorado era quen outorgaba a licencia ou permiso de apertura e non en todos os cados se chegaba autorizar.
Estes establecementos privados supuñan un complemento á oferta pública que se vía moi mermada e acababan tendo o seu prestixio social. Non obstante, non se chega a saber a súa duración pois dependía moito da matrícula que tiñan.
A escola que Consuelo creou en Xinzo contaba cun bo salón de clases de 80 metros cadrados e varios cuartos anexos para recreo, despensa e dúas habitacións e un amplo balcón. Contaba con interesante material como colección de mapas murais, colección de láminas de Historia Sagrada; un taboleiro contador; dúas pizarras; colección de carteis; biblioteca; unha esfera celeste; un globo terráqueo; un cadro de pesas e medidas do sistema métrico decimal.
Con posterioridade, en 1910 solicitou exercer como interina e destinárona á escola mixta incompleta de Baronzás e en 1917 solicitou traslado para unha escola de Pontevedra e non sabemos se chegaron a darlle o que si constatamos é que en 1940 se lle confirmou a súa escola despois da valoración da Comisiónd e Depuración e no ano 43 exercía na escola de Mixós en Monterrei.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid: .Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, A ensinanza privada en Ourense a principios do século XX, en Sarmiento: Revista Galego-Portuguesa de Historia da Educación, Nº 8, 2004, págs. 43-7; Boletín oficial de la provincia de La Coruña, nº 198, 1 de setembro de 1905; La Región, 7 setembro, 1910; Boletín oficial de la provincia de La Coruña, 5 setembro de 1910; La Región, 16 de maio de1940; El Correo gallego, 30 de agosto de 1939; El pueblo gallego, 13 agosta 1943.