Etiquetas

20 mayo 2022

CONSUELO SOLANO BARRETO

Compositora nacida en Burgos que adquirou un grande recoñecemento no mundo da música.
Estudou maxisterio rematando a carreira en 1887 e desde moi nova destacou como intérprete de piano. Compuxo a música para o poema "La Florista" do poeta santanderino, Ramón Solano Polanco e foi moi alabada polo público. 

Era unha peza musical interpretada sempre nos festivais da Escola Obreira Inmaculada Concepción motivo polo cal a propia Consuelo Solano doou dez exemplares da súa composición "La Florista" á Escola Obreira Inmaculada Concepción para que o que se recadara quedara a beneficio da escola. Sen dúbida, unha mostra de agarimo e apoio ao labor da Escola Obreira dirixida por Blanca Calvo.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid: La Región, 25 de abril de 1923; 28 de abril de 1923; 1 de maio de 1923.